[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Samuel Butler (novelista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSamuel Butler

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de decembro de 1835 Editar o valor en Wikidata
Nottinghamshire, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xuño de 1902 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSt Paul's Churchyard (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónSt John's College (pt) Traducir
Shrewsbury School Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Gran Bretaña (1860–1902) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, escritor de ciencia ficción, tradutor, labrego, novelista, pintor, fotógrafo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1880 Editar o valor en Wikidata - 1902 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoUtopía Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaisThomas Butler Editar o valor en Wikidata  e Fanny Worsley Editar o valor en Wikidata
IrmánsHarriet Fanny Butler Editar o valor en Wikidata
ParentesAnna Russell, tía Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Батлер Сэмюэл (англ. писатель))
Dictionary of National Biography, second supplement (en) Traducir
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1214339 WikiTree: Butler-7708 Find a Grave: 6521532 Editar o valor en Wikidata

Samuel Butler, nado o 4 de decembro de 1835 e finado o 18 de xuño de 1902, foi un novelista e crítico inglés, coñecido principalmente pola súa novela satírica utópica Erewhon (1872) e a novela semiautobiográfica The Way of All Flesh (publicada postumamente en 1903 con revisións substanciais, e publicada na súa forma orixinal en 1964 co título Ernest Pontifex or The Way of All Flesh). Ambas as novelas seguiron publicándose despois da súa primeira edición. Noutros estudos Butler examinou a ortodoxia cristiá, o pensamento evolucionista e a arte italiana, e fixo traducións en prosa da Ilíada e a Odisea que aínda se consultan.[1][2]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]
Casa onde naceu e pasou a infancia Samuel Butler.

Butler naceu o 4 de decembro de 1835[3] na rectoría da vila de Langar, Nottinghamshire. O seu pai era o reverendo Thomas Butler, fillo do Dr. Samuel Butler, entón director da Shrewsbury School e despois bispo de Lichfield.[4] O Dr. Butler, avó de Samuel Butler, era o fillo dun comerciante e descendente dunha liña de propietarios rurais, pero a súa aptitude académica foi recoñecida xa desde que era novo, e enviárono á Rugby School e á Universidade de Cambridge, onde se distinguiu nos seus estudos.

O único fillo do Dr. Samuel Butler, Thomas, quería enrolarse na Mariña Real pero sucumbiu ás presións paternas e entrou na clerecía anglicana, na cal fixo unha carreira corrente, ao contrario que o seu pai. Os parentes próximos do doutor creáronlle un ambiente familiar opresivo (narrado en The Way of All Flesh). Thomas Butler, deixou escrita unha crítica: "para compensar por ter sido un fillo servil, converteuse nun pai asoballador."[5]

As relacións de Samuel Butler cos seus pais, especialmente co seu pai, Thomas, eran bastante antagónicas. A súa educación empezou en casa e incluía fecuentes malleiras, o cal non era infrecuente daquela. Samuel escribiu posteriormente que os seus pais eran "brutais e estúpidos por natureza".[5] Posteriormente deixou escrito que seu pai "nunca gustou de min, nin eu del; desde as miñas primeiras lembranzas non podo traer á miña memoria ningunha vez que eu non tivese medo del e non me gustaba.... non pasei nin un día sen pensar nel moitas veces como un home que estaba seguro estaba contra min."[5] Baixo a influencia dos seus pais, foi enviado a facer un curso para seguir os camiños do seu pai e facerse crego.

Enviárono á Shrewsbury School cando tiña doce anos, onde non gozou daquela vida dura baixo a dirección do seu director Benjamin Hall Kennedy, o cal despois retratou como o personaxe "Dr. Skinner" en The Way of All Flesh.[6] Despois, en 1854, continuou estudos no St John's College, Cambridge, onde obtivo honores de primeira clase en Clásicas en 1858.[7] A sociedade de graduados do St John's recibe o nome de Samuel Butler Room (SBR) na súa honra.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Butler á idade de 23 anos, 1858

Despois de Cambridge, foi vivir a unha parroquia dunha zona de renda baixa de Londres 1858–1859 como preparación para a súa ordenación como crego anglicano; alí descubriu que o bautismo dos meniños aparentemente non creaba diferenzas na moral e comportamento dos seus iguais e empezou a cuestionarse a súa fe. Esta experiencia serviría máis tarde como inspiración da súa obra The Fair Haven. A correspondencia co seu pai sobre o asunto non conseguiu darlle paz ao seu espírito, e, ao contrario, incitou a ira do seu pai. Como resultado, en setembro de 1859, no barco Roman Emperor,[8] emigrou a Nova Zelandia.

Butler foi alí, como moitos outros dos primeiros colonos ingleses de orixes materialmente privilexiadas, para poñer a máxima distancia entre el e a súa familia. Escribiu da súa chegada e vida como gandeiro de ovellas en Mesopotamia Station no libro A First Year in Canterbury Settlement (1863), e obtivo uns bos beneficios cando vendeu a granxa, pero o seu principal logro durante ese período alí consistiu nos esbozos que escribiu e fontes de materiais para gran parte da súa obra mestra Erewhon.

Erewhon revelou o interese que desde antigo tiña Butler polas teorías de Darwin da evolución biolóxica. En 1863, catro anos despois de que Darwin publicase A orixe das especies, o editor dun xornai neozelandés, The Press, publicou unha carta coa lenda "Darwin among the Machines", escrita por Butler, pero asinada co nome de Cellarius. Compara a evolución humana á evolución das máquinas, profetizando que as máquinas acabarían por substituír aos seres humanos na supremacía sobre a Terra: "No curso das idades atoparémonos sendo a raza inferior".[9] A carta presenta moitos dos temas que hoxe debaten os que propoñen a singularidade tecnolóxica, por exemplo que as computadoras evolucionarán moito máis rápido que os humanos e que estamos correndo cara a un futuro que non podemos coñecer a través do explosivo cambio tecnolóxico.

Butler tamén dedicou tempo a criticar Darwin, parcialmente porque Butler (á sombra do previo Samuel Butler) cría que Darwin non comprendera suficientemente ben a contribución do seu avó Erasmus Darwin á súa teoría.[10]

Butler volveu a Inglaterra en 1864, establecéndose nunhas habitacións da Clifford's Inn (preto Fleet Street), onde viviu durante o resto da súa vida. En 1872, publicouse anonimamente a novela utópica Erewhon, causando certas especulacións sobre quen sería o seu autor. Cando o propio Butler revelou a súa autoría, Erewhon converteuno nunha figura ben coñecida, máis debido a esta especulación que polos seus méritos literarios, os cales non foran postos en dúbida.

Tivo menos éxito cando perdeu diñeiro ao investir nunha compañía de barcos de vapor canadense e na Canada Tanning Extract Company, da cal el e o seu amigo Charles Pauli foron nomeados directores. En 1874 Butler foi ao Canada, "loitando contra todo tipo de fraude" nun intento de salvr a compañía, a cal se afundiu, quedando reducido o seu propio capital a 2000 libras.[11]

En 1839 o seu avó o Dr. Butler deixoulle en herdanza unha propiedade en Whitehall en Abbey Foregate, Shrewsbury, con tal de que Samuel sobrevivise ao seu propio pai e tía, a filla do Dr. Butler Harriet Lloyd. Mentres estaba en Cambridge en 1857 vendeu a mansión de Whitehall e seis acres ao seu curmán Thomas Bucknall Lloyd, pero conservou o resto da terra que rodeaba a mansión. A súa tía morreu en 1880 e a morte do seu pai en 1886 resolveu os seus problemas financeiros dos últimos 16 anos da súa vida. As terras de Whitehall vendéronse para urbanizalas; el creou e nomeou catro rúas: Bishop e Canon Streets polos títulos clericais dos seu avó e pai, Clifford Street polo seu fogar de Londres, e Alfred Street en gratitude ao seu empregado. Cando na década de 1870 a súa antiga Shrewsbury School propuxo trasladar a sede a un sitio en Whitehall, Butler opúxose publicamente e a escola finalmente tivo que trasladarse a outro sitio.[12]

Butler gozaba da vida indo de vacacións a Italia todos os veráns e mentres estaba alí creaba as súas obras sobre a paisaxe e a arte italiana. O seu grande interese pola arte dos Sacri Monti reflíctese en Alps and Sanctuaries of Piedmont and the Canton Ticino (1881) e Ex Voto (1888). Escribiu outros libros, incluíndo unha secuela que tivo menos éxito, Erewhon Revisited. A súa novela semiautobiográfica The Way of All Flesh, non apareceu impresa ata despois da súa morte, xa que el consideraba o seu ton de ataque satírico sobre a moralidade vitoriana demasiado polémico naquel momento.

Butler finou o 18 de xuño de 1902 aos 66 anos, nunha residencia de anciáns[13] de St. John's Wood Road, Londres.[14] Polo seu desexo, foi cremado no crematorio de Woking e hai diferentes informes sobre se as súas cinzas foron dispersadas ou enterradas nunha tumba sen marcar.[13][14]

George Bernard Shaw e E. M. Forster admiraban a Samuel Butler, quen trouxera un novo ton á litertura vitoriana e empezarsa a tradición da literatura utópica/distópica de Nova Zelandia que culminou nas obras de Jack Ross, William Direen, Alan Marshall e Scott Hamilton.

Sexualidade

[editar | editar a fonte]

A sexualidade de Butler estivo suxeita a especulacións académicas e debates.[15] Butler nunca casou, aínda que durante anos facía visitas regualres a unha muller chamada Lucie Dumas. Herbert Sussman, que chegou á conclusión de que Butler era homosexual, opinaba que a asociación sexual de Butler con Dumas era simplemente unha válvula de escape para o seu "intenso desexo polo seu mesmo sexo". A teoría de Sussman denomina a aceptación de Butler da "soltería" simplemente un medio de manter a respectabilidade de clase media en ausencia de matrimonio; sinala que non hai evidencias de que Butler tivese ningún "contacto xenital con outro home", pero alega que as "tentacións de traspasar a liña tensionaron as súas relacións estreitas con machos."[16]

A súa primeira amizade significativa con homes foi co xove Charles Pauli, fillo dun home de negocios alemán en Londres, a quen Butler coñeceu en Nova Zealandia. Volveron a Inglaterra xuntos en 1864 e alugaron apartamentos xuntos en Clifford's Inn. Butler obtivera importantes ingresos da venda da súa granxa de Nova Zelandia e asumiu a financiamento dos estudos de leis de Pauli pagándolle unha suma regularmente, o que Butler continuou facendo bastante despois de que a súa amizade arrefriara, ata que Butler gastou todos os seus aforros. Cando Pauli morreu en 1892, Butler quedou sorprendido ao saber que Pauli se beneficiara de acordos similares con outros homes e que morrera na riqueza, pero sen deixarlle nada a Butler no seu testamento.[17][18]

Despois de 1878, Butler fíxose íntimo amigo de Henry Festing Jones, ao cal Butler convenceu de deixar o seu traballo como avogado e pasar a ser o seu asistente literario persoal e compañeiro de viaxes, cun salario de 200 libras ao ano. Aínda que Jones mantiña o seu propio aloxamento na Barnard's Inn, os dous homes estiveron véndose diariamente ata a morte de Butler en 1902, colaborando en proxectos musicais e literarios polo día, e asistindo a concertos e teatros polo serán; tamén ían frecuentemente de viaxe xuntos por Italia e outras partes favoritas de Europa. Despois da morte de Butler, Jones editou os cadernos de Butler para a súa publicación e publicou a súa propia biografía de Butler en 1919.[17]

Outra amizade foi Hans Rudolf Faesch, un estudante suízo que se aloxou con Butler e Jones en Londres por dous anos, mellorando o seu inglés, antes de partir para Singapur. Tanto Butler coma Jones choraron cando o foron despedir na estación de trens a inicios de 1895, e Butler seguidamente escribiu un poema emocional, "In Memoriam H. R. F.",[19] dando instrucións ao seu axente literario de ofrecelo para a publicación a varias revistas importantes inglesas. Porén, unha vez que comezou o xuízo contra Oscar Wilde na primavera dese ano, con revelacións de comportamentos homosexuais entre literatos, Butler temeu que o asociasen co amplamente divulgado escándalo e nun momento de pánico escribiu a todas as revistas para que retirasen o poema.[17]

Algúns críticos, empezando por Malcolm Muggeridge en The Earnest Atheist: A Study of Samuel Butler (1936), concluíron que Butler era un homosexual sublimado ou reprimido e que o seu status para a toda a vida de "personificación da solteiría" era comparable ao de escritores contemporáneos como Walter Pater, Henry James e E. M. Forster, que tamén se pensa que eran homosexuais que non "saíran do armario".

Historia literaria e críticas

[editar | editar a fonte]

Butler desenvolveu unha teoría sobre que a Odisea a ecribira un ha muller xove siciliana, e que as escenas do poema reflectían a costa de Sicilia (especialmente o teritorio de Trapani) e as súas illas veciñas. Describiu estas evidencias na súa obra The Authoress of the Odyssey (1897) e na introdución e notas a rodapé da súa tradución en prosa da Odisea (1900). Robert Graves elaborou a hipótese na súa novela Homer's Daughter (A filla de Homero).

Butler argumentou nunha conferencia titulada "The Humour of Homer", pronunciada no The Working Men's College de Londres en 1892, que as deidade de Homero na Ilíada son como seres humanos, pero "sen a virtude", e que el "debeu desexar que os que o escoitasen non os tomasen en serio." Butler traduciu a Iliad (1898). Entre as súas outras obras está Shakespeare's Sonnets Reconsidered (1899), no que explica unha teoría de que os sonetos, se se rearranxan, contan unha historia sobre unha relación homosexual.

O novelista inglés Aldous Huxley recoñecia a influencia de Erewhon na súa novela Brave New World (Un feliz mundo novo). A contraparte utópica de Huxley a Brave New World, Island, tamén se refire prominentemente a Erewhon. En From Dawn to Decadence, Jacques Barzun pregunta se "podería un home facer máis para desconcertar o público?"[20]

Avaliación

[editar | editar a fonte]

Butler non pertencía a ningunha escola literaria e non xerou seguidores durante a súa vida. Foi un estudante serio pero leigo nos temas que tratou, especialmente a ortodoxia relixiosa e o pensamento evolutivo, e as súas polémicas afirmacións deixárono fóra tanto das faccións que se opoñían á igrexa coma da ciencia, que xogaba un importante papel na vida cultural vitoriana: "Naqueles días un era ou un relixionista ou un darwinista, mais el non era ningún dos dous."[5]

A influencia que puido ter na literatura veu polo libro The Way of All Flesh, que Butler completou na década de 1880, pero deixou sen publicar para protexer a súa familia, aínda que a novela "empezada en 1870 e non tocada despois de 1885, era tan moderna cando se publicou en 1903, que podía dicirse que dera comezo a unha nova escola", especialmente polo seu uso da psicanálise na ficción, na cal "o seu tratamento de Ernest Pontifex [o heroe] anuncia."[5]

Sue Zemka escribe que "entre os escritores de ficción científica The Book of the Machines ten un status canónico, porque orixina o concepto de que as máquinas desenvolven capacidades intelixentes e escravizan a humanidade." Por exemplo, no libro de Frank Herbert Dune a "Xihad butleriana" –"revolta antiga no Universo contra as 'máquinas pensantes' que resulta na súa prohibición"– recibe o nome por Butler.[21]

Filosofía e pensamento persoal

[editar | editar a fonte]

Xa sexa na súa sátira coma na ficción, os estudos de Butler sobre evidencias do Cristianismo, os seus traballos sobre o pensamento evolutivo ou os seus escritos misceláneos, están percorridos por un tema constante, que xorde principalmente da súa loita persoal contra a sufocación da súa propia natureza polos seus pais, o que o levou a buscar principios máis xerais de crecemento, desenvolvemento e propósito: "O que o preocupaba era establecer a súa natureza, as súas aspiracións e a súa culminación sobre unha base filosófica, para identificalos coa natureza, as aspiracións, a culminación de toda a humanidade – e, máis que iso, coa culminación do universo.... A súa loita fíxose xeneralizada, simbólica, tremenda."[5]

A forma que toma esta investigación foi principalmente filosófica e –dado os intereses daquela época– biolóxica: "Foi satirista, novelista, artista e crítico, pero foi principalmente un filósofo", e en concreto, un filósofo que buscaba os fundamentos biolóxicos dos seus traballos: "A súa bioloxía foi unha ponte a unha filosofía da vida, que buscaba unha base científica para a relixión e dotaba unha alma a un universo concibido de forma naturalista."[5] Sen dúbida, "escritor filosófico" era finalmente a autodescrición que Butler escolleu como a máis axeeitada para o seu traballo.[22]

Teoloxía

[editar | editar a fonte]

Nun libro de ensaios publicado despois da súa morte titulado God the Known and God the Unknown, Samuel Butler argumenta a favor da existencia dunha soa deidade corpórea, declarando que a fe nunha deidade incorpórea é esencialmente o mesmo que o ateísmo. Afirmou que este "corpo" de Deus estaba, de feito, composto dos corpos de todos os seres vivos sobre a Terra, unha crenza que pode clasificarse como "panzoísmo". Posteriormente cambiou de opinión e decidiu que Deus estaba composto non só de todas as cousas vivas senón tamén de todas as cousas non vivas (panteísmo). Porén, argumentou que "algunha Persoa máis vasta [pode] alzarse ... detrás do noso Deus, e ... estar en relación a el como el o está en relación a nós. E detrás deste Deus máis vasto e máis descoñecido podería haber aínda outro, e outro e outro."[23]

Butler argumentou que todo organismo non é, en realidade, distinto dos seus proxenitores. Ao contrario, afirmaba que cada ser era simplemente unha extensión dos seus proxenitores nun estadio posterior de evolución. [23]

Evolución

[editar | editar a fonte]

Butler escribiu catro libros sobre evolución: Life and Habit; Evolution, Old & New; Unconscious Memory e Luck, or Cunning, As the Main Means of Organic Modification?. Butler aceptba a evolución pero rexeitaba a teoría de Darwin da selección natural.[24] No seu libro Evolution, Old and New (1879), acusou a Darwin de tomar prestado moito de Buffon, Erasmus Darwin e Lamarck, á vez que restaba importancia a estas influencias e dáballes pouco recoñecemento.[24][25][26] En 1912, o biólogo Vernon Kellogg resumiu así as opinións de Butler:

Butler, aínda sendo fortemento antidarwinista (é dicir, anti-selección natural e anti-Charles Darwin) non é un antievolucionista. Declara, de feito, ser claramente evolucionista, e en particular un evolucionista que se botou ás costas a tarefa de restablecer a Buffon e Erasmus Darwin, e, como seguidor deses dous, a Lamarck, nos seus merecidos lugares como os explicadores máis cribles dos factores e métodos da evolución. A súa crenza na evolución é unha sorte de lamarckismo butlerizado, que se remonta orixinalmente a Buffon e Erasmus Darwin.

O historiador Peter J. Bowler describiu Butler como defensor da evolución neolamarckista. Bowler sinalou que "Butler empezou a ver no lamarckismo a posibilidade de manter unha forma indirecta de argumento do deseño. En lugar de crear desde fóra, Deus podería existir dentro do proceso do desenvolvemento vivo, representado pola súa creatividade innata."[25][28]

Os escritos de Butler sobre evolución foron criticados polos científicos.[29][30] Os críticos indicaron que Butler admitiu estar escribindo un entretemento en vez de ciencia, e os seus escritos non foron tomados seriamente pola maioría dos biólogos profesionais.[31][32] Os libros de Butler recibiron recensións negativas na revista Nature de George Romanes e Alfred Russel Wallace. Romanes dixo que as ideas de Butler sobre evolución non tiñan fundamento científico.[33][34]

Gregory Bateson mencionou a miúdo a Butler e atopou valiosas algunhas das súas ideas, chamándolle "o crítico contemporáneo da evolución darwinista máis talentoso". Sinalou as opinións de Butler sobre a eficiencia da formación de hábitos (padróns de comportamento e procesos mentais) na adaptación a un ambiente así:

[M]ente e padróns como principios explicativos, os cales, sobre todo, requirían investigación, foron relegados do pensamento biolóxico nas teorías evolutivas posteriores, que foron desenvolvidas na metade do século dezanove por Darwin, Huxley, etc. Había aínda algúns nenos desobedentes, como Samuel Butler, que dicía que a mente non podía ser ignorada dese xeito – pero eran voces febles, e, por certo, nunca observaban os organismos. Eu non creo que Butler observase algunha vez nada excepto o seu propio gato, pero aínda así coñecía máis sobre evolución que algúns dos pensadores máis convencionais.

No libro Ernest Pontifex or The Way of All Flesh, o protagonista Ernest Pontifex di que estivera intentando toda a súa vida que lle gustase a música moderna, pero foi tendo cada vez menos éxito conforme se ía facendo maior. Ao ser preguntado cando consideraba que empezara a música moderna, dixo, "con Sebastian Bach". Butler gustaba só da música de Handel, e nunha carta á señorita Savage dixo, "Só quero os Oratorios de Handel. E podería ter dito 'e cousas dese tipo', mais non hai 'cousas dese tipo' excepto as de Handel."[19] Con Henry Festing Jones, Butler compuxo obras para coros que Eric Blom caracterizou como "imitacións de Handel", aínda que con textos saíricos. Dúas das obras nas que colaboraron foron as cantatas Narcissus (ensaios privados en 1886, publicada en 1888) e Ulysses (publicada postumamente en 1904), ambas as dúas para voces de solo, coros e orquestra.[36] George Bernard Shaw escribiu nunha carta privada que a música estaba adobiada cun "dominio ridiculamente completo da maneira e técnica haendeliana."[37] Arredor de 1871 Butler traballou como crítico musical para The Drawing Room Gazette. Desde 1890 tomou leccións de contrapunto con W. S. Rockstro.[38]

Biografías e críticas

[editar | editar a fonte]

O amigo de Butler, Henry Festing Jones escribiu unha biografía autorizada súa: a obra en dous volumes Samuel Butler, Author of Erewhon (1835–1902): A Memoir (normalmente coñecida como Memoir de Jones), publicada en 1919 e reeditada por HardPress Publishing en 2013.[19] Project Gutenberg[39] contén un "Sketch" máis curto de Jones, publicado primeiramente en 1913 en The Humour of Homer and Other Essays e reeditado en 1921 por Jonathan Cape como Samuel Butler: A Sketch. Máis recentemente, Peter Raby escribiu unha biografía: Samuel Butler: A Biography (Hogarth Press, 1991).

The Way of All Flesh publicouse despois do falecemento de Butler polo seu executor literario, R. A. Streatfeild, en 1903. Porén, esta versión, alterou os textos de Butler de moitas maneiras e suprimiu importante material. O manuscrito foi editado por Daniel F. Howard como Ernest Pontifex or The Way of All Flesh (título orixinal de Butler) e publicouse por primeira vez en 1964.

Obras principais

[editar | editar a fonte]
  1. "Samuel Butler and Art | StJohns". 
  2. "Samuel Butler | Artist | Royal Academy of Arts". 
  3. Robinson, Roger. "Butler, Samuel – Biography". Dictionary of New Zealand Biography. Ministry for Culture and Heritage. Consultado o 2 de outubro de 2012.
  4. Butler escribiu a obra The Life and Letters of Dr. Samuel Butler, Head-Master of Shrewsbury School 1798–1836, and Afterwards Bishop of Lichfield, publicada en dous volumes en 1896.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Clara G. Stillman, Samuel Butler, a Mid-Victorian Modern Consultado o 11 de maio de 2020.[Ligazón morta]
  6. Dickins, Gordon (1987). An Illustrated Literary Guide to Shropshire. Shropshire Libraries. p. 14. ISBN 0-903802-37-6. 
  7. "Butler, Samuel (BTLR854S)". A Cambridge Alumni Database. University of Cambridge.
  8. Lyttelton Times, 28 de xaneiro de 1860.
  9. "Darwin among the Machines" está reimpresa nos Notebooks of Samuel Butler no Proxecto Gutenberg
  10. "Evolution, Old & New Or, the Theories of Buffon, Dr. Erasmus Darwin and Lamarck, as compared with that of Charles Darwin", reimpreso nos Notebooks no Proxecto Gutenberg
  11. Colour Library Book of Great British Writers, p. 207. Colour Library Books (Godalming, England) (1993). ISBN 0-86283-678-6
  12. Trinder, Barrie, ed. (1984). Victorian Shrewsbury, Studies in the History of a County Town. Shropshire Libraries. p. 118. ISBN 0-903802-30-9.  Capítulo 10 – Cherry Orchard, the growth of a Victorian suburb.
  13. 13,0 13,1 Lee, Sir Sidney, ed. (1912). Dictionary of National Biography, Second Supplement, Volume I. Smith, Elder & Co. Article by "E. M. L." (Colonel E. M. Lloyd).
  14. 14,0 14,1 Oxford Dictionary of National Biography, Volume 8. Oxford University Press. 2004. p. 216. ISBN 0-19-861359-8.  Artigo de Elinor Shaffer.
  15. "Samuel Butler (1835–1902)". victorianweb.org. 
  16. Sussman, Herbert. "Samuel Butler as Late-Victorian Bachelor: Regulating and Representing the Homoerotic." Samuel Butler: Victorian against the Grain, a Critical Overview. Paradis, James G., ed. Toronto: University of Toronto Press, 2007.
  17. 17,0 17,1 17,2 Geddis, Catherine. "Butler, Samuel." Arquivado 14 de outubro de 2007 en Wayback Machine. glbtq: An Encyclopedia of Gay, Lesbian, Bisexual, Transgender, and Queer Culture, glbtq.com, 21 de xullo de 2006, consultado o 8 de maio de 2012.
  18. Robinson, J. Z. "Samuel Butler". Who's Who in Gay and Lesbian History: From Antiquity to World War II, Robert Aldrich and Garry Wotherspoon, eds. Nova York: Routledge, 2001, pp. 90–91.
  19. 19,0 19,1 19,2 Henry Festing Jones, Samuel Butler, Author of Erewhon (1835–1902): A Memoir (p. 201). Londres: Macmillan, 1919.
  20. Jacques Barzun, From Dawn to Decadence. Harper Collins, 2000, p. 635.
  21. Zemka, Sue (2002). ""Erewhon" and the End of Utopian Humanism". ELH 69 (2): 439–472. JSTOR 30032027. doi:10.1353/elh.2002.0020 – vía JSTOR. 
  22. Morpurgo, Horatio (maio de 2006). "Samuel Butler, or Sociobiology for Grown-Ups". Three Monkeys Online. Consultado o 20 de maio de 2009. 
  23. 23,0 23,1 Gouge, T. A. (1967). "Butler, Samuel". The Encyclopedia of Philosophy 1. Cidde de Nova York, Nova York: The MacMillan Company & The Free Press. p. 435. 
  24. 24,0 24,1 Mark A. Bedau, Carol E. Cleland. (2010). The Nature of Life: Classical and Contemporary Perspectives from Philosophy and Science. Cambridge University Press. pp. 344–345.
  25. 25,0 25,1 Peter J. Bowler (2003), Evolution: The History of an Idea. University of California Press. p. 259. ISBN 0-520-23693-9.
  26. C. Leon Harris (1981), Evolution: Genesis and Revelations: With Readings from Empedocles to Wilson. State University of New York Press. p. 279. ISBN 0-87395-487-4
  27. Vernon L. Kellogg (1912), "Samuel Butler and Biological Memory", Science. New Series, Vol. 35, No. 907. pp. 769–771.
  28. Peter J. Bowler (2001), Reconciling Science and Religion: The Debate in Early-Twentieth-Century Britain. University of Chicago Press. p. 142. ISBN 0-226-06858-7
  29. Philip J. Pauly (1982), Samuel Butler and His Darwinian Critics. Victorian Studies. Vol. 25, No. 2, pp. 161–180.
  30. Lee Elbert Holt (1989), Samuel Butler. Twayne Publishers. p. 44.
  31. George Gaylord Simpson (1961), Lamarck, Darwin and Butler: Three Approaches to Evolution. The American Scholar. Vol. 30, No. 2, pp. 238–249.
  32. Peter J. Bowler (1983), The Eclipse of Darwinism: Anti-Darwinian Evolutionary Theories in the Decades Around 1900. Johns Hopkins University Press, p. 72. ISBN 0-8018-2932-1
  33. Alfred Russel Wallace (1879), Evolution, Old and New. Nature 20, pp. 141–144.
  34. G. J. Romanes (1881), Unconscious Memory. Nature 23, pp. 285–287.
  35. Gregory Bateson, Form, Substance and Difference. General Semantics Bulletin, No. 37 (1970) Reimpreso na antoloxía Steps to an Ecology of Mind – University of Chicago Press. ISBN 0-226-03905-6
  36. "Samuel Butler and Music: an introduction | St John's College, University of Cambridge". www.joh.cam.ac.uk. 
  37. "Obsessed with Handel: Samuel Butler's special collection". 9 de decembro de 2011. 
  38. Blom. Eric, Stepchildren of Music (1925), pp. 183–194
  39. The Humour of Homer and Other Essays
  40. 40,0 40,1 Basil WilleySamuel Butler: English author [1835-1902] Britannica [Consultado o 2016-06-13]
  41. Lauterbach, Edward S. (20 de febreiro de 1964). "A Definitive Edition of Ernest Pontifex". English Literature in Transition, 1880-1920 7 (4): 248–249 – vía Project MUSE. 
  42. A edición reisada foi tamén publicada como God: Known and Unknown (Girard, Kansas: Haldeman-Julius Company, sen data).

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • G. D. H. Cole (1947), Samuel Butler and The Way of All Flesh. Londres: Home & Van Thal Ltd
  • Mrs. R. S. Garnett (1926), Samuel Butler and His Family Relations. Londres/Toronto: J. M. Dent & Sons Ltd
  • Phyllis Greenacre, M.D. (1963), The Quest for the Father: A Study of the Darwin-Butler Controversy, As a Contribution to the Understanding of the Creative Individual. New York: International Universities Press, Inc.
  • Felix Grendon (1918), Samuel Butler's God. North American Review, Vol. 208, No. 753, pp. 277–286
  • John F. Harris (1916), Samuel Butler, Author of Erewhon: The Man and His Work. Londres: Grant Richards Ltd
  • Philip Henderson (1954), Samuel Butler: The Incarnate Bachelor. Bloomington: Indiana University Press
  • Lee Elbert Holt (1941), Samuel Butler and His Victorian Critics. ELH, Vol. 8, No. 2, pp. 146–159. The Johns Hopkins University Press
  • Lee Elbert Holt (1964), Samuel Butler. New York: Twayne Publishers, Inc.
  • Thomas L. Jeffers (1981), Samuel Butler Revalued. University Park: Penn State University Press
  • C. E. M. Joad (1924), Samuel Butler (1835–1902). Londres: Leonard Parsons
  • Joseph Jones (1959), The Cradle of Erewhon: Samuel Butler in New Zealand. Austin: University of Texas Press
  • Steven Mintz (1983), A Prison of Expectations: The Family in Victorian Culture. New York University Press
  • Malcolm Muggeridge (1936), The Earnest Atheist: A Study of Samuel Butler. Londres: Eyre & Spottiswoode
  • James G. Paradis, ed. (2007), Samuel Butler, Victorian Against the Grain: A Critical Overview. University of Toronto Press
  • Peter Raby (1991), Samuel Butler: A Biography. University of Iowa Press.
  • Robert F. Rattray (1914), The Philosophy of Samuel Butler. Mind, Vol. 23, No. 91, pp. 371–385
  • Robert F. Rattray (1935), Samuel Butler: A Chronicle and an Introduction. Londres: Duckworth
  • Elinor Shaffer (1988), Erewhons of the Eye: Samuel Butler as Painter, Photographer and Art Critic. Londres: Reaktion Books
  • George Gaylord Simpson (1961), Lamarck, Darwin and Butler: Three Approaches to Evolution. The American Scholar, Vol. 30, No. 2, pp. 238–249
  • Clara G. Stillman (1932), Samuel Butler: A Mid-Victorian Modern. Nova York: The Viking Press
  • Basil Willey (1960), Darwin and Butler: Two Views of Evolution. Nova York: Harcourt, Brace and Company

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]