[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Felipe Nasr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFelipe Nasr

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt-br) Luiz Felipe de Oliveira Nasr Editar o valor en Wikidata
21 de agosto de 1992 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Brasilia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
16 de xuño de 201824 Horas de Le Mans de 2018 (pt) Traducir
2016Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2016
2015Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015
2012Grande Prémio de Macau 2012 (pt) Traducir
20112011 Macau Grand Prix Formula Three (en) Traducir
20102010 Macau Grand Prix Formula Three (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Twitter: FelipeNasr Editar o valor en Wikidata

Luiz Felipe de Oliveira Nasr, nado o 21 de agosto de 1992 en Brasilia (Distrito Federal), é un piloto brasileiro - libanés de automobilismo. Foi o campión de Europa da tempada 2009 da Fórmula BMW e o campión británico da tempada 2011 de Fórmula Tres.

Logo dun ano como piloto de probas oficial de Williams na tempada 2014 de Fórmula Un, uniuse a Sauber como piloto oficial na tempada 2015 de Fórmula Un.[1][2]

Nasr comezou no karting no Brasil cando tiña sete anos de idade. Entre 2000 e 2007 gañou varios campionatos no Brasil.[3]

Fórmula BMW

[editar | editar a fonte]
2008

Nasr fixo o seu debut nos monoprazas na rolda final da tempada 2008 da Fórmula BMW América en Interlagos, que apoiou ó Gran Premio do Brasil de 2008, logrando un podio na segunda carreira nun campionato que foi dominado por Alexander Rossi.

2009

Nasr trasladouse ao campionato europeo de Fórmula BMW en 2009 con EuroInternational. Terminou 14 das 16 carreiras nos dous primeiros postos, gañou 6 carreiras, 5 poles e adxudicouse o título por 104 puntos diante do seu compañeiro de equipo Daniel Juncadella. Como o campionato patrocinábao BMW, que era o fornecedor de motores de Sauber nesa tempada, Nasr foi chamado para probar un coche de carreiras de F1 de Sauber, pero coa retirada de BMW da F1, esta proba non chegou a facerse.

Felipe Nasr pilotando en Spa-Francorchamps cun EuroInternational.

Fórmula Tres

[editar | editar a fonte]
2010

En 2010 Nasr competiu no campionato británico de Fórmula Tres con Räikkönen Robertson Racing, uniuse a un equipo de tres coches xunto aos pilotos do equipo en 2009 Carlos Hortas e Daisuke Nakajima.[4] Ademais de asinar para o equipo, Nasr tamén asinou con Robertson Management, a organización que xestiona a carreira do ex campión do mundo de Fórmula Un Kimi Räikkönen. Nasr terminou a tempada británica de Fórmula Tres de 2010 na quinta posición.[5]

2011

Nasr asinou con Carlin Motorsport para o campionato británico de Fórmula Tres de 2011, tamén gañou a Challenge Sunoco Rolex 24 at Daytona, un programa de carreiras especial conxunto entre as series no Reino Unido que utilizan Sunoco Racing Fuel. O gañador dese desafío logrou un posto para disputar as 24 horas de Daytona de 2012, na que rematou terceiro.[6] Nasr adxudicouse o título do campionato británico de 2011 de Fórmula Tres, con 123 puntos de vantaxe sobre o seu compañeiro de equipo, Kevin Magnussen.

Nas 24 horas de Daytona de 2012, Nasr terminou terceiro na xeral e na súa clase, pilotando un prototipo Riley de segunda xeración de Michael Shank Racing.

GP2 Series

[editar | editar a fonte]
2012

Nasr asinou con DAMS para competir na tempada 2012 das GP2 Series co apoio dos patrocinadores brasileiros Banco do Brasil e o OGX de Eike Batista.[7] Os mellores resultados de Nasr foron un segundo lugar na segunda carreira belga e un cuarto lugar na primeira carreira de Alemaña. Formou equipo co experimentado Davide Valsecchi, que gañou o campionato de pilotos, o décimo lugar de Nasr na clasificación permitiu a DAMS gañar tamén o campionato de equipos. Logrou catro podios, o mellor posto foi o segundo en Spa, e foi o segundo novato clasificado máis alto na xeral, por detrás de James Calado.

2013

Para a tempada 2013 das GP2 Series Nasr fichou por Carlin, xunto co británico Jolyon Palmer. Nasr cría que ía ser aspirante ao título, xunto a James Calado e Marcus Ericsson, e esperaba pilotar un coche de F1 a finais de ano. Nasr terminou cuarto na clasificación final da tempada 2013.

Fórmula Un

[editar | editar a fonte]
2014

O 22 de febreiro de 2014 confirmouse que Nasr uniríase a Williams como piloto de reserva do equipo, participando en tres probas e cinco sesións de adestramentos libres en todo o transcurso da tempada.[8] Fixo a súa primeira aparición na primeira práctica no Gran Premio de Bahrain substituíndo a Valtteri Bottas.

Sauber (2015)

[editar | editar a fonte]
Nasr pilotando para Sauber no Gran premio de Malaisia de 2015

O 5 de novembro de 2014, anunciouse que Nasr pilotaría para Sauber en 2015.[2] Na súa primeira carreira co equipo en Australia, Nasr terminou en quinta posición, a posición máis alta para un piloto brasileiro no seu debut nun Gran Premio.[9][10]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Nasr enumera as súas afeccións favoritas deportes, pesca e mecánica,[11] o seu piloto favorito era Ayrton Senna, e o seu circuíto favorito o circuíto de Spa-Francorchamps. Felipe é sobriño de Amir Nasr, que posúe unha das máis exitosas escudarías de Fórmula e Suramericana que axudaron á progresión de moitos pilotos brasileiros de fórmula júnior, como Hélio Castroneves, Vitor Meira, Antônio Pizzonia, Luciano Burti, Bruno Junqueira, Cristiano da Matta, Mario Haberfeld, Max Wilson, Átila Abreu e Sérgio Jimenez.

Rexistro de carreiras

[editar | editar a fonte]

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]
Tempada Series Equipo Carreiras Gañadas Poles V/rápidas Podios Puntos Posición
2008 Formula BMW Americas Amir Nasr Racing 2 0 0 0 1 25 10º
2009 Formula BMW Europe EuroInternational 16 5 6 6 14 392
Formula BMW Pacific 3 2 2 2 2 0† NC†
2010 British Formula Three Räikkönen Robertson Racing 30 1 1 3 4 136
Macau Grand Prix 1 0 0 0 0 N/A 11º
2011 British Formula Three Carlin 30 7 4 8 17 318
Macau Grand Prix 1 0 0 0 1 N/A
2012 24 Hours of Daytona Michael Shank Racing 1 0 0 0 1 30
GP2 Series DAMS 24 0 0 0 4 95 10º
Formula 3 Euro Series Carlin 2 0 0 0 0 N/A NC
Macau Grand Prix 1 0 0 0 0 N/A
2013 GP2 Series Carlin 22 0 0 0 6 154
2014 Fórmula 1 Williams Martini Racing Piloto de probas
GP2 Series Carlin 22 4 1 2 10 224
2015 Fórmula 1 Sauber F1 Team 19 0 0 0 0 27 13º
2016 Fórmula 1 Sauber F1 Team 21 0 0 0 0 2 17º

† – Como Nasr era un piloto invitado, non podía puntuar.
* Tempada en curso.

Resultados Completos na GP2 Series

[editar | editar a fonte]

As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 DC Puntos
2012 DAMS MYS
FEA

6
MYS
SPR

3
BHR1
FEA

Ret
BHR1
SPR

6
BHR2
FEA

11
BHR2
SPR

5
ESP
FEA

11
ESP
SPR

9
MON
FEA

17
MON
SPR

Ret
VAL
FEA

Ret
VAL
SPR

14
GBR
FEA

6
GBR
SPR

3
GER
FEA

4
GER
SPR

3
HUN
FEA

25
HUN
SPR

8
BEL
FEA

8
BEL
SPR

2
ITA
FEA

Ret
ITA
SPR

21
SGP
FEA

6
SGP
SPR

7
10º 95
2013 Carlin MYS
FEA

4
MYS
SPR

2
BHR
FEA

4
BHR
SPR

2
ESP
FEA

2
ESP
SPR

3
MON
FEA

4
MON
SPR

4
GBR
FEA

Ret
GBR
SPR

7
GER
FEA

9
GER
SPR

4
HUN
FEA

3
HUN
SPR

5
BEL
FEA

Ret
BEL
SPR

8
ITA
FEA

Ret
ITA
SPR

12
SGP
FEA

2
SGP
SPR

16
ABU
FEA

7
ABU
SPR

18
154
2014 Carlin BHR
FEA

8
BHR
SPR

4
ESP
FEA

3
ESP
SPR

1
MON
FEA

3
MON
SPR

Ret
AUT
FEA

1
AUT
SPR

Ret
GBR
FEA

7
GBR
SPR

1
GER
FEA

5
GER
SPR

2
HUN
FEA

6
HUN
SPR

3
BEL
FEA

4
BEL
SPR

1
ITA
FEA

6
ITA
SPR

6
RUS
FEA

17
RUS
SPR

3
ABU
FEA

4
ABU
SPR

2
224

Resultados Completos na Fórmula 1

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 Pos. Puntos
2016 Sauber F1 Team Sauber C35 Ferrari 059/5 1.6 V6 t AUS
15
BHR
14
CHN
20
RUS
16
ESP
14
MON
Ret
CAN
18
EUR
12
AUT
13
GBR
15
HUN
17
ALE
Ret
BEL
17
ITA
Ret
SIN
13
MAL
Ret
XPN
19
USA
15
MEX
15
BRA
9
ABU
16
17º 2
2015 Sauber|Sauber F1 Team Sauber C34 Ferrari 1.6 V6 t AUS
5
MAL
12
CHN
8
BHR
12
ESP
12
MON
9
CAN
16
AUT
11
RU
NTS
HUN
11
BEL
11
ITA
13
SIN
10
XPN
20
RUS
6
USA
9
MEX
Ret
BRA
13
ABU
15
13º 27
2014 Williams Martini Racing Williams FW36 Mercedes PU106A Hybrid 1.6 V6 t AUS
MAL
BHR
TD
CHN
TD
ESP
TD
MON
CAN
AUT
GBR
ALE
HUN
BEL
ITA
SIN
XPN
RUS
USA
TD
BRA
TD
ABU
 –  –

* Tempada en progreso.

  1. "Felipe Nasr to drive for Sauber in 2015". BBC Sport. 6 de novembro de 2014. Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "Sauber F1 Team announces Felipe Nasr as its driver for 2015". Sauber. 5 November 2014. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 5 November 2014. 
  3. "Introducing Luiz Felipe Nasr". Autosport 197 (9): p. 59. 27 August 2009. 
  4. Freeman, Glenn (ed.) (2010-01-14). "Pit & Paddock: Nasr lands Double R British F3 seat". Autosport 199 (2): p. 25. 
  5. Beer, Matt (2010-01-21). "Robertsons to manage Nasr's career". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 2010-01-21. 
  6. "Sunoco Daytona Challenge – September 5, Nasr wins Formula 3 Championship and Maintains Challenge Lead". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2012. Consultado o 07 de decembro de 2014. 
  7. Elizalde, Pablo (2012-02-16). "British F3 champion Felipe Nasr will race in GP2 with DAMS". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 2012-02-16. 
  8. Smith, Luke (2014-02-22). "Felipe Nasr becomes Williams reserve driver". richlandf1.com. Consultado o 2014-02-22. 
  9. Barretto, Lawrence (15 March 2015). "Lewis Hamilton beats Nico Rosberg to win". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 16 March 2015. 
  10. "Melbourne stats - Nasr ends Sauber's pointless streak in style". Formula1.com (Formula One Administration). 15 March 2015. Consultado o 16 March 2015. 
  11. "Formula BMW Europe. 2009 Championship Guide." (PDF). bmw-motorsport.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de setembro de 2009. Consultado o 2009-10-11. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]