[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Patrick Ewing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPatrick Ewing

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de agosto de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Kingston, Xamaica Editar o valor en Wikidata
EducaciónCambridge Rindge and Latin School (en) Traducir
Universidade de Georgetown Editar o valor en Wikidata
Altura213 cm Editar o valor en Wikidata
Peso109 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBaloncesto e condition exercise (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto, adestrador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1985 Editar o valor en Wikidata - 2002 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPivote Editar o valor en Wikidata
Convocado porNew York Knicks Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1981–1985 Georgetown Hoyas men's basketball
1985–2000 New York Knicks
2000–2001 Seattle SuperSonics
2001–2002 Orlando Magic
Participou en
1992Xogos Olímpicos de 1992
1992Torneo das Américas de 1992
1984Xogos Olímpicos de 1984 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosPatrick Ewing Jr Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteContemporary Black Biography (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0263992 WikiTree: Ewing-5772 Editar o valor en Wikidata

Patrick Aloysius Ewing, nado o 5 de agosto de 1962 en Kingston, Xamaica, é un ex xogador de baloncesto estadounidense de orixe xamaicana que militou na NBA dende 1985 até 2002. Formou parte do denominado Dream Team que gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Barcelona 92. Actualmente traballa como adestrador asistente nos Charlotte Hornets.

Cunha altura de 2,13 metros xogaba na posición de pivote, dende onde dominou a liga en rebotes defensivos dous anos (1993, 1994). Ademais no seu primeiro ano foi nomeado Rookie do Ano (1986). Hoxe é adestrador asistente en Orlando Magic, o último equipo onde xogou, aínda que pasou case toda a súa carreira deportiva nos New York Knicks, que retiraron o dorsal 33 na súa honra. Forma parte do Basketball Hall of Fame dende 2008.

Universidade

[editar | editar a fonte]

Ewing recibiu unha bolsa para xogar na Universidade de Georgetown adestrada por John Thompson como freshman durante a tempada 1981-82. Desde o principio, Ewing brillou nos Hoyas, liderándolles en 1982 á final do torneo da NCAA, aínda que caeron derrotados ante North Carolina Tar Heels de Michael Jordan e James Worthy. Na tempada de 1984, Ewing e os Hoyas gañaron o campionato vencendo na final a Houston Cougars, mentres que o pivote fixo durante a tempada regular 16,4 puntos e 10 rebotes de media por partido. No seu ano sénior, Georgetown foi colocada número un na clasificación de universidades da nación, aínda que sorprendentemente caeron na final da NCAA contra Villanova Wildcats por un axustado 66-64. Ewing foi un dos mellores xogadores universitarios da súa época, alcanzando os Hoyas a final do campionato nacional en tres do catro anos que formou parte de Georgetown. Foi nomeado no primeiro equipo do All-American en 1983, 1984 e 1985. O título de campión da NCAA foi o único título de Ewing, a pesar de ter unha carreira profesional na NBA estelar.

Foi elixido no Draft da NBA de 1985 na primeira posición da primeira rolda por New York Knicks, asinando un contrato estratosférico para un rookie. Non defraudou, e na súa primeira tempada fixo 20 puntos, 9 rebotes e 2 tapóns por partido, o que lle fixo ser considerado Rookie do Ano. Durante as súas trece primeiras tempadas non baixou dos 20 puntos por noite, sendo elixido en once ocasións para disputar o All-Star Game, unha vez no mellor quinteto da NBA, seis no segundo mellor quinteto e tres no mellor defensivo. Nos Xogos Olímpicos de 1992 formou parte do lendario Dream Team que gañou a medalla de ouro e en 1996 tivo a honra de ser elixido entre os "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA".

En 1993, os Knicks parecían que por fin se ían a clasificar para as Finais da NBA tras levar unha vantaxe de 2-0 sobre Chicago Bulls. Con todo, catro vitorias consecutivas apearon sorprendentemente aos Knicks grazas ao liderado de Michael Jordan e os seus Bulls. Con Jordan retirado en 1994, a liga estaba máis aberta e os Knicks debían aproveitarse do momento. No sétimo partido das Finais de Conferencia, Ewing realizou un memorable partido con 24 puntos, 22 rebotes e 7 asistencias, levando aos Knicks á vitoria ante Indiana Pacers. Ewing liderou ao equipo ás súas primeiras Finais da NBA, perdidos nos segundos finais do sexto e sétimo encontro ante Houston Rockets, a pesar de eliminar previamente aos Bulls en sete partidos nas Semifinais de Conferencia e aos Indiana Pacers de Reggie Miller tamén en sete encontros nas Finais de Conferencia. Os Knicks gañaron o segundo partido das Finais en Houston, pero deixaron escapar o terceiro en casa, aínda que saíron vitoriosos nos dous seguintes encontros e aterraron en Houston cunha vantaxe de 3 a 2. Pero unhas actuacións terribles de John Starks no sexto e sétimo partido privaron aos Knicks da vitoria e os Rockets alzáronse co primeiro anel na súa historia. Ewing aproveitou para bater a marca de máis tapóns totais nunhas Finais, posteriormente superado por Shaquille O'Neal.

En 1997, Ewing sufriu unha lesión na boneca que debilitou moito o seu xogo e potencialmente terminou coa súa carreira, aínda que tratou de retornar para os partidos de postempada. Ewing devolveu aos Knicks ás Finais da NBA en 1999, pero tívose que perder a parte final dos playoffs debido a unha lesión do tendón de Aquiles e contribuíu a que os Knicks perdesen as Finais por un claro 4-1 ante San Antonio Spurs. O 20 de setembro de 2000, Ewing foi traspasado a Seattle SuperSonics nun intercambio a catro bandas no que os Knicks recibían a Glen Rice, Luc Longley, Travis Knight, Vernon Maxwell, Lázaro Borrell, Vladimir Stepania e dúas primeiras e segundas roldas do draft de 2001. Tras unha tempada nos Sonics facendo 9,6 puntos e 7,4 rebotes de media en 79 partidos, asinou como axente libre con Orlando Magic, onde disputaría a última campaña na súa carreira profesional.

O 28 de febreiro de 2003, o seu dorsal 33 foi retirado nunha cerimonia no Madison Square Garden. Ewing continua sendo un dos mellores xogadores da historia do equipo e dos máis queridos pola afección neoiorquina, quedando como mostra a calorosa ovación que recibiu cando visitou a cidade por primeira vez como xogador dos Sonics. As súas rivalidades cos Bulls, Pacers e Heat, con Ewing como pivote dos Knicks, foron dos momentos máis intensos da década dos 90. No seu último ano como xogador dos Knicks realizou un fortísimo mate sobre Alonzo Mourning nos momentos finais da vitoria no sétimo partido das Semifinais de Conferencia, dando así por finalizada a longa rivalidade que mantiveron ambas as franquías. O 29 de agosto de 2006 fichou como asistente do adestrador de Houston Rockets debido a que quería pasar máis tempo coa súa familia, sendo hoxe asistente en Orlando Magic. En 1999, Ewing converteuse no décimo xogador na historia da NBA en conseguir 22.000 puntos e 10.000 rebotes.

Estadísticas na NBA

[editar | editar a fonte]
Patrick Ewing xogou 15 temporadas (1985–2000) cos New York Knicks.

Temporada regular

[editar | editar a fonte]
Temp. Idade Equipo Liga P TIT MIN TC TCA %TC 3P 3PA %3P TL TLA %TL R.OF. R.DEF. REB ASIS ROU TAP PER FP PTS
1985 23 N. York NBA 50 50 35.4 7.7 16.3 .474 0.0 0.1 .000 4.5 6.1 .739 2.5 6.5 9.0 2.0 1.1 2.1 3.4 3.8 20.0
1986 24 N. York NBA 63 63 35.0 8.4 16.7 .503 0.0 0.1 .000 4.7 6.6 .713 2.5 6.3 8.8 1.7 1.4 2.3 3.6 3.9 21.5
1987 25 N. York NBA 82 82 31.0 8.0 14.4 .555 0.0 0.0 .000 4.2 5.8 .716 3.0 5.3 8.2 1.5 1.3 3.0 3.5 4.0 20.2
1988 26 N. York NBA 80 80 36.2 9.1 16.0 .567 0.0 0.1 .000 4.5 6.1 .746 2.7 6.6 9.3 2.4 1.5 3.5 3.3 3.9 22.7
1989 27 N. York NBA 82 82 38.6 11.2 20.4 .551 0.0 0.0 .250 6.1 7.9 .775 2.9 8.0 10.9 2.2 1.0 4.0 3.4 4.0 28.6
1990 28 N. York NBA 81 81 38.3 10.4 20.3 .514 0.0 0.1 .000 5.7 7.7 .745 2.4 8.8 11.2 3.0 1.0 3.2 3.6 3.5 26.6
1991 29 N. York NBA 82 82 38.4 9.7 18.6 .522 0.0 0.1 .167 4.6 6.2 .738 2.8 8.5 11.2 1.9 1.1 3.0 2.5 3.4 24.0
1992 30 N. York NBA 81 81 37.1 9.6 19.1 .503 0.0 0.1 .143 4.9 6.9 .719 2.4 9.7 12.1 1.9 0.9 2.0 3.3 3.5 24.2
1993 31 N. York NBA 79 79 37.6 9.4 19.0 .496 0.1 0.2 .286 5.6 7.4 .765 2.8 8.4 11.2 2.3 1.1 2.7 3.3 3.5 24.5
1994 32 N. York NBA 79 79 37.0 9.2 18.4 .503 0.1 0.3 .286 5.3 7.1 .750 2.0 9.0 11.0 2.7 0.9 2.0 3.2 3.4 23.9
1995 33 N. York NBA 76 76 36.6 8.9 19.2 .466 0.1 0.4 .143 4.6 6.1 .761 2.1 8.5 10.6 2.1 0.9 2.4 2.9 3.3 22.5
1996 34 N. York NBA 78 78 37.0 8.4 17.2 .488 0.0 0.1 .222 5.6 7.5 .754 2.2 8.4 10.7 2.0 0.9 2.4 3.4 3.2 22.4
1997 35 N. York NBA 26 26 32.6 7.8 15.5 .504 0.0 0.1 .000 5.2 7.2 .720 2.3 7.9 10.2 1.1 0.6 2.2 3.0 2.8 20.8
1998 36 N. York NBA 38 38 34.2 6.5 14.9 .435 0.0 0.1 .000 4.3 6.1 .706 1.9 8.0 9.9 1.1 0.8 2.6 2.6 2.8 17.3
1999 37 N. York NBA 62 62 32.8 5.8 12.5 .466 0.0 0.0 .000 3.3 4.6 .731 2.3 7.5 9.7 0.9 0.6 1.4 2.3 3.2 15.0
2000 38 Seattle NBA 79 79 26.7 3.7 8.7 .430 0.0 0.0 .000 2.2 3.2 .685 1.6 5.8 7.4 1.2 0.7 1.2 1.9 2.9 9.6
2001 39 Orlando NBA 65 4 13.9 2.3 5.1 .444 0.0 0.0 .000 1.4 2.1 .701 0.9 3.1 4.0 0.5 0.3 0.7 1.0 2.0 6.0
Total NBA 1183 1122 34.3 8.2 16.3 .504 0.0 0.1 .152 4.6 6.2 .740 2.3 7.5 9.8 1.9 1.0 2.4 3.0 3.4 21.0
Temp. Idade Equipo Liga P MIN TCA TC 3PA 3P TLA TL R.OF. REB ASIS ROU TAP PER FP PTS %TC %3P %FT MIN PTS REB AST
1988 25 N. York NBA 4 153 28 57 0 1 19 22 16 51 10 6 13 11 17 75 .491 .000 .864 38.3 18.8 12.8 2.5
1989 26 N. York NBA 9 340 70 144 0 0 39 52 23 90 20 9 18 15 35 179 .486 .750 37.8 19.9 10.0 2.2
1990 27 N. York NBA 10 395 114 219 1 2 65 79 21 105 31 13 20 27 41 294 .521 .500 .823 39.5 29.4 10.5 3.1
1991 28 N. York NBA 3 110 18 45 0 0 14 18 2 30 6 1 5 11 12 50 .400 .778 36.7 16.7 10.0 2.0
1992 29 N. York NBA 12 482 109 239 0 1 54 73 33 133 27 7 31 23 49 272 .456 .000 .740 40.2 22.7 11.1 2.3
1993 30 N. York NBA 15 604 165 322 1 1 51 80 43 164 36 17 31 39 60 382 .512 1.000 .638 40.3 25.5 10.9 2.4
1994 31 N. York NBA 25 1032 210 481 4 11 123 163 88 293 65 32 76 83 94 547 .437 .364 .755 41.3 21.9 11.7 2.6
1995 32 N. York NBA 11 399 80 156 1 3 48 70 17 106 27 6 25 30 51 209 .513 .333 .686 36.3 19.0 9.6 2.5
1996 33 N. York NBA 8 328 65 137 1 2 41 63 11 85 15 1 25 30 22 172 .474 .500 .651 41.0 21.5 10.6 1.9
1997 34 N. York NBA 9 357 88 167 0 1 27 42 26 95 17 3 22 27 30 203 .527 .000 .643 39.7 22.6 10.6 1.9
1998 35 N. York NBA 4 132 20 56 0 0 16 27 9 32 5 3 5 10 16 56 .357 .593 33.0 14.0 8.0 1.3
1999 36 N. York NBA 11 347 58 135 0 0 28 36 14 96 6 7 8 10 35 144 .430 .778 31.5 13.1 8.7 0.5
2000 37 N. York NBA 14 461 71 170 0 0 62 89 29 133 6 16 20 27 48 204 .418 .697 32.9 14.6 9.5 0.4
2002 39 Orlando NBA 4 67 8 25 0 1 10 17 5 22 4 1 4 2 12 26 .320 .000 .588 16.8 6.5 5.5 1.0
Total NBA 139 5207 1104 2353 8 23 597 831 337 1435 275 122 303 345 522 2813 .469 .348 .718 37.5 20.2 10.3 2.0

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]