[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Esperanza e gloria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esperanza e gloria
Ficha técnica
Título orixinalHope and Glory
DirectorJohn Boorman
ProdutorJohn Boorman
Michael Dryhurst
GuiónJohn Boorman
IntérpretesSarah Miles
David Hayman
Derrick O'Connor
Susan Wooldridge
Sammi Davis
Ian Bannen
MúsicaPeter Martin
FotografíaPhilippe Rousselot
MontaxeIan Crafford
EstudioGoldcrest Films
Nelson Entertainment
DistribuidoraColumbia Pictures
Estrea13 de novembro de 1987
Duración113 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento9,3 millóns de dólares[1]
Recadación10 millóns de dólares
Na rede
IMDB: tt0093209 Filmaffinity: 642542 Allocine: 2896 Rottentomatoes: m/hope_and_glory Mojo: hopeandglory Allmovie: v23106 TCM: 78363 TV.com: movies/hope-and-glory Netlix: 60010457 Editar o valor en Wikidata

Esperanza e gloria (en inglés: Hope and Glory) é un filme británico-estadounidense de 1987 escrito, producido e dirixido por John Boorman e baseado na súa propia experiencia crecendo durante o Blitz no Londres da segunda guerra mundial.[2][3] O título derívase da canción patriótica tradicional británica "Land of Hope and Glory" e conta a historia da familia Rowan a través dos ollos do fillo, Billy.

Esperanza e gloria foi un éxito de crítica e público; gañou o Globo de Ouro ao mellor filme (comedia ou musical) e recibiu cinco candidaturas aos premios Óscar, incluídas as de mellor filme, mellor director e mellor guión orixinal. Tamén obtivo trece candidaturas aos premios da BAFTA, gañando o de mellor actriz secundaria (Susan Wooldridge).

Foi estreado na Televisión de Galicia o 15 de maio de 1992.[4]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Comezando xusto antes do inicio da segunda guerra mundial, o filme conta a historia da familia Rowan: Billy, as súas irmás Sue e Dawn, e os seus pais Grace e Clive, que viven nun suburbio de Londres. Despois do comezo da guerra, Clive únese ao exército, deixando a Grace soa para ocuparse dos nenos. Ela case envía a Billy e a Susie fóra de Londres, mais no último segundo na beiravía do tren dáse de conta que non pode soportar estar separada deles. Así é como Billy pasará o resto da guerra en Londres.

A ollos do neno de dez anos, os "fogos de artificio" do Blitz cada noite resultan tan excitantes como terroríficos. A súa familia non ve as cousas do mesmo xeito segundo as bombas continúan a caer, pero a súa ansia de supervivencia lévaos a achegarse.

Localizacións

[editar | editar a fonte]

O decorado principal do filme construíuse nunha pista en desuso do antigo aeródromo de Wisley en Surrey e outras escenas do río foron rodadas preto de Shepperton Lock.[5]

Filme de arquivo

[editar | editar a fonte]

A metraxe de novas no cinema local contén escenas do filme de 1969 Battle of Britain.

Críticas

[editar | editar a fonte]

Esperanza e gloria recibiu críticas positivas no momento da súa estrea e foi considerado un dos mellores filmes de 1987 por máis de cincuenta críticos.[6] O filme foi recibido favorablemente por Pauline Kael na súa colección de artigos Hooked.[7]

  1. CIEPLY, MICHAEL (19 de marzo de 1988). "Director Disputes Columbia Claim 'Hope and Glory' Helped Cause Loss". Consultado o 17 de abril de 2017 – vía LA Times. 
  2. Maslin, Janet (9 de outubro de 1987). "Film Festival; Boorman's Hope and Glory". The New York Times. Consultado o 24 de setembro de 2008. 
  3. Corliss, Richard (19 de outubro de 1987). "War Dreams: Hope and Glory". Time. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2013. Consultado o 24 de setembro de 2008. 
  4. La Voz de Galicia, 15 de maio de 1992. Páx. 79
  5. "Interview with Alan Sutton". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 17 de abril de 2017. 
  6. LA Times
  7. Kael, Pauline. Hooked. pp. 367–369. ISBN 0-7145-2903-6.