Mercedes-Benz HighPerformanceEngines
Mercedes-Benz HighPerformanceEngines | |
---|---|
Fundación | 1983 |
Matriz | Mercedes-Benz |
Localización | Brixworth, Northamptonshire, Reino Unido |
Fundador | Mario Illen, Paul Morgan |
Industria | Automóbil |
Produtos | Motores de F1 |
Na rede | |
http://www.mercedes-amg-hpp.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Mercedes AMG High Performance Powertrains (anteriormente coñecido como Ilmor Engineering e Mercedes-Benz High Performance Engines) é un fabricante de motores da Fórmula Un, propiedade de Mercedes-Benz. A compañía proporcionou motores a Sauber durante a tempada 1994, a McLaren de 1995 a 2014 e desde 2021, Force India desde 2009 a 2018, Brawn en 2009, o Equipo de fábrica Mercedes desde 2010, Williams desde 2014, Lotus en 2015, Manor Racing en 2016, Racing Point Force India en 2018, Racing Point de 2019 a 2020 e Aston Martin desde 2021. Os seus motores gañaron dez Campionatos de Construtores e once Campionatos de Pilotos. Ademais destes construtores de Fórmula Un, a compañía actualmente fornece motores legais para estradas para o coche deportivo Mercedes-AMG ONE.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Ilmor foi fundada polo Mario Illien e Paul Morgan en 1983, como unha compañía británica independente fabricante de motores de Fórmula Un. O nome da empresa foi tomado dos apelidos dos fundadores. Nun principio comezou a construír motores para IndyCars co diñeiro do dono do equipo de IndyCar e fabricante de chasis Roger Penske.
Daimler-Benz adquiriu 25% de Ilmor que pertenecía a Chevrolet en 1993. No ano 2002 Daimler AG aumentou a súa participación ao 55% e o nome da empresa pasou a ser Mercedes-Ilmor. En 2005 Daimler converteuse no único propietario de Ilmor e renomeou a empresa como Mercedes-Benz HighPerformanceEngines Ltd.
Ao mesmo tempo, a pequena parte da empresa dedicada a Proxectos Especiais, que desde 2003 fora contratada para deseñar e construír motores para a Indy Racing League de Honda, separáronse para converterse nunha empresa independente, propiedade de Mario Illien e Roger Penske. Esta nova empresa, que é totalmente independente de Mercedes, é coñecida como Ilmor Engineering Ltd.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1991 Ilmor entrou na Fórmula Un como provedor de motores do equipo Leyton House (antes March). En 1992, Leyton House cambiou de novo seu nome a March e continuou utilizando os motores Ilmor. Ilmor tamén fabricou motores para o equipo Tyrrell nese ano. Impulsado por un motor V10 Ilmor, Tyrrell anotou 8 puntos, e March 3 puntos.
Ilmor xa tiña un bo nome na F1, polo que o equipo Sauber sportscar e Mercedes-Benz que estaban planeando a súa entrada na Fórmula Un asinaron un acordo con Ilmor. Con todo, Mercedes deu un paso atrás no proxecto cos únicos motores que levaban o lema "Concept by Mercedes-Benz" e o motor chamouse oficialmente Ilmor.
Ilmor converteuse no provedor de motores de McLaren en 1995. A asociación tivo a súa primeira vitoria no Gran Premio de Australia de 1997. Mika Häkkinen logrou o campionato de pilotos en 1998 e 1999, e o equipo gañou o campionato de construtores en 1998. Despois de non gañar na tempada 2006, McLaren recuperouse e gañou o campionato de pilotos en 2008 con Lewis Hamilton.
En 2001 Paul Morgan morreu, na aterraxe do seu avión de época no aeródromo Sywell, en Northamptonshire. Isto levou a Mercedes-Benz a aumentar a súa participación financeira en Ilmor, cambiando o nome a Mercedes-Ilmor Ltd.
A nova normativa da Fórmula Un en 2014 fixo que Mercedes producira un motor V6 híbrido turboalimentado de 1,6 litros, que conta cun sistema de recuperación de enerxía cinética e un sistema de recuperación de enerxía térmica. O motor Mercedes comezou a tempada cunha clara vantaxe, cos coches con motor Mercedes anotando a maioría dos puntos.[1] Desde a introdución da nova fórmula do motor, os coches con motor Mercedes acadaron a pole position en 128 de 222 carreiras ata o Gran Premio de Singapur de 2024, e gañaron 122 de 222 carreiras durante este período.
En marzo de 2020, á consecuencia do atraso da tempada debido á pandemia de COVID-19, e colaborando coa UCL Mechanical Engineering and Institute of Healthcare Engineering, Mercedes HPP anunciou que farían aparatos respiratorios para axudar a manter os pacientes fóra as salas de coidados intensivos. Mercedes HPP creou un dispositivo nunha semana.[2][3] O primeiro día de produción, Mercedes HPP fabricou 600 dispositivos de presión positiva continua das vías respiratorias, con plans de aumentar a 1.000 dispositivos por día. Estes dispositivos producíanse en máquinas que normalmente fabricaban pistóns e turbocompresores para motores de Fórmula 1.[4] Mercedes gañaría os campionatos de pilotos e de construtores en 2020.[5]
Resultados dos motores de Fórmula 1
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Resultados en Grandes Premios dos clientes de motores Mercedes.
Construtor | Temporada(s) | Total de vitorias | WCC | WDC | Primeira vitoria | Última vitoria |
---|---|---|---|---|---|---|
Sauber | 1994 | 0 | – | – | ||
McLaren | 1995–2014, 2021–2024 | 84 | 1 (1998) | 3 (1998–1999, 2008) | Gran Premio de Australia de 1997 | Gran Premio de Singapur de 2024 |
Brawn | 2009 | 8 | 1 (2009) | 1 (2009) | Gran Premio de Australia de 2009 | Gran Premio de Italia de 2009 |
Force India | 2009–2018 | 0 | – | – | ||
Mercedes[a] | 2010–2024 | 119 | 8 (2014–2021) | 7 (2014–2020) | Gran Premio da China de 2012 | Gran Premio de Bélxica de 2024 |
Williams | 2014–2024 | 0 | – | – | ||
Lotus | 2015 | 0 | – | – | ||
MRT | 2016 | 0 | – | – | ||
Racing Point Force India | 2018 | 0 | – | – | ||
Racing Point | 2019–2020 | 1 | Gran Premio de Sakhir de 2020 | Gran Premio de Sakhir de 2020 | ||
Aston Martin | 2021–2024 | 0 | – | – | ||
Total | 1994–2024 | 212 | 10 | 11 | Gran Premio de Australia de 1997 | Gran Premio de Singapur de 2024 |
- ↑ A táboa non inclúe os resultados dos motores Mercedes que competiron entre 1954 e 1955 xa que non foron fabricados por Mercedes AMG High Performance Powertrains.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ↑ Benson, Andrew (9 de abril de 2014). "F1: McLaren can catch Mercedes says race chief Eric Boullier". BBC Sport. Consultado o 9 de abril de 2014.
- ↑ Walsh, Fergus (30 de marzo de 2020). "F1 team helps to create coronavirus breathing aid". BBC News (en inglés). Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ Sample, Ian (30 de marzo de 2020). "F1 team helps build new UK breathing aid for Covid-19 patients". The Guardian. Consultado o 2 de abril de 2020.
- ↑ "Design of new breathing aid developed by Mercedes to be made freely available | Formula 1®". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 7 de abril de 2020.
- ↑ "Emilia Romagna GP Facts & Stats: Hamilton ties another Schumacher record while Mercedes re-write record books once more". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 1 de novembro de 2020.