[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Radio Nacional de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «RNE»)
Radio Nacional de España
Área de radiodifusiónEspaña España
Internacional
Primeira emisión19 de xaneiro de 1937
Formato
Lingua(s)español
ClaseRadio pública
IndicativoRNE
PropietarioRTVE
Na rede
Webcast
http://www.rtve.es/radio/
Facebook: radionacionalrne Twitter: rne Instagram: rne BNE: XX146238 Dialnet: 3852467 Discogs: 3067413 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Radio Nacional de España (rúa García Barbón, Vigo).

Radio Nacional de España (RNE) é a empresa pública encargada da xestión directa do servizo público de radiodifusión en España e forma parte de RTVE. Contén seis emisoras de radio que abarcan todo o territorio español excepto unha que só é sintonizable en Cataluña (Ràdio 4) e outra que, ademais de estar dispoñible en España, tamén o está no resto do mundo a través de satélites (Radio Exterior de España).

Historia e características

[editar | editar a fonte]

As orixes de Radio Nacional de España están na súa fundación por José Millán-Astray en Salamanca o 19 de xaneiro de 1937 en plena guerra civil española, baixo o nome de "nacional" ao ser este o nome do bando franquista.[1] Nas súas orixes dependía da Delegación de Estado para Prensa e Propaganda.[1]

Comezou as emisións cun equipamento de 20 kW da marca Telefunken, cedido pola Alemaña nazi.[1] As primeiras emisións eran noticiarios, novas e partes de guerra previamente redactados e censurados. Acadou gran sona durante a guerra civil por ser órgano oficioso do réxime e polo uso que da radio facían persoeiros como Queipo de Llano.

Durante a ditadura franquista, RNE era o medio de comunicación do réxime mantendo unha estrutura centralizada e sempre ao servizo do goberno.

Desde 1973 está integrada no ente público Radiotelevisión Española (RTVE). Desde 2007 pertence á Corporación RTVE, regulada na Lei 17/2006, de 5 de xuño, da radio e a televisión de titularidade estatal.

Na actualidade, Radio Nacional de España está integrada por seis cadeas de radio:

  • Radio Nacional (xeralista).
  • Radio Clásica (música clásica e popular).
  • Radio 3 (cultura e música alternativa).
  • Ràdio 4 (xeralista en catalán).
  • Radio 5Todo Noticias (radiofórmula informativa).
  • Radio Exterior de España (servizo público exterior).
  1. 1,0 1,1 1,2 La Gaceta de Salamanca, ed. (21 de xaneiro de 2012). "Salamanca, precursora de Radio Nacional" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2016. Consultado o 9 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]