Mimir
Mimir ou Mim é un xigante mitolóxico escandinavo. Tío materno de Odín, gardián das fontes da sabedoría, localizadas nas raíces de Yggdrasil. No seu momento negou a Odín beber de ditas fontes. Odín tivo que negociar e ofrecerlle un dos seus ollos.
É un dos deuses fundamentais da mitoloxía nórdica cuxa cabeza foi amputada e mandada a Odín durante a guerra entre os Æsir e os Vanir. Era recoñecido polo seu coñecemento e sabedoría, e Odín viaxou á terra dos jotun, Jotunheim, para adquirir a sabedoría e o coñecemento omnisciente de Mimir.
Odín obtivo o coñecemento de beber do pozo máxico de Mimir, mais como prezo tivo que sacarse un ollo. Despois diso volveu a Asgard coa cabeza de Mimir para consultas oraculares de acordo con algunhas historias. Mimir foi tamén o conselleiro de Hœnir logo de que se convertera no soberano dos Vanir.