[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Moving Picture Experts Group

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

MPEG (Moving Picture Experts Group "Grupo de expertos en imaxes en movemento") é un formato de vídeo comprimido con pouca perda de calidade de imaxe e son.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Nas súas orixes era un pequeno grupo encargado do desenvolvemento de normas de codificación para son e vídeo (de aquí sae o nome do formato grupo de expertos...), formado no Comité Técnico para a Tecnoloxía da Información ISO/IEC JTC 1, da ISO.

Desde a súa primeira reunión en 1988, o MPEG creceu ata incluír 350 membros de distintas industrias e universidades. A designación oficial do MPEG é ISO/IEC JTC1/SC29 WG11.

MPEG ha normalizou os seguintes formatos de compresión e normas auxiliares:

  • MPEG-1: padrón inicial de compresión de son e vídeo. Usado despois como a norma para CD de vídeo, inclúe o popular formato de compresión de son Capa 3 (MP3).
  • MPEG-2: normas para son e vídeo para difusión de calidade na televisión. Utilizado para servizos de TV por satélite como Direct TV (Cadea estadounidense de televisión vía satélite de difusión directa), sinais de televisión dixital por cable e (con lixeiras modificacións) para os discos de vídeo DVD.
  • MPEG-3: deseñado orixinalmente para HDTV (Televisión de alta resolución), pero abandonado posteriormente en favor de MPEG-2.

MPEG-4: expande MPEG-1 para soportar "obxectos" son/vídeo, contido 3D, codificación de baixa velocidade binaria e soporte para xestión de dereitos dixitais (protección do copyright).

  • MPEG-7: sistema formal para a descrición de contido multimedia
  • MPEG-21: MPEG describe esta norma futura como un "marco multimedia".

O MPEG utiliza códecs (codificadores-descodificadores) de compresión con baixas perdas de datos usando códecs de tranformación.

Nos códecs de tranformación con baixas perdas, as mostras tomadas de imaxe e son son divididas en pequenos segmentos, tranformadas en espazo-frecuencia e cuantificadas. Os valores cuantificados son logo codificados entropicamente.

Os sistemas de codificación de imaxes en movemento, tal como MPEG-1, MPEG-2 e MPEG-4, engaden un paso extra, onde o contido de imaxe se predí, antes da codificación, a partir de imáxes reconstruídas pasadas e codifícanse soamente as diferenzas con estas imáxes reconstruídas e algún extra necesario para levar a cabo a predición.

MPEG soamente normaliza o formato do fluxo binario e o descodificador. O codificador non está normalizado en ningún sentido, pero hai postas en funcionamento de referencia, para os membros, que producen fluxos binarios válidos.