[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

S/2004 S 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
S/2004 S 3

imaxe do descubrimento de S/2004 S 3
Descubrimento
Descuberta por Cassini Imaging Science Team.
Descuberta no 21 de xuño do 2004
Características orbitais
Eixo semi-maior 140.100 − 140.600 kms[1][2][3]
Excentricidade < 0,002 [4]
Período orbital ~0,62 d
Inclinación próxima a cero
Satélite de Saturno
Características físicas
Diámetro medio 3-5 kms
Período de rotación probablemente é síncrono
Albedo ?
Cor ?
Tipo espectral ?

S/2004 S 3 é a designación provisional dun obxecto aínda sen confirmar que foi visto orbitando Saturno dentro da parte externa do anel F o 21 de xuño do 2004. Foi descuberto polo Equipo de Imaxes da Cassini a partir de imaxes tomadas pola sonda Cassini o 21 de xuño do 2004[3] e descubrimento foi anunciado o 9 de setembro do 2004.[5]

A pesar das tentativas por 'recuperalo', non se puido volvelo ver. E máis, unha secuencia de 'recuperación' dun período orbital completo feita o 15 de novembro do 2004 cunha resolución de 4 kms, non foi capaz de 'recuperar' este obxecto. Isto suxire que puido ser unha compactación temporal de material que xa se disipara cando se fixo a secuencia de recuperación.[1]

Outro obxecto, S/2004 S 4 sería detectado 5 horas despois, xusto na parte máis interior do anel F. Recibiría este obxecto unha designación nova, pero suxírese a posibilidade de que S3 e S4 son ou foron un único obxecto que cruzaría o anel F.[5] Este obxecto tamén podería estar orbitando cunha inclinación lixeiramente diferente respecto do anel F, co cal non atravesaría o anel de material, a pesar de que foi visto tanto no interior coma no exterior deste anel.

Despois de todo, se S/2004 S 3 é un obxecto sólido, podería ter un diámetro (baseándose no seu brillo) de 3−5 kms, tamén podería ser unha lúa pastor da parte exterior do anel F.

  1. 1,0 1,1 Spitale, J. N.; e o seu equipo. (2006). "The orbits of Saturn's small satellites derived from combined historic and Cassini imaging observations". The Astronomical Journal 132 (2): 692–710. doi:10.1086/505206. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 21 de maio de 2010. 
  2. IAUC 8432: Satellites and Rings of Saturn Arquivado 29 de maio de 2012 en Archive.is November 8, 2004 (reclamando a recuperación de S/2004 S 3 o 17 de outubro do 2004, en conflito máis tarde (2006) con Spitale e o seu equipo.)
  3. 3,0 3,1 Martinez, C; Ormrod, G; and Finn, H.; Cassini Discovers Ring and One, Possibly Two, Objects at Saturn Arquivado 21 de outubro de 2006 en Wayback Machine. JPL news release (9 de setembro do 2004)
  4. Baseada no rango de eixo semi-maior dado por Spitale e o seu equipo. (2006)
  5. 5,0 5,1 IAUC 8401: S/2004 S 3, S/2004 S 4, and R/2004 S 1 9 de setembro do 2004 (descubrimento)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]