Sarah Miles
(1980) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de decembro de 1941 (82 anos) Ingatestone, Reino Unido (pt) |
Educación | Royal Academy of Dramatic Art - Actuación (–1960) Roedean School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Teatro, filme, televisión e literatura |
Ocupación | actriz, actriz de cinema, actriz de teatro, escritora |
Período de actividade | 1961 - |
Familia | |
Cónxuxe | Robert Bolt (1988–1995) Robert Bolt (1967–1975) |
Sarah Miles, nada en Ingatestone, Essex, o 31 de decembro de 1941, é unha actriz inglesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Miles asistiu primeiro á escola de Roedean e a outras tres escolas, mais foi expulsada de todas.[1] Aos quince anos matriculouse na Royal Academy of Dramatic Art. Despois de graduarse debutou no cinema en 1962 como Shirley Taylor en Term of Trial,[2] protagonizado con Laurence Olivier, con quen mantivo unha breve relación. Nos seguintes anos, Miles converteuse nunha recoñecida actriz do cinema británico polos seus papeis nos filmes The Servant (Joseph Losey, 1963) e Ampliación (Michelangelo Antonioni, 1966).[2]
Tras actuar en varios filmes entre 1966 e 1969, foi escollida para o papel de Rosy Ryan, filla de Tom Ryan no filme de David Lean de 1970 Ryan's Daughter. A súa interpretación valeulle unha candidatura ao Óscar á mellor actriz.
En 1973, mentres participa na rodaxe do filme The Man Who Loved Cat Dancing, un antigo amante seu e aspirante a guionista, David Whiting, faleceu en circunstancias misteriosas.[3] Durante ese mesmo período, Miles tivo unha relación Burt Reynolds, con quen protagonizaba o filme.[4] Tamén en 1973 protagonizou xunto a Robert Shaw o filme The Hirelling dirixido por Alan Bridges, baseado na novela homónima de L. P. Hartley, que gañou a Palma de Ouro do Festival de Cannes daquel ano.
Desde 1973, Miles foise retirando durante períodos para só aparecer nalgúns filmes ou programas de televisión, como na obra Well, nos Trafalgar Studios e no Teatro Apollo de Londres, con Natalie Casey.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Miles estivo casada en dúas ocasións co dramaturgo Robert Bolt (de 1967 a 1975 e de 1988 a 1995).[5] Bolt escribiu e dirixiu o filme Lady Caroline Lamb,[6] en que Miles interpretaba a heroína homónima. Bolt tamén foi o guionista de Ryan's Daughter.
Sarah Miles é irmá do director de cinema, produtor e guionista Christopher Miles.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1962 | Term of trial | Shirley Taylor | Candidata ao BAFTA á mellor debutante |
1963 | The Servant | Vera | Candidata ao BAFTA á mellor actriz |
The Ceremony | Catherine | ||
1965 | Those Magnificent Men in their Flying Machines | Patricia Rawnsley | |
I Was Happy Here | Cass Langdon | Also known as Time Lost and Time Remembered | |
1966 | Ampliación | Patricia | |
1970 | Ryan's Daughter | Rosy Ryan | Candidata ao Óscar á mellor actriz Candidata ao BAFTA á mellor actriz Candidata ao Globo de Ouro á mellor actriz - Drama |
1972 | Lady Caroline Lamb | Lady Caroline Lamb | |
1973 | The Hireling | Lady Franklin | |
The Man Who Loved Cat Dancing | Catherine Crocker | ||
1974 | Great Expectations | Estella | |
1975 | Bride to Be | Pepita Jiménez | |
1976 | The Sailor Who Fell from Grace with the Sea | Anne Osborne | Candidata ao Globo de Ouro á mellor actriz - Drama |
1978 | The Big Sleep | Charlotte Sternwood | |
1981 | Priest of Love | Film Star | |
Venom | Dr. Marion Stowe | ||
1984 | Ordeal by Innocence | Mary Durant | |
1985 | Steaming | Sarah | |
1986 | The Harem | Lady Ashley | [7] |
1987 | Esperanza e gloria | Grace Rowan | Candidata ao BAFTA á mellor actriz |
White Mischief | Alice de Janzé | ||
1992 | The Silent Touch | Helena | |
2001 | Days of Grace | Sissi, La Madre | |
Jurij | Martina, directora clínica | ||
2003 | The Accidental Detective | Smeralda Mazzi Tinghi |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barry Egan "I can't wait to get off this planet", The Independent (Ireland), 16 de setembro de 2007 arquivado o 13 de abril de 2010
- ↑ 2,0 2,1 David Thomson A New Biographical Dictionary of Film, Londres: Little Brown, 2002, p.594
- ↑ Christopher Hastings "Sarah Miles: Sex, Spooks and Steven Spielberg", The Sunday Telegraph, 7 de setembro de 2008
- ↑ Ron Rosenbaum, The Secret Parts of Fortune
- ↑ Calder, John (23 de febreiro de 1995). "Obituary: Robert Bolt". The Independent. Consultado o 6 de febreiro de 2012.
- ↑ Movies: Bolt of lighting hits the screen... Martin, James. Chicago Tribune, 4 de marzo de 1973: e10.
- ↑ VHS Tape – 1992 R&G VIDEO L.P. Sherman Oaks, CA 91403. ISBN 1-56068-536-0
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sarah Miles |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sarah Miles en TCM Movie Database (en inglés)
- Sarah Miles en AllMovie (en inglés)
- Entrevista con Sarah Miles (en inglés)
- Entrevista con Sarah Miles Arquivado 03 de abril de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)