Polideuco (lúa)
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Equipo de Imaxes da Cassini |
Descuberta no | 24 de outubro do 2004 |
Designación alternativa | Saturno XXXIV Dione C |
Características orbitais | |
Eixo semi-maior | 377.396 km[1] |
Excentricidade | 0,0192[2] |
Período orbital | 2,736915 días[1] |
Inclinación | 0,1774 ± 0,0015°[2] |
Satélite de | Saturno |
Características físicas | |
Radio medio | 3,5 km[3] |
Masa | 1−5 x 1013 kg [4] |
Período de rotación | asumida coma síncrona |
Oblicuidade | descoñecida |
Albedo | descoñecido |
Polideuco (ou en grego Πολυδεύκης) pequena lúa de Saturno que é co-orbital con Dione e está situada no punto de Langrage de cola (retagarda) de Dione (L5). O seu diámetro está estimado en 3,5 km.[3]
Polydeuco foi descuberto polo Equipo de Imaxes da Cassini o 24 de outubro do 2004,[5] a partir de imaxes tomadas o 21 de outubro dese mesmo ano[3][6] e recibiu a designación temporal de S/2004 S 5. Procuras posteriores en fotografías tomadas con anterioridade pola propia Cassini amosaban a Polideuco en imaxes do 9 de abril do 2004[5]. Polideuco tamén é coñecido coma Saturno XXXIV.
Das catro lúas troianas do sistema de satélites de Saturno, Polideuco é a que está máis afastada do seu punto de Langrage. A libración desta lúa lévaa a estar afastada do punto L5 31,4° na dirección contraria a Dione, e 26,1° en dirección cara Dione nun período de 790,931 días (en comparación con L5 que está 60° por detrás de Dione).[2] A libración desta lúa é unha clara evidencia da simetría neste tipo de órbitas entre o afastamento e achegamento da lúa a Dione. No curso dun ciclo, o radio orbital de Polydeuco varía ± 7660 kms respecto do de Dione.[5]
O nome de Polideuco foi aprobado polo Grupo de Traballo no Sistema de Nomenclatura Planetaria da UAI o 21 de xaneiro do 2005.[7] Na mitoloxía grega, Polideuco ou Póllux, era o irmán xemelgo de Castor, fillo de Zeus e Leda.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 O tamaño medio de eixo semi-maior e o seu período deben ser iguais ós de Dione.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Spitale, J. N.; Jacobson, R. A.; Porco, C. C.; e Owen, W. M., Jr. (2006). "The orbits of Saturn's small satellites derived from combined historic and Cassini imaging observations". The Astronomical Journal 132 (2): 692. doi:10.1086/505206. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 04 de xuño de 2010.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Porco, C. C.; et al.; Cassini Imaging Science: Initial Results on Saturn's Rings and Small Satellites, Science, Vol. 307, No. 5713 (25 de febreiro do 2005), pp. 1226-1236
- ↑ baseada nunha densidade de 0,5 − 2 g/cm³
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Murray, C. D.; e o seu equipo. (2005). "S/2004 S 5: A new co-orbital companion for Dione". Icarus 179: 222. doi:10.1016/j.icarus.2005.06.009.
- ↑ C.C. Porco, et al., IAUC 8432: Satellites and Rings of Saturn Arquivado 29 de maio de 2012 en Archive.is 8 de novembro do 2004 (descubrimento)
- ↑ IAUC 8471: Satellites of Saturn 21 de xaneiro do 2005 (bautizo da lúa)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Polydeuces Profileby NASA's Solar System ExplorationArquivado 31 de maio de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- IAU Working Group on Planetary System Nomenclature (en inglés)
- Cassini news release on ring and moon discoveries, via Spaceflight Now (febreiro 24, 2005) (en inglés)