Motilina
A motilina é unha hormona peptídica de 22 aminoácidos, que nos humanos está codificada polo xene MLN do cromosoma 6.[2]
A motilina é unha hormona secretada polas células M das criptas do intestino delgado, especialmente no duodeno e xexuno (que non hai que confundir coas células M das placas de Peyer).[3] Se a comparamos pola súa secuencia de aminoácidos, a motilina non está relacionada con outras hormonas. O seu nome de motilina débese á súa capacidade de estimular a actividade da musculatura gástrica. Ademais de nos seres humanos, os receptores da motilina atopáronse no tracto gastrointestinal dos porcos, ratas, vacas, e gatos, e no sistema nervioso central dos coellos.
Descubrimento
[editar | editar a fonte]Foi descuberta por by J.C. Brown cando introduciu unha solución alcalina no duodeno de cans, o cal lles causou fortes contraccións gástricas. Brown et al. supuxeron que o álcali podía actuar quer liberando estímulos que activaban a actividade motora gástrica, quer impedindo a secreción de hormonas inhibidoras. Illaron un polipéptido como subproduto da purificación da secretina en carboximetil celulosa, e denominaron a dito polipéptido “motilina”.[4]
Estrutura
[editar | editar a fonte]A motilina ten 22 aminoácidos e un peso molecular de 2698. O xene da motilina codifica o péptido sinal, a motilina de 22 aminoácidos e un péptido longo C-terminal.[5][6]
A secuencia de aminoácidos da motilina é: Phe-Val-Pro-Ile-Phe-Thr-Tyr-Gly-Glu-Leu-Gln-Arg-Met-Gln-Glu-Lys-Glu-Arg-Asn-Lys-Gly-Gln.[7]
A estrutura e dinámica da motilina de 22 aminoácidos, foi estudada en presenza de bicelas de fosfolípidos isotrópicas por Resonancia Magnética Nuclear. Os sistemas bicelares son nanoestruturas lipídicas formadas por fosfolípidos de cadeas longas e curtas dispersos en solución acuosa. A estrutura resolta mostra unha conformación en hélice alfa ordenada entre o Glu-9 e Lys-20. O extemo N-terminal está tamén ben estruturado cun xiro que lembra o clásico xiro beta.[1]
Estímulos
[editar | editar a fonte]O control da secreción de motilina é bastante descoñecido, aínda que algúns estudos suxiren que un pH alcalino no duodeno estimula a súa liberación. É interesante sinalar que a pH baixos (ácidos) inhibe a actividade motora gástrica, entanto que a pH altos ten un efecto estimulatorio. Algúns estudos en cans mostraron que a motilina se libera durante os períodos de xaxún ou períodos interdixestivos, e a inxestión de comida durante este período pode impedir a secreción de motilina.[8] A inxección intravenosa de glicosa, que incrementa a liberación de insulina, tamén inhibe a elevación cíclica dos niveis de motilina no plasma.[9] Outros estudos en cans suxiren tamén que a motilina actúa como un ligando endóxeno no mecanismo de retroalimentación positiva, estimulando a liberación de máis motilina.[10]
Funcións
[editar | editar a fonte]A principal función da motilina é incrementar o complexo mioeléctrico migratorio da motilidade gastrointestinal (aumenta o peristaltismo) e estimula a produción de pepsina. A motilina chámase ás veces a "ama de chaves do intestino" porque estimula o peristaltismo no intestino delgado e baleira o intestino, preparándoo para a seguinte comida.[7] A secreción dun alto nivel de motilina entre comidas no sangue estimula a contracción do fondo e o antro do estómago e acelera o baleiramento gástrico. Despois contrae a vesícula biliar e incrementa a presión exercida polo esfínter esofáxico inferior. Outras funcións da motilina son incrementar a liberación do polipéptido pancreático e da somatostatina[11]
Agonistas da motilina
[editar | editar a fonte]A eritromicina e antibióticos relacionados actúan como agonistas non peptídicos da motilina, e son ás veces utilizados pola súa capacidade de estimular a motilidade gastrointestinal. A administración dunha dose baixa de eritromicina induce o peristaltismo, o que é un apoio adicional para concluír que a secreción de motilina desencadea este patrón de motilidade gastrointestinal. Porén, algunhas propiedades da eritromicina, como a súa actividade antibiótica, non son apropiadas para utilizala como fármaco de uso crónico.
Existen novos agonistas da motilina baseados na eritromicina. Os xenes dos receptores secretagogos da hormona do crecemento comparten o 52% do seu ADN cos receptores da motilina, e os agonistas destes receptores, denominados ghrelinas, poden provocar efectos similares cós dos agonistas da motilina.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Andersson A, Mäler L (2002). "NMR solution structure and dynamics of motilin in isotropic phospholipid bicellar solution". J. Biomol. NMR 24 (2): 103–12. PMID 12495026. doi:10.1023/A:1020902915969.
- ↑ Daikh DI, Douglass JO, Adelman JP (1989). "Structure and expression of the human motilin gene". DNA 8 (8): 615–21. PMID 2574660. doi:10.1089/dna.1989.8.615.
- ↑ Poitras P, Peeters TL (2008). "Motilin". Curr Opin Endocrinol Diabetes Obes 15 (1): 54–7. PMID 18185063. doi:10.1097/MED.0b013e3282f370af.
- ↑ Brown JC, Cook MA, Dryburgh JR (1973). "Motilin, a gastric motor activity stimulating polypeptide: the complete amino acid sequence". Canadian journal of biochemistry 51 (5): 533–7. PMID 4706833. doi:10.1139/o73-066.
- ↑ OMIM
- ↑ DeGroot, Leslie Jacob (1989). J.E. McGuigan, ed. Endocrinology. Saunders - Philadelphia. p. 2748. ISBN 0-7216-2888-5.
- ↑ 7,0 7,1 Williams, Robert L. (1981). Textbook of endocrinology (6th ed.). Saunders - Philadelphia. pp. 704–705. ISBN 0-7216-9398-9.
- ↑ Itoh Z, Takeuchi S, Aizawa I, Mori K, Taminato T, Seino Y, Imura H, Yanaihara N. (1978). "Changes in plasma motilin concentration and gastrointestinal contractile activity in conscious dogs". The American journal of digestive diseases 23 (10): 929–35. PMID 717352. doi:10.1007/BF01072469.
- ↑ Lemoyne M, Wassef R, Tassé D, Trudel L, Poitras P (1984). "Motilin and the vagus in dogs". Canadian Journal of Physiology and Pharmacology 62 (9): 1092–6. PMID 6388765.
- ↑ Hall KE, Greenberg GR, El-Sharkawy TY, Diamant NE (1984). "Relationship between porcine motilin-induced migrating motor complex-like activity, vagal integrity, and endogenous motilin release in dogs". Gastroenterology 87 (1): 76–85. PMID 6724277.
- ↑ Frohman, Lawrence A.; Felig, Philip (2001). P. K. Ghosh and T. M. O’Dorisio, ed. Endocrinology & metabolism. McGraw-Hill, Medical Pub. Div - New York. pp. 1330. ISBN 0-07-022001-8.