[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Pompeio Trogo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPompeio Trogo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Gnaeus Pompeius Trogus Editar o valor en Wikidata
século I a. C. Editar o valor en Wikidata
Vaison-la-Romaine, Francia Editar o valor en Wikidata
Mortep. século I a. C. (<século I) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, historiador, político Editar o valor en Wikidata
Período de tempoRepública Romana Tardía e Alto Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século I a. C. Editar o valor en Wikidata)
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1144416

Cneo Pompeio Trogo (en latín Cnaeus Pompeius Trogus) foi un historiador galo-romanizado do século -I, pertencente á tribo dos voconcios da Galia Narbonense. Trogo cobrou renome durante a época de Augusto e foi case contemporáneo de Tito Livio.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Epitome historiarum Trogi Pompeii, edición de 1477

O seu avó serviu baixo as ordes de Cneo Pompeio Magno na guerra en Hispania contra Quinto Sertorio. O nome de Pompeio veulle ao ser adoptado por Pompeio como agradecemento aos seus servizos. O seu pai serviu ás ordes de Xulio César como secretario e intérprete.

Ao parecer Trogo posuía coñecementos enciclopédicos. Seguindo o exemplo de Aristóteles e Teofrasto escribiu libros acerca da natureza, dos animais e as plantas. Parte da grande obra de Plinio o Vello, Naturalis Historia baseouse nos apuntamentos de Trogo.

Historiae Philippicae

[editar | editar a fonte]

A súa principal obra, chamada Historiae Philippicae (Historias Filípicas) está estruturada en corenta e catro libros, e chámase así en honra ao fundador do Imperio Macedonio, Filipo II, que é o tema central da narración. A obra fala das partes do mundo que foron conquistadas por Alexandre Magno e os seus sucesores. Trogo comeza o seu traballo falando do lendario Nino, fundador de Nínive e termina en 9. Xustino escribiu o epítome do traballo perdido de Trogo e unha serie de resumos dos seus libros. O último relato recolleito por Xustino fala da recuperación das aguias perdidas fronte aos partos (-20). A etnografía e xeografía características da obra do historiador, conferiron á mesma unha inxustificada reputación como obra universal, a pesar de que nunca foi tal a intención de Trogo.

Trogo non menciona a historia de Roma ata que a República entrou en contacto con Antiga Grecia e Oriente. Os escritos do historiador están baseados nos traballos de diversos historiadores gregos da Antigüidade, como Teopompo, Éforo, Timeo ou Polibio. É probábel que Trogo non reunise a información procedente destes historiadores en por si, senón que xa esta fora compilada nun libro por algúns gregos (probabelmente Timáxenes de Alexandría).

A súa idea de como redactar a historia é máis pechada e menos retórica que a de Salustio e Livio, aos que acusa de pór en boca dos personaxes das súas historias discursos que eles mesmos escribiran. A súa grande obra perdeuse e só Xustino posuíu parte dela que cita na súa epítome. Parte da mesma foi citada por historiadores como Flavio Vopisco, Xerome de Estridón e Agostiño de Hipona. A pesar de estar na súa maioría perdida, a obra considérase como unha autoridade na historia antiga de Oriente.

Trogo tamén é autor dos chamados Prólogos, un sumario redactado con posterioridade ás Historiae.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Justino/ Pompeyo Trogo (1995). Epítome de las "historias filípicas" de Pompeyo Trogo/ Prólogos/ Fragmentos. Colección: Biblioteca Clásica Gredos, nº 212 (en castelán). (tradución de José Castro Sánchez). Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-1788-3. 
  • Waldemar Heckel, J. C. Yardley (intrd. e trad.). Epitome of the Philippic History of Pompeius Trogus, Vol. 1. Clarendon Press. 
  • Ballesteros Pastor, Luís, Pompeio Trogo, Justino e Mitrídates. Comentario ao Epítome das Historias Filípicas (37,1,6 - 38,8,1) (Spudasmata 154), Hildesheim-Zürich-Nova York, Georg Olms Verlag, 2013, ISBN 978-3-487-15070-3.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]