Posterior
Aparencia
En fonética, chámaselle posterior ao fonema que se realiza na parte de atrás da cavidade bucal, por oposición aos fonemas anteriores, que se realizan na parte do padal, dos dentes ou dos labios.
- Do punto de vista articulatorio, as vogais posteriores realízanse volvendo a lingua para tras da boca, o máis preto posíbel do veo do padal. En galego son [u], [ɔ] e [o]. As consoantes posteriores ou dorsais (como [k, ɡ]), realízanse colocando a parte posterior da lingua contra a rexión posterior do padal e a rexión velar.
- Do punto de vista acústico, os fonemas posteriores concentran a enerxía nas frecuencias baixas do espectro acústico por causa de estaren os dous formantes no dominio baixo do rexistro. Teñen un timbre grave debido que o resoador bucal é amplo e non está compartimentado.