[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Sala Nasa

Sala Nasa
Concerto da orquestra Omega na Sala NASA
Coordenadas42°52′43″N 8°33′16″O / 42.878627777778, -8.5545055555556
editar datos en Wikidata ]

A Sala NASA (Nave de Servizos Artísticos) foi un espazo multidisciplinar de Santiago de Compostela promovido polo Grupo Chévere xunto con Blanca Cendán en outubro de 1992, localizado no número 51/53 da rúa de San Lourenzo. Nel realizábanse espectáculos teatrais, concertos e todo tipo de disciplinas artísticas. Desde 1992 foi o lugar de estrea e permanencia dos espectáculos da compañía creadora, ademais das súas funcións periódicas chamadas Ultranoites. Durante a súa existencia foi tamén un escenario de referencia no circuíto da música alternativa. Funcionou ata setembro de 2011[1], meses despois da supresión das axudas procedentes do Concello de Santiago coa toma de posesión do alcalde Gerardo Conde-Roa[2].

En 2012 recibiu o Premio de Honra Marisa Soto da Asociación de Actores e Actrices de Galicia.

O local que ocupaba na rúa de San Lourenzo, actualmente a Sala Malatesta, era un garaxe particular que foi remodelado e adaptado ás novas funcións polos propios membros da compañía[2]. A Sala exercía tamén de editora de libros, CD, DVD ou CD-ROM[1] e en 2010 inspirou a creación da páxina Redenasa.tv, «converténdose na súa alma dixital e con intención de sobrevivila cando desaparecese o corpo material»[3]. Actualmente Redenasa.tv é usado como selo editorial das publicacións de Chévere.[4]

  1. 1,0 1,1 "Dossier de prensa de Eurozone" (PDF). Ministerio de Cultura. p. 12. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24/03/2018. Consultado o 16/04/2018. 
  2. 2,0 2,1 Alfonso Zarauza. A viaxe dos Chévere (Documental). 
  3. "Que é Redenasa?". Redenasa.tv. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2018. 
  4. Chévere (2019). Berberecheira. Redenasa.tv. p. 6. ISBN 978-84-09-08813-3. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]