[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Narf

Este é un artigo bo da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaNarf

Narf no MICSUR, Mar del Plata, Arxentina, o 17 de maio de 2014. (2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) Francisco Xavier Pérez Vázquez Editar o valor en Wikidata
24 de abril de 1968 Editar o valor en Wikidata
Silleda, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de novembro de 2016 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, guitarrista, cantante Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica rock Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz e guitarra Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

MySpace: uknarf BNE: XX4706881 Souncloud: franpereznarf Spotify: 00KU5mLi9irqCYNHvPa7ng iTunes: 7176070 Last fm: NARF Musicbrainz: 18dee6ae-4963-41fa-8fcf-341877e79e15 Discogs: 1418793 Deezer: 119059 Editar o valor en Wikidata

Francisco Xavier Pérez Vázquez,[1][2] nado en Silleda o 24 de abril[3] de 1968[1][4][5] e finado en Santiago de Compostela[3] o 15 de novembro de 2016,[6] máis coñecido como Narf,[7] nos inicios –como integrante da banda Os Quinindiolas e mais de Nicho Varullo, na compañía teatral Chévere e posteriormente en Psicofónica de Conxo– coñecido unicamente como Fran Pérez,[8][9][10][11] foi un cantante e compositor galego recoñecido pola forte personalidade e orixinalidade da súa obra,[12][13] que procurou incorporar ás estruturas do rock distintas influencias sonoras.[14][15][16] Sobresaíu como compositor de bandas sonoras para teatro e outros espectáculos, compaxinando esta faceta coa de actor en diferentes funcións teatrais.[17] Colaborou con moitos outros artistas e levou a súa música arredor do mundo, amosou o seu compromiso coa cultura galega[18] e sentiu asemade unha fonda afinidade pola música africana.[13][18][19][20]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mudouse da súa vila natal a Santiago de Compostela sendo aínda moi novo.[21] Foi membro do grupo Os Quinindiolas, xunto a Xelís de Toro, Pepe Sendón e Marcos Teira, entre outros.[8] Foi membro tamén do efémero grupo Nicho Varullo, xunto a Pepe Sendón e Carlos Santiago.[9] Formou parte da compañía de teatro Chévere e foi un dos fundadores da sala Nasa, que naceu vinculada a devandita compañía no ano 1992, canda el estaban Xesús Ron, Miguel de Lira, Pepe Sendón, Blanca Cendán, John Eastham e Carlos Santiago.[10] Compoñía cancións para a Banda da Nasa e participou nalgunhas montaxes teatrais como actor para a compañía teatral Chévere, como Máquina total (1994), Annus Horribilis (1994) etc. e en infinidade de números da Ultranoite. Abandonou o proxecto no ano 1998.[17]

Segundo Narf declarou: –"co diñeiro de Xelís fundamos en 1990 a discográfica Spectra, pero aquilo foi unha ruína". Cos fondos procedentes dun premio literario concedido en Lugo no ano 1990 á novela de Xelís de Toro Non hai misericordia puideron pagar os debuts de Nicho Varullo e Os Quinindiolas e mais a edición da banda sonora de Río Bravo (1990) da compañía Chévere.[16] En 1998 conformou a banda Psicofónica de Conxo da que Carlos Santiago e Pepe Sendón, compañeiros seus en traballos anteriores, formaban parte.[11]

Tras un longo percorrido no mundo da música, Fran Pérez creou no ano 2004 o concepto artístico de Narf: "nova identidade para un músico inquedo que investiga o ritmo e a harmonía"[15][22] e gustáballe definirse como cancionista.[12][16] Emprendeu algúns traballos en solitario, contando tres álbums, e colaborou asemade con outros artistas. Con Jabier Muguruza e Miquel Gil puxo en escena Mundo Café (2005), un espectáculo que unía música e literatura,[23] proxecto que finalmente quedou plasmado nun disco.[24] Coa banda mozambicana Timbila Muzimba emprendeu o proxecto cultural Bumba (2006), confluencia dos sons tradicionais do pobo chopi coa música de Narf,[25][26][27] cooperación que perdurarou máis de dez anos e que concluíu con Da Zigala a Zemambiquo (2016), segunda parte do proxecto Bumba.[28][29] Coñeceu a Manecas Costa incidentalmente nun camerino durante o Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré[30][31] en Pontevedra[32] ao que acudiron como convidados e acordaron colaborar xuntos a partir de entón, froito daquel encontro naceu o álbum Aló Irmao! (2010),[22][33] conseguiron o número 1 no Top ten da RDP-África co seu disco[18] en agosto do ano 2010 e permaneceu no cumio da lista durante tres semanas.[34][35] Con Quico Cadaval presentou Obrigado!, un espectáculo no que confluían as actuacións musicais e os relatos.[36] E da colaboración con Uxía naceu o disco Baladas da Galiza imaxinaria (2015).[12][37][38]

No festival Liet International, dedicado a fomentar o uso das linguas minorizadas europeas, celebrado no ano 2006 en Östersund (Suecia) acadou o segundo posto co tema Santiago,[39][40] incluído no seu álbum Tótem (2007). En decembro do ano 2008 levou a música do seu segundo álbum en solitario Tótem a Delhi e Katmandú na compaña de Juan Ramos, con quen coincidira previamente no grupo Os Quinindiolas.[41][42] Actuou no Festival Câmbio Sonoro en Recife acompañado por Marcos Teira e Pepe Sendón no 2008.[43][44][45] Participou con Manecas Costa e Timbila Muzimba no Festival d'Agosto de Maputo,[46] onde estivo en varias edicións. Asistiu no 2009 ao IX Mercado Cultural para amosar Aló Irmao! con Manecas Costa, actuaron en Jequié, São Paulo e Salvador de Baía,[47][48] estiveron en Porto Alegre[49] e tamén en Buenos Aires,[50] no 2010 actuaron de novo xuntos no City of London Festival.[51][52] Estreou o espectáculo Atlántic@s xunto aos artistas galegos Uxía, Rosa Cedrón e Budiño no Mar del Plata, dentro do MICSUR, no mes de maio de 2014.[53][54] Presentou a súa música en múltiples festivais arredor do mundo, como no Antídoto en São Paulo,[55][56] no festival de Mindelo, noutros ámbitos como o BAFIM en Buenos Aires[57][58] e tamén levou a súa música aos escenarios de Cuba,[59] Niterói, Río de Xaneiro, Guinea-Bissau, Varsovia, Brighton, Barcelona, Sevilla, Cracovia ou Newcastle.[60][61]

Compuxo máis de trinta bandas sonoras para producións teatrais de diferentes compañías de Galiza e Portugal, como a ópera experimental Resaca (1996), con libreto de Pepe Sendón, na súa etapa como membro fundador da sala Nasa,[62] A boa persoa de Sezuán (2008)[63] e Salomé (2010)[64] para o Centro Dramático Galego ou a Queima do Judas para Trigo Limpo teatro ACERT, que se celebra tódolos anos en Tondela o Sábado Santo, espectáculo do que foi responsable musical entre os anos 2000 e 2015.[65][66] Musicou e interpretou os poemas de Xosé Velo Ser e triunfar para o videoclip Santa Liberdade no ano 2000[67] e Espranza para o DVD do libro 150 anos do Banquete de Conxo. 50 aniversario do Congreso da Emigración no ano 2006.[68] Formou parte do elenco de actores na obra de teatro A ópera dos tres reás (2011), interpretando os papeis de Dedotorto e trobeiro cego, baixo a dirección escénica de Quico Cadaval para o Centro Dramático Galego.[69] No eido audiovisual participou como compositor das cancións no relato infantil multimedia O labirinto dos soños, con texto e dirección de Pepe Sendón,[70][71] na serie de televisión baseada no relato anterior O Labirinto dos Soños: Ventura na Illa de Hypnos[72] entre outros traballos.

Narf e Uxía no MICSUR, Mar del Plata, no ano 2014, presentando Atlántic@s.

Entre os meses de marzo e abril de 2016 estivo 40 días nos Estados Unidos de América durante a xira de presentación do seu último disco Baladas da Galiza imaxinaria, feito en colaboración con Uxía.[73][74][75] No mes de setembro de 2016 suspendeu por recomendación médica un concerto da antedita xira previsto en Ribeira por mor do seu delicado estado de saúde.[4] Outros concertos programados en Bilbao, Barcelona, Madrid ou Manresa foron aprazados.[76] Malia todo, os seus últimos concertos celebráronse no Teatro Principal de Santiago xunto aos africanos Timbila Muzimba para amosar ao público o proxecto Bumba II: Da Zigala a Zemambiquo, o 22 de outubro no marco do Womex[77][78] e o día 23[79][80] o derradeiro. Faleceu a causa dun cancro o 15 de novembro de 2016 aos 48 anos de idade.[4][21][81]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Trala súa morte fixéronse varias homenaxes na súa lembranza. A primeira delas foi o ano seguinte, durante o XIII Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré, celebrado o 14 de xaneiro de 2017 no Pazo da Cultura de Pontevedra.[82][83][84][85][86]

Nun acto celebrado o 21 de febreiro de 2017 na galería Sargadelos en Santiago de Compostela, que serviu para pechar unha exposición con ilustracións inspiradas en Rosalía de Castro no 180 aniversario do seu nacemento, celebrouse unha homenaxe conxunta dedicada a Narf e Rosalía organizada por El Patito Editorial e o concello, onde a editorial presentou Nas tardes escuras (2013), disco no que Narf adaptou os poemas de Rosalía ao rock.[87][88][89][90]

Unha estatua de bronce foi inaugurada en Boiro o 10 de xuño de 2017 durante unha homenaxe feita no seu honor na Pousada das Ánimas,[91][92][93] sala de concertos que posteriormente cambiou o seu nome, denominándose A Pousada da Galiza Imaxinaria na súa honra.[94]

O 30 de agosto de 2017 celebrouse un concerto tributo a Narf na praza da Quintana durante o festival Feito a Man en Santiago de Compostela.[95] A partir do ano 2023 o escenario principal do festival pasou a denominarse escenario Narf.[96][97]

Na cuarta edición do festival O mar nunha flor, celebrado o 4 de agosto de 2018 na Illa de Arousa, varios artistas participaron nun concerto dedicado na súa memoria.[98]

O 28 de febreiro de 2019 rendeuse tributo a Narf en Lugo durante o ciclo de concertos Lubicán coa celebración do espectáculo Encontrarte, o lubicán de Narf, no que participaron varios artistas.[99]

Durante o festival Ahoje é ahoje, organizado polo teatro Avenida en Maputo (Mozambique), celebrouse o 3 de novembro de 2019 unha homenaxe en lembranza de Narf.[100]

O 15 de novembro de 2024 celebrouse no seu recordo o acto Encontrarte, Narf na Casa das Crechas de Santiago de Compostela, con motivo do oitavo aniversario da súa morte.[101]

A Deputación da Coruña pasou a denominar o concurso musical de rock como Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais a partir de 2017.[102]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Todos eles baixo a produción de Antonio Vázquez (Asisí producións)

“Fran ergueu o Totem da música día a día,
con mimo e cariño, con furia e paixón,
co canto delicado e o berro atroz,
aquí están as pantasmas dos devanceiros,
o choro dun neno, o bico do amante e os ollos do futuro,
aquí está o que máis amamos e o que máis nos doe.”

Con Os Quinindiolas

  • Os Quinindiolas (1991, editado en 2009 por A Regueifa).

Con Nicho Varullo

  • Nicho Varullo (Spectra, 1991).

Con Psicofónica de Conxo

  • Psicópolis (Fortes & Rangel, 2001).
  • Extramundi (Madame Mir, 2002).

Con Jabier Muguruza e Miquel Gil

  • Mundo café (Gintonic, 2005).

Con Manecas Costa

  • Aló irmao! (Cartafol/Falcatruada, 2010) (DVD - Directo).

“Narf foi un cancionista,
un cronista dun tempo e dunha identidade,
un guerreiro da música
que deixou os seus últimos folgos
e a súa poderosa enerxía,
o seu sangue de afrogalego,
enriba do escenario...”

Uxía: Narf, alma xemelga e viaxeira[103]

Con Uxía

Como Narf en solitario

  • Directo en Compostela (Changüi, 2004) (Directo).
  • Tótem (Falcatruada, 2007).
  • Nas tardes escuras (El Patito Editorial, 2013).

No audiovisual

[editar | editar a fonte]

Como compositor de bandas sonoras

  • O Labirinto dos Soños, relato infantil multimedia (Grandola Nova, 2002).
  • O Labirinto dos Soños: Ventura na Illa de Hypnos, serie de televisión (Grandola Nova, 2004).
  • Galicia une, campaña para a Xunta de Galicia (Nordesía Producións, 2006).
  • Móvete, videoclip da Xunta de Galicia (Atlantis, 2007).

Outros traballos

[editar | editar a fonte]
  • A obra sinfónica Canción das árbores danzantes, encarga da Xunta de Galicia para a toma de posesión do presidente Touriño (2005).
  • O tema Noite de estrelas incluído no álbum tributo a Andrés do Barro Manifesto Dobarrista (Falcatruada, 2007).
  • A banda sonora da páxina web Golfiño, cómic (El Patito Editorial, 2007).
  • A banda sonora da páxina web Universo Galimatías, cómic (El Patito Editorial, 2009).
Estatua de Narf na Pousada das Ánimas, nomeada posteriormente como A Pousada da Galiza Imaxinaria no seu honor.

Como compositor de bandas sonoras para teatro e outros espectáculos

  • Premio da Crítica ao mellor musical do 1996, en Barcelona, pola ópera cómica Annus horribilis (con libreto de Pepe Sendón).
  • Premio María Casares á mellor música orixinal no 1997, por Finis Mundi Circus (Mofa e Befa). Compartido con Piti Sanz.
  • Premio María Casares á mellor música orixinal no 1998, por Órbita mutante (Chévere). Coa Banda da Sala Nasa.
  • Premio María Casares á mellor música orixinal no 2003, por Río Bravo'02 (Chévere).
  • Premio María Casares á mellor música orixinal no 2004, por Sidecar (Belmondo).
  • Premio María Casares á mellor música orixinal no 2010, por O segredo dos Hoffmann (Lagarta Lagarta).

Como músico

  • Segundo posto no concurso de canción en linguas minorizadas europeas, festival Liet International de Suecia, co tema Santiago no ano 2006, publicada dentro do seu disco Tótem.
  • Número 1 no Top ten da RDP-África durante tres semanas de agosto de 2010 co disco Aló irmao!.
  • Na primeira edición dos Premios Martín Códax da Música, convocados no ano 2013 pola asociación Músicos Ao Vivo, foi o vencedor na categoría de rock, blues, funk & soul.[104]
  • Premio aRi[t]mar á Embaixada da amizade galego-lusófona, no ano 2017.[3]
  1. 1,0 1,1 Graña, A. (16-11-2016). "Falece o compositor e cantante galego Narf". Faro de Vigo. Europa Press. Consultado o 25-12-2016. 
  2. "Fallece el músico gallego Fran Pérez 'Narf'". Canción a quemarropa (en castelán). 15-11-2016. Consultado o 25-12-2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Premio Ari[t]mar da Amizade Galego-Lusófona para Narf". Sermos Galiza. 25-4-2017. Arquivado dende o orixinal o 27-04-2017. Consultado o 26-4-2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Ro, Santiago (16-11-2016). "Morre Fran Pérez 'Narf', un dos grandes da música galega". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 13-03-2018. Consultado o 25-12-2016. 
  5. "Fallece el cantante y compositor gallego Narf". La Región (en castelán). 15-11-2016. Consultado o 25-12-2016. 
  6. Lombao, David (15-11-2016). "Falece o músico Fran Pérez, Narf". Praza Pública. 
  7. O pseudónimo deriva do seu hipocorístico Fran escrito do revés.
  8. 8,0 8,1 "Os Quinindiolas. Los hijos bastardos de James Brown". lafonoteca (en castelán). Consultado o 25-12-2016. 
  9. 9,0 9,1 "Nicho Varullo. Post punk compostelano". lafonoteca (en castelán). Consultado o 25-12-2016. 
  10. 10,0 10,1 Gómez, Lupe (5-10-2009). "Compartir unha aventura". Galicia Hoxe. Arquivado dende o orixinal o 13-03-2018. Consultado o 27-12-2016. 
  11. 11,0 11,1 Beceiro, M. "Novos sons de Psicofónica e Chouteira". La Voz de Galicia. Consultado o 25-12-2016. 
  12. 12,0 12,1 12,2 "A beleza dos sons de Uxía e Narf únense nas Baladas da Galiza imaxinaria e visitan o Verán Cultural". Xornal Galicia. 11-8-2016. Arquivado dende o orixinal o 12-08-2016. Consultado o 2-1-2016. 
  13. 13,0 13,1 "Fran Pérez 'Narf' e Manecas Costa abren no Salón Teatro o Ciclo Novas Músicas". Axencia Galega das Industrias Culturais. 11-6-2008. Consultado o 4-1-2017. 
  14. anajimandro (11-3-2008). "NARF Biografía". last.fm (en castelán). Consultado o 4-1-2017. 
  15. 15,0 15,1 "Narf". Dotgalicia. 2011. Arquivado dende o orixinal o 17-03-2018. Consultado o 30-12-2106. 
  16. 16,0 16,1 16,2 Iglesias, Óscar (23-11-2007). "O retorno de Narf". El País. Consultado o 27-12-2016. 
  17. 17,0 17,1 "Galeg@s - Fran Pérez". Galicia Dixital. Consultado o 28-12-2016. 
  18. 18,0 18,1 18,2 Dopico, Montse (27-3-2011). "A cultura e o idioma son o maior activo que temos. Creo que descoidalos é un erro". El Mundo. Consultado o 30-12-2016. 
  19. Torres, Ramiro (3-12-2014). "Entrevista a Fran Pérez, Narf". Palavra comum. Arquivado dende o orixinal o 04-01-2017. Consultado o 4-1-2017. 
  20. "A fusom entre a Guiné Bissau e a Galiza". Diário Liberdade. 27-6-2010. Arquivado dende o orixinal o 09-01-2017. Consultado o 8-1-2017. 
  21. 21,0 21,1 Montes, S. (16-11-2016). "A música dóese pola morte de Fran Pérez "Narf"". cultura galega. Consultado o 27-12-2016. 
  22. 22,0 22,1 "Narf y Manecas Costa graban en directo Aló Irmao en el Teatro Principal de Compostela". galicia digital (en castelán). 12-6-2009. Consultado o 27-12-2016. 
  23. Cubillo, Igor (19-5-2016). "Jabier Muguruza, Miquel Gil y Narf aúnan música y literatura en 'Mundo Café'". El País (en castelán). Consultado o 29-12-2016. 
  24. "Mundo Café". Resistencia (en castelán). 2005. Arquivado dende o orixinal o 30-12-2016. Consultado o 29-12-2016. 
  25. "O proxecto musical "Bumba", en Santiago". El Correo Gallego. 10-5-2006. Arquivado dende o orixinal o 17-10-2017. Consultado o 29-12-2016. 
  26. "A Fundación Caixa Galicia leva a Vilaboa a BUMBA, o novo proxecto de NARF e Timbila Muzimba". Pontevedra. Europa Press. 23-6-2006. Consultado o 29-12-2016. 
  27. "Bumba (Narf e Timbila Muzimba) actúa en Barbadás". La Voz de Galicia. 17-6-2006. Consultado o 29-12-2016. 
  28. "Bumba II: un viaje de ida y vuelta, Da Zigala a Zemambiquo". Por causa dela (en castelán). 2016. Consultado o 29-12-2016. [Ligazón morta]
  29. "Narf e Timbila Muzimba, diálogo musical e cultural este domingo no Principal". El Correo Gallego. 19-10-2016. Arquivado dende o orixinal o 17-10-2017. Consultado o 29-12-2016. 
  30. Ucha, Olaia (26-4-2009). "Fran Pérez: "O galego é unha ponte"". Galicia Hoxe. Arquivado dende o orixinal o 30-12-2016. Consultado o 30-12-2016. 
  31. Sotelino, B. R. (4-3-2010). "«En 'Aló irmao' estamos Manecas Costa e eu, e un bosque de guitarras ao redor creando sonoridades»". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 17-10-2017. Consultado o 30-12-2016. 
  32. "Galicia y Guinea Bissau se unen en «Aló Irmao!»". cancioneros (en castelán). 28-10-2010. Consultado o 30-12-2016. 
  33. "Aló Irmâo". B!ritmos (en castelán). 2010. Arquivado dende o orixinal o 01-01-2017. Consultado o 27-12-2016. 
  34. "Músicas posibles - Aló Irmao!". Radio Televisión Española (en castelán). 30-10-2010. Consultado o 30-12-2016. 
  35. "Bio". Fran Pérez [Narf]. Arquivado dende o orixinal o 30-12-2016. Consultado o 28-12-2016. 
  36. "11º Festival "O Gesto Orelhudo"". www.dorfeu.pt (en portugués). 4-10-2012. Consultado o 6-4-2020. Quinta feira, 4 de outubro: "Obrigado!" - Quico Cadaval & Narf (Galiza) 
  37. Calveiro, P. (4-6-2015). "Uxía e Narf unen as súas naves no disco «Baladas da Galiza imaxinaria»". La Voz de Galicia. Consultado o 2-1-2016. 
  38. "Uxía Senlle e Narf presentan 'Baladas da Galiza imaxinaria', o seu primeiro disco". El Progreso. EFE. 3-6-2015. Consultado o 2-1-2017. 
  39. "Narf actuará o domingo no festival europeo de linguas minorizadas". Galicia Hoxe. 13-10-2006. Arquivado dende o orixinal o 16-10-2017. Consultado o 30-12-2016. 
  40. "O galego Narf obtén o segundo posto no certame de linguas minorizadas". La Voz de Galicia. 16-10-2006. Arquivado dende o orixinal o 30-12-2016. Consultado o 29-12-2016. 
  41. "Narf leva a música do seu "Totem" á India e ao Nepal". Galicia Hoxe. 14-12-2008. Arquivado dende o orixinal o 16-10-2017. Consultado o 30-12-2016. 
  42. "Narf leva o seu "Totem" á India e ao Nepal". Ghastas pista?. 2008. Arquivado dende o orixinal o 31-12-2016. Consultado o 30-12-2016. 
  43. "Festival de Música Espanha-Pernambuco no Santa Isabel". RecifeRock! (en portugués). 2008. Arquivado dende o orixinal o 02-01-2017. Consultado o 1-1-2017. 
  44. "Brasil e Espanha unidas em Pernambuco". Raiz (en portugués). 11-3-2008. Arquivado dende o orixinal o 01-01-2017. Consultado o 1-1-2017. 
  45. "Festival reúne artistas pernambucanos e espanhóis no Santa Isabel". Boletin Diário (en portugués). Prefeitura do Recife. 13-3-2008. Consultado o 1-1-2017. 
  46. "Semana mozambicano-galega en Maputo". Vieiros. 13-8-2008. Consultado o 31-12-2016. 
  47. "...Aló Irmao...". Casa Via Magia (en portugués). 2009. Arquivado dende o orixinal o 01-01-2017. Consultado o 31-12-2016. 
  48. "IX Mercado Cultural promove caravana artística pela Bahia". Tribuna da Bahia (en portugués). 30-11-2009. Arquivado dende o orixinal o 01-01-2017. Consultado o 31-12-2016. 
  49. "Aló Irmao pecha este venres a súa xira polo Brasil". Galicia Hoxe. 2-12-2009. Arquivado dende o orixinal o 01-01-2017. Consultado o 1-1-2017. 
  50. "Aló Irmao convértese en banda deseñada". Vieiros. 12-1-2010. Consultado o 1-1-2007. 
  51. "Alô Irmão! – Narf & Manecas Costa (Galicia Guinea-Bissau)". St Ethelburga's (en inglés). 25-6-2010. Consultado o 6-4-2020. 
  52. Angel (22-6-2010). "New Meetup: Manecas Costa & Fran Perez (Narf) Alô Irmão! ( Galicia Guinea-Bissau )". Meetup (en inglés). Consultado o 31-12-2016. 
  53. "El Día de las Letras Gallegas llega a Argentina". La Vanguardia (en castelán). EFE. 17-5-2014. Consultado o 31-12-2016. 
  54. "Uxía, Rosa Cedrón, Budiño y Narf emocionan en Argentina en el concierto Atlántic@s". Galicia en el Mundo (en castelán). 23-5-2014. Consultado o 31-12-2016. 
  55. Show Narf e Manecas Costa - Antídoto Anaco do show do encontro de Narf e Manecas Costa durante o Antídoto: Seminário Internacional de Ações Culturais em Zonas de Conflito en maio de 2010 no Itaú Cultural.
  56. "5ª edição do ANTÍDOTO - Mostra Internacional de Ações Culturais em Zonas de Conflito". programavai. 29-4-2010. Consultado o 1-1-2017. Sendo en maio, o dia 14 sexta feira 20h - "Aló irmão" - Narf & Manecas Costa (Galícia / Guiné-Bissau) 
  57. "A música galega entra na BAFIM de Bos Aires con concertos de Carlos Núñez, Xoel López, Vetusta Morla, Aló Irmao e Uxía". Axencia Galega das Industrias Culturais. 13-11-2009. Arquivado dende o orixinal o 16-10-2017. Consultado o 1-1-2017. 
  58. Castro, Jamila (25-2-2010). "Hablamos con... Uxía". B!Ritmos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01-01-2017. Consultado o 1-1-2017. 
  59. "Varios artistas composteláns seguen a participar en Cuba no evento "Os Camiños de Santiago"". Concello de Santiago. 13-11-2006. Arquivado dende o orixinal o 16-10-2017. Consultado o 2-1-2017. 
  60. "Narf". Redescena (en castelán). Consultado o 1-1-2017. 
  61. "Encontro con Narf". aCentral folque. 22-4-2014. Arquivado dende o orixinal o 01-01-2017. Consultado o 1-1-2017. 
  62. "Chévere - Resaca". Centro de Documentación Teatral (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05-01-2017. Consultado o 4-1-2017. 
  63. "CDG: A boa persoa de Sezuán". Centro Dramático Galego. 2008. Consultado o 29-12-2016. 
  64. "CDG: Salomé". Centro Dramático Galego. 2010. Consultado o 29-12-2016. 
  65. "NARF na "Queima do Judas" de Tondela". música en galego. 2012. Consultado o 29-12-2016. 
  66. Franco, Camilo (6-4-2012). "Máis de 200 actores e 500 voluntarios participan na Queima do Judas, de Tondela". Consultado o 29-12-2016. 
  67. Rabuñal, Anxo; Coral, Ricardo (2000). "Santa Liberdade". Consultado o 10-12-2022. 
  68. Rabuñal, Anxo (Guión e dirección) (2006). 150 anos do Banquete de Conxo, 50 aniversario do Congreso da Emigración (DVD). Santiago de Compostela: Secretaría Xeral de Comunicación / Secretaría Xeral de Emigración. OCLC 433640360. DL 1941-06. 
  69. "CDG: A ópera dos tres reás". Centro Dramático Galego. 2011. Consultado o 2-1-2016. 
  70. "A película de animación interactiva O labirinto dos soños amosa as posibilidades dos productos multimedia feitos en Galicia". cultura galega. 24-4-2003. Consultado o 25-12-2016. 
  71. Sánchez, Olalla (1-7-2005). "«O Labirinto dos soños»: el éxito de una producción independiente". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30-12-2016. Consultado o 28-12-2016. 
  72. "Ventura na Illa de Hypnos". cultura galega. Consultado o 28-12-2016. 
  73. "Uxía y Narf llegan este viernes a Vigo para presentar en concierto su disco ‘Baladas da Galiza Imaxinaria’". Noticias Vigo (en castelán). 2016. Arquivado dende o orixinal o 30-12-2016. Consultado o 29-12-2016. 
  74. "Uxía & Narf. Baladas da Galiza imaxinaria". Culturactiva. 2016. Arquivado dende o orixinal o 26-04-2016. Consultado o 29-12-2016. 
  75. Ballesteros, Álvaro (12-4-2016). "Uxía e Narf: «En EE. UU. quedan fascinados coa cultura galega»". La Voz de Galicia. Consultado o 29-12-2016. 
  76. "Fallece el músico Narf a los 48 años". El Progreso (en castelán). Europa Press. 15-11-2016. Consultado o 27-12-2016. 
  77. "WOMEX 2016 - Teatro Principal (Atlantic Connections)". Santiago turismo. Arquivado dende o orixinal o 05-01-2017. Consultado o 4-1-2017. 
  78. "Radio Cos, Xabier Díaz e Narf, sons galegos para o Womex 2016". Praza Pública. 13-7-2016. Consultado o 30-12-2016. 
  79. "Narf e Timbila Muzimba, diálogo musical e cultural este domingo no Principal". El Correo Gallego. 19-10-2016. Arquivado dende o orixinal o 17-10-2017. Consultado o 4-1-2016. 
  80. "Concerto: Narf & Timbila Muzimba". Santiago turismo. Arquivado dende o orixinal o 05-01-2017. Consultado o 4-1-2016. 
  81. "Homenaxe a Fran Pérez, Narf, que nos deixou esta semana". crtvg. 20-11-2016. Arquivado dende o orixinal o 28-12-2016. Consultado o 27-12-2016. 
  82. "Un Cantos na Maré dedicado a «Narf» y su legado musical". La Voz de Galicia. 27-12-2016. Consultado o 6-1-2017. 
  83. "O festival da lusofonía Cantos na Maré brindará homenaxe á figura de Narf". Diario de Pontevedra. Europa Press. 26-12-2016. Consultado o 6-1-2017. 
  84. "Cantos na Maré dedica en su edición de 2017 un homenaje al artista gallego Narf". Galicia Dixital (en castelán). 26-12-2016. Consultado o 6-1-2017. 
  85. "O Festival da Lusofonía Cantos na Maré rende homenaxe a Narf". Faro de Vigo. 27-12-2016. Consultado o 6-1-2017. 
  86. L. B. D. (12-1-2017). "Oda a Narf". Diario de Pontevedra. Consultado o 12-6-2017. 
  87. "Homenaje conjunto a Rosalía y Narf en la galería Sargadelos". El Correo Gallego (en castelán). 17-02-2017. Consultado o 23-01-2021. 
  88. "O Concello colabora con El Patito Editorial nunha dobre homenaxe a Rosalía de Castro e a Narf". Concello de Santiago. 16-02-2017. Consultado o 23-01-2021. 
  89. "Santiago homenaxeará a Rosalía e a Narf". Nós Televisión. 16-02-2017. Consultado o 23-01-2021. 
  90. "Homenaxe a Rosalía e Narf". La Voz de Galicia. 22-02-2017. Consultado o 23-01-2021. 
  91. R. C. (23-5-2017). "Primeiro concerto-homenaxe a Narf en Boiro, estatua incluída". Nós Diario. Consultado o 21-4-2022. 
  92. "Chévere, Uxía, Guadi Galego, Marcos Teira, Aida Saco e Barahúnda actuarán por Narf na Pousada". La Voz de Galicia. 30-5-2017. Consultado o 30-5-2017. A gala, que inclúe o descubrimento dunha escultura, será conducida por Lucía Aldao e María Lado 
  93. Gómez, Marta (12-6-2017). "Narf e o seu puño no alto fanse eternos". La Voz de Galicia. Consultado o 12-6-2017. 
  94. "A renovada Pousada homenaxea a Narf". La Voz de Galicia. 14-10-2018. Arquivado dende o orixinal o 21-01-2019. Consultado o 20-01-2019. 
  95. Gómez, Silvia; M. G. (12-8-2017). "Máis de 30 artistas de varios países homenaxearán a Narf". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 05-08-2018. Consultado o 5-8-2018. 
  96. "El Feito a Man pone el colofón con el escenario Narf y seis actuaciones". La Voz de Galicia (en castelán). 23-08-2024. Consultado o 19-11-2024. 
  97. García, Montse (11-08-2023). "Las Antonias, por primera vez en Santiago: «Destripamos boleros y les damos humor»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 19-11-2024. 
  98. "A homenaxe a Narf pon fin ao programa "O mar nunha flor"". Faro de Vigo. 5-8-2018. Consultado o 5-8-2018. 
  99. "O Lubicán lembra este xoves en Lugo a figura e a música de Narf nunha emotiva homenaxe póstuma co espectáculo 'Encontrarte'". Universidade de Santiago de Compostela. 27-02-2019. Consultado o 20-04-2022. 
  100. "Mozambique homenajea este domingo al cantautor gallego Fran Pérez 'Narf' con el festival tributo 'Ahoje é ahoje'". La Vanguardia (en castelán). 3-11-2019. Consultado o 29-11-2020. 
  101. "A Casa das Crechas, en Santiago, lembra a Narf no oitavo cabodano". La Voz de Galicia. 15-11-2023. Consultado o 19-11-2024. 
  102. Deputación da Coruña. "Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais (antes concurso musical e rock)". Consultado o 25 de outubro de 2018. 
  103. 103,0 103,1 Uxía (20-11-2016). "Narf, alma xemelga e viaxeira". La Voz de Galicia. Consultado o 26-12-2016. 
  104. Conde, María (14-12-2013). "Pontevedra entrega os primeiros Premios Galegos da Música". La Voz de Galicia. Consultado o 23-5-2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Santorum, Gracia (2009). Dicionario de escritores de Deza. A Estrada: Fervenza. pp. 84–85. ISBN 978-84-96368-00-2.