John Stockton
(2022) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome orixinal | (en) John Houston Stockton | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 26 de marzo de 1962 (62 anos) Spokane, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Residencia | Spokane | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Relixión | Catolicismo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Gonzaga Preparatory School (en) (–1980) Gonzaga University (en) (1980–1984) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 77 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1984 - 2003 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Utah Jazz | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1996 | Xogos Olímpicos de 1996 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1992 | Xogos Olímpicos de 1992 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1992 | Torneo das Américas de 1992 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Michael Stockton, David Stockton | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | John "Jack" Stockton | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Parentes | Mike Stepovich, sogro Hust Stockton, avó paterno | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
John Houston Stockton, nado o 26 de marzo de 1962 en Spokane, Washington, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. A súa traxectoria profesional transcorreu entre os anos 1984 e 2003, formando parte sempre do cadro de xogadores dos Utah Jazz da National Basketball Association (NBA). Xunto a Karl Malone formou unha das parellas máis relevantes da historia da NBA,[1] levando á franquía de Salt Lake City a xogar dúas Finais.
Cunha altura de 1,85 metros e 77 quilogramos de peso, está considerado coma un dos mellores bases da historia do baloncesto. Posúe o maior marca de asistencias da NBA (15.806) e de roubos de balón (3.265) cunhas marxes moi folgadas con respecto aos seguinte, xa que o segundo con máis asistencias da historia, Jason Kidd, leva 10.923, e o segundo en roubos, Michael Jordan, 2.514. Ingresou no Basketball Hall of Fame en 2009 e ten o seu dorsal 12 retirado polos Utah Jazz.
Traxectoria deportiva
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Xogou 4 anos coa Universidade de Gonzaga, na súa cidade natal. Na súa última temporada fixo unha media de 20,9 puntos e 7,2 asistencias, cifras que o situarían nun bo posto no draft.
Profesional
[editar | editar a fonte]Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi elixido polos Utah Jazz en 1984, co número 16 do draft da NBA. Tras tres tempadas con poucas oportunidades comezou a despuntar coma un dos mellores bases da liga. Deste xeito formou unha longa e exitosa asociación co ala-pívote Karl Malone, que os levou a rozar o título nos anos 1997 e 1998, aínda que perdendo en ámbolos dous casos contra os Chicago Bulls de Michael Jordan. A súa carreira tivo un momento cume cando no sexto partido da final da conferencia oeste marcou o triplo que lles deu a vitoria sobre os Houston Rockets. Isto levou aos Jazz á súa primeira final da NBA.
A súa principal calidade era a visión de xogo e unha lectura perfecta de calquera situación na pista. O seu físico estaba bastante afastado do habitual nun xogador da NBA e a miúdo díxose del que tiña máis aspecto de oficinista que de deportista de elite. Pese a todo xogou un total de 19 temporadas na NBA, da que se retirou en 2003 ós 41 anos e xogando ó máximo nivel. Stockton gañouse a etiqueta de xogador da "vella escola" debido ao seu xogo físico, o seu uniforme con pantalóns moi curtos, o seu vestiario sinxelo fóra da pista e o seu comportamento reservado.
O 2 de maio de 2003, Stockton anunciou a súa retirada por medio dun comunicado de prensa, no canto da típica conferencia de prensa. Máis tarde, os Jazz fixéronlle unha celebración e homenaxeáronlle pondo o seu nome á rúa do Energy Solutions Area (o estadio dos Jazz). O seu número, o 12, foi retirado durante un partido o 22 de novembro de 2004. En fronte do estadio hai unha estatua súa, acompañando a outra próxima de Malone, erixida o 23 de marzo de 2006. Estas estatuas teñen unha placa de bronce que conmemora os seus logros en común.
Logros
[editar | editar a fonte]Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Baloncesto | |||
Xogos Olímpicos | |||
Barcelona 1992 | Estados Unidos | ||
Atlanta 1996 | Estados Unidos | ||
Campionato FIBA Américas | |||
Portland 1992 | Estados Unidos |
John Sockton acabou cunha media de dobre-dobre de toda a súa carreira, con 13,1 puntos e 10,5 asistencias por partido. Ten ademais a marca da NBA de asistencias (15.806) cunha considerable marxe e tamén o de roubos (3.265) e está en cinco das seis mellores tempadas na clasificación de asistencias nunha soa tempada (a outra está en mans de Isiah Thomas). Tamén posúe a marca do maior número de tempadas xogadas e partidos consecutivos xogados cun mesmo equipo, e é o terceiro xogador que máis partidos xogou, só por detrás de Kareem Abdul-Jabbar e Robert Parish. Para dar unha idea, xogou en 34 partidos nos que promedió 20 ou máis asistencias.
Tamén ten a media máis alta de asistencias por partido nunha tempada (14,5 na 1989-90) e unha marca persoal de 28 nun só encontro. Foi 10 veces All Star e tamén formou parte do Dream Team, que gañou o ouro en Barcelona 92. Stockton xogou en 10 partidos de All-Star, e foi nomeado co-MVP do partido en 1993 celebrado en Salt Lake City, Utah, co seu compañeiro de equipo nos Jazz Karl Malone.
Xunto a Patrick Ewing, Charles Barkley, Dominique Wilkins, Elgin Baylor, Reggie Miller, Pete Maravich e o seu compañeiro de equipo Karl Malone, considéraselle un dos mellores xogadores da historia que nunca gañaron un anel. El e a súa muller, Nada Stepovich (filla de Matilda e Michael Anthony Stepovich, o penúltimo gobernador territorial de Alasca) teñen dúas fillas, Lindsay e Laura, e catro fillos, Houston, Michael, David e Samuel.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América
- Xogadores dos Utah Jazz
- Bases de baloncesto
- Membros do Salón da Fama da NBA
- Medallistas olímpicos en baloncesto
- Nados en 1962
- Nados en Washington
- Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1992
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1996