Hel (lugar)
Aparencia
Na mitoloxía nórdica, Hel ou Helheim é coñecido como o reino da morte e atópase na parte máis profunda, escura e lúgubre de Niflheim, un dos nove mundos do Yggdrasil.[1] Estaba gobernado por Hela, monstruosa filla de Loki, e a entrada era custodiada por un can coñecido como Garm. Helheim e Niflheim acostuman relacionarse co mesmo mundo, pero isto non é así: Niflheim é o reino do frío, o xeo e a escuridade, e Hel é reino da morte e a perdición.
A este mundo ían os que morrían por enfermidade ou vellez, e unha vez se entraba nel, nin sequera os deuses podían saír por mor do interminable e inesgotable río Gjöll, que o rodeaba.
O termo "Hell" (inferno en inglés) é un derivado de Hel ou Helheim.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Grant, John (2008), Os viquingos, cultura e mitoloxía, Colonia, Alemaña. ISBN 978-3-8365-0276-4 páx. 31.