[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Timeo de Tauromenio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTimeo de Tauromenio
Nome orixinal(grc) Τίμαιος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 345 a. C. Editar o valor en Wikidata
Taormina, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mortec. 250 a. C. Editar o valor en Wikidata (94/95 anos)
ancient Syracuse (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriador, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoPeríodo helenístico Editar o valor en Wikidata
ProfesoresIsócrates de Atenas e Philiscus of Miletus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiAndromachus Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5362194

Timeo de Tauromenio, nado en Tauromenio, a actual Taormina (Sicilia) sobre o -350 e finado en Siracusa sobre o -260, foi un historiador grego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo de Andrómaco de Tauromenio. No ano -316 a cidade foi conquistada polo tirano de Siracusa, Agatocles e Timeo viuse obrigado a se exiliar en Atenas, onde se familiarizou coa retórica de Filisco, un discípulo de Isócrates. Comezou alí a confección de obras históricas. Probabelmente regresou a Siracusa en torno ao ano -269, cando a cidade se atopaba baixo a tiranía de Hieron II, e se cadra morreu nesa cidade pouco despois do -260.

Timeo escribiu unha obra de trinta e oito libros sobre a historia dos gregos no Mediterráneo occidental, cuxos cinco primeiros libros estaban dedicados aos demais pobos da zona, entre eles aos romanos. Isto, xunto aos seus escritos sobre as guerras de Pirro, convérteno no primeiro historiador grego coñecido que profundou seriamente na historia romana[1]

  1. Cornell, 1999, p. 25.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]