[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Melissa Auf der Maur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMelissa Auf der Maur

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de marzo de 1972 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Montreal, Canadá Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Concordia
F.A.C.E. School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cor do peloRubio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantautora, cantante, guitarrista, modelo, produtora musical, actriz, música, blogueira, fotógrafa, produtora, artista discográfico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1993 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Hole (2012–)
Hole (1994–1999) Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica rock, rock alternativo e rock and roll Editar o valor en Wikidata
InstrumentoBaixo, guitarra, voz e baixo Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoCapitol Records Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisNick Auf der Maur Editar o valor en Wikidata  e Linda Gaboriau Editar o valor en Wikidata

Sitio webxmadmx.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0041744 TV.com: people/melissa-auf-der-maur
Facebook: xMAdMx Twitter: xMAdMx MySpace: xmadmx Spotify: 1icaufOGQKlDwcb5vhYHkP iTunes: 6728552 Last fm: Auf+Der+Maur Musicbrainz: 0a87ad5f-728a-4a0f-b461-5ab84f63cd94 Songkick: 283192 Discogs: 282190 Allmusic: mn0000050408 Deezer: 369677 Genius: Melissa-auf-der-maur Editar o valor en Wikidata

Melissa Gaboriau Auf der Maur, nada en Montreal o 17 de marzo de 1972, é unha baixista, guitarrista, cantante e fotógrafa canadense. Como baixista, Melissa participou nos grupos de rock alternativo Tinker, Hole e The Smashing Pumpkins. No ano 2004 editou o seu primeiro traballo en solitario, Auf der Maur, e posteriormente, o 30 de marzo do 2010 apareceu o seu segundo álbum, Out of Our Minds.

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Melissa naceu en Montreal e é filla do xornalista e político Nick Auf der Maur (fillo de emigrantes suízos), e da tradutora literaria e xornalista Linda Gaboriau. A súa nai neceu nos Estados Unidos, e debido a iso Melissa ten dobre nacionalidade canadense-estadounidense.[1]

Auf der Maur non coñeceu ao seu pai ata que tivo tres anos de idade. Gaboriau chamou a Nick Auf der Maur despois de que a nena comezase a facerlle preguntas sobre a identidade do seu pai. Falando do encontro, Auf der Maur dixo "[meu pai] decatouse de que a miña nai Linda era o amor da súa vida porque lle ofreceu o regalo desta nena sen demandas. Namorouse tolamente dela [e] persegu¡iuna durante dous anos". Auf der Maur e Gaboriau casaron en 1978 cando Melissa tiña seis anos. A parella divorciaríase en 1979 e posteriormente Auf der Maur viaxou por todo o mundo coa súa nai.[2] Pasou parte da súa infacia vivindo "nunha caravana de circo en Gales, un camión de correos vermello en Marrocos, e nunha cabana en Kenya". Neste último país tivo tres veces malaria e regresou a Montreal.[3]

En Montreal, Auf der Maur foi áescola Fine Arts Core Education (FACE) eao instituto Moving in New Directions (MIND), ofrcendo ámbolos dous centros unha educación alternativa. En FACE fi membro do coro clásico, e en MIND foi "parte da pequena alite inglesa" e fíxose amiga da irmá de Leonard Cohen, Lorca, e de Rufus Wainwright.[1][3] No colexio comezou a interesarse pola fotografía e posteriormente asistiría á Concordia University, onde se graduou en fotografía en 1994. Aos 19 anos, mentres estaba na Concordia, Auf der Maur comezou a traballar como DJ en Bifteck, un club de rock moi coñecido onde coñeceu a varios músicos como Steve Durand.[3]

Carreira musical

[editar | editar a fonte]

Durante o seu tempo como DJ no Bifteck, Auf der Maur coñeceu ao tamén estudante da Concordia University Steve Durand, co cal formou a banda Tinker en novembro de 1993. Durand encargouse da guitarra e Auf der Maur comezou a tocar o baixo, usando un Fender Precision Bass que o seu pai lle mercara polo seu 21 aniversario.[1] O dúo recrutou a un segundo guitarrista, Jordon Zadorozny, e a un batería e comezou a actuar en locais de Montreal.[3]

Nun concerto de The Smashing Pumpkins en Les Foufounes Électriques en 1991, Auf der Maur fíxose amiga do vocalista e guitarrista Billy Corgan. Durante a actuación, o compañeiro de habitación de Auf der Maur interrumpiu á banda entre cancións e lanzou unha boterra de cervexa ao escenario, levando a un enfrontamento entre el e Corgan.[4] Auf der Maur explicou:

"Meu amigo Bruce [Cawdron], que despois sería o batería de Godspeed You! Black Emperor, estaba alí e susurrou, 'Deus, ese tipo ten actitude. Están actuando como se tocasen nun estadio. E despois lanzoulle unha botella a Billy e berrou, 'Deixa a maldita actitude!' Bill baixou do escenario, puxo as súas mans ao redor do pescozo de Bruce e comezaron a pelexar. Eu pensei, 'Ben. Acabas de arruinar o concerto'. Despois achegueime a Billy e díxenlle, 'Gustaríame disculparme en nome de Montreal. Sodes a miña nova banda favorita'."[5]

Auf der Maur ao vivo en 2005

Auf der Maur e Corgan tiveron unha amizade por correspondencia. Tras meses sen contacto, Auf der Maur enviou unha carta a Corgan pedíndolle que Tinker fose abreconcertos de The Smashing Pumpkins no seu próximo concerto en Montreal. Corgan aceptou a petición e Tinker realizou o maior concerto da súa carreira, diante de 2, 500 persoas, abrindo para The Smashing Pumpkins en Métropolis, o día 30 de novembro de 1993. Auf der Maur recordou que Corgan "palmeoume as costas. Dixo, 'Es unha moi boa baixista. Estarás na miña banda algún día.' Foi como un soño feito realidade, exactamente o tipo de impulso á miña confianza que necesitaba".[5]

Tinker tivo unha breve carreira de gravacións, lanzando tan só dous sinxelos de 7", "Realalie" e "Green Machine", a través do selo independente Bear Records en 1994. O grupo separouse en verán de 1994 despois de que Auf der Maur aceptase a invitación de Courtney Love para converterse na baixista de Hole, unha invitación que inicialmente declinou:

"Billy chamoume e dixo, 'Vou ir pola cidade polo Lollapalooza a próxima semana. Pero a gran noticia é, vas a unirte á banda da miña amiga Courtney.' E foi entón cando empezou todo ... Nunha semana todos os meus amigos chamaron e dixeron, 'Estás tola?' Meu pai dixo, 'Que mes estás dicindo? O gran tipo Pumpkin ofreceuche un traballo real na música e ti dixeche non?' Nese momento, Courtney conseguiu o meu número de teléfono e dixo, 'Que queres dicir, non queres unirte á miña banda? Vaste subir a un avión a Seattle mañá.' E fíxeno. Ela e Patty viñeron recollerme ao aeroporto, e ela foi moi divertida, moi doce. E foi moi boa comigo dende o primeiro día. Moi acolledora. Tiña a todas esas coidadoras de nenos e asistentes lesbianas. Había un clan realmente xenial de lesbianas maternais e coidadosas. Todo o mundo era moi bo'."[5]

No verán de 1994, cando Hole necesitaba unha nova baixista despois da morte de Kristen Pfaff, Corgan recomendou a Auf der Maur a Courtney Love. Melissa inicialmente non aceptou a invitación, recordando: "dixen que non porque me parecía un escenario moi triste no que entrar ... parecía un lugar moi triste" citando a morte de Pfaff como unha "bandeira vermella" e unha razón para non unirse ao grupo.[6] Tras coñecer a Love e á batería Patty Schemel, Auf der Maur aceptou a oferta. Completou a súa licenciatura en Belas Artes na Concordia e foi recrutada como baixista de Hole dúas semanas antes da súa actuación no Reading Festival de 1994.[7][8] "Lou Barlow e Evan Dando estaban vendo dende o lado do escenario," recordou. "Probablemente nin sequera me movín. Só pensei, 'Mentres teña estas partes correctas, todo irá ben.'"[9]

De 1994 a 1995, Auf der Maur xirou por todo o mundo con Hole para promocionar o seu segundo álbum de estudio, Live Through This (1994). Durante a xira, Auf der Maur foi descrita polo guitarrista Eric Erlandson como "traendo sol á banda" durante a atmosfera "escura e gris" da xira, que foi problemática debido aos recentes dós do grupo, polas mortes de Pfaff e de Kurt Cobain (marido de Love), ademais dos problemas de Love coas drogas.[6] Auf der Maur fíxose amiga de Patty Schemel e xuntas alugaron unha casa tras os dous anos de longa xira. O dúo iniciou un proxecto paralelo, Constant Comment, e lanzou un sinxelo compartido de 7" con Red Aunts a través de Sympathy for the Record Industry que contaba co tema "Firecrasher".[10] Dende entón, Auf der Maur dixo que a amizade e compatibilidade musical entre ela e Schemel estaban baseadas nunha "conexión rubia"; Schemel referiuse a Auf der Maur como a súa "áncora" durante o período tras as mortes de Pfaff e Cobain.[6]

Auf der Maur, á esquerda, na reunión de Hole de 2012

Auf der Maur apareceu en varios lanzamentos de Hole, incluído o sinxelo de 1996 "Gold Dust Woman" e varios temas ao vivo en My Body, the Hand Grenade (1997). Aparece no terceiro álbum de estudio da banda, Celebrity Skin (1998), tocando o baixo e como co-compositora de 5 dos 12 temas. Celebrity Skin foi un grande éxito comercial e de crítica; chegou ao número 9 na lista estadounidense Billboard 200 e ao 3 da lista canadense de álbums, e o seu sinxelo principal foi número 1 na lista da Billboard Modern Rock Tracks. Dende entón foi certificado platino nos dous países. Tras a xira de promoción do disco, Auf der Maur deixou Hole en outubro de 1999 ao rematar o seu contrato de conco anos co grupo xa que desexaba "medrar en moitas direccións diferentes".[11]

En xuño de 2009, NME informou de que Hole estaba reformándose. Love firmou que Auf der Maur volvería a unirse como baixista para gravar o seu seguinte álbum Nobody's Daughter, que ía ser finalmente un traballo de Hole, e actuar na xira de promoción.[12] Auf der Maur dixo que estaba "sorprendida e decepcionada" polo anuncio e que non tiña intención de participar na banda reformada.[13] A pesar de distintas cuestións legais, Nobody's Daughter lanzouse como o curto álbum de Hole en abril de 2010 con Shawn Dailey substituíndo a Auf der Maur como baixista.

Hole reuniuse novamente, coa formación do Celebrity Skin composta por Love, Erlandson, Auf der Maur e Schemel, para unha única actuación no Public Assembly en Brooklyn, Nova York o 12 de abril de 2012 nunha festa tras un pase da película de Schemel Hit So Hard (2011). Inicialmente Auf der Maur, Erlandson e Schemel estaban actuando como trío ata que Love chegou para unha interpretación espontánea de "Miss World" e "Over the Edge".[14] The Quietus informou en abril de 2014 que os catro membros reuníranse, aínda que en entrevistas posteriores Love quitoulle importancia ao de falar sobre unha inminente reunión.[15][16] En abril de 2016, Auf der Maur dixo nunha entrevista que xa non tiña enerxía nin tempo para unha reunión plena, pero que estaría interesada en rematar o legado de Hole cun disco retrospectivo e unha pequena xira.[17]

The Smashing Pumpkins

[editar | editar a fonte]

A baixista orixinal de The Smashing Pumpkins, D'arcy Wretzky, deixou a banda en setembro de 1999 durante a gravación do seu quinto álbum de estudio, Machina/The Machines of God (2000).[18] No mes de outubro Auf der Maur foi recrutada como substituta de D'arcy por Billy Corgan, co cal seguia matendo a amizade dende o seu tempo en Tinker e Hole. "Courtney sabía que marchaba para realizar o meu proxecto en solitario", explicou. "Pero entón, casualmente, a semana que deixaba Hole foi cando D'arcy deixou os Pumpkins. Así que, nunha semana, Billy chamoume e díxome, 'As estrelas aliñáronse: e o moment de que te unas á miña banda.' Tiven que facelo."[9]

Auf der Maur non apareceu nin en Machina/The Machines of God nin en Machina II/The Friends & Enemies of Modern Music (2000) xa que os baixos que faltaban foron gravados por Corgan, pero tocou cos Pumpkins durante a xira de Machina dende decembro de 1999 ata decembro de 2000.[19] Durante a xira a banda tocou en América do Norte, Xapón, Europa e Suráfrica, e esta foi descrita por Auf der Maur como "moi ambiciosa". A baixista tamén tocou na súa derradeira aparición en televisión no programa The Tonight Show with Jay Leno e no derradeiro concerto no Cabaret Metro de Chicago o 2 de decembro de 2000,[20] ademais de nos videos musicais do grupo. The Smashing Pumpkins separouse a finais dese ano.

En febreiro de 2006, a MTV informou de que Corgan e o batería Jimmy Chamberlin asinaran un novo contrato de representación con Azoff Management, cun portavoz confirmando que asinaran o contrato co nome de The Smashing Pumpkins.[21] Como resposta, Auf der Maur dixo nunha entrevista que "mentres Billy teña Jimmy, pode facer un disco esecial dos Pumpkins, estou segura", e cando se lle preguntou sobre a súa implicación dixo que non estaba planeando participar na reunión, pero destacando que os seus "servizos están sempre aí para tocar [as súas] canción favoritas. Se D'arcy non está dispoñible, sempre estou feliz de ser a segunda na lista".[22] A pesar do seu interese inicial e da ausencia de Wretzky, The Globe and Mail informou en abril de 2007 que Auf Der Maur confirmara que non se uniría a The Smashing Pumpkins.[23]

The Chelsea e Hand of Doom

[editar | editar a fonte]

Despois da ruptura de The Smashing Pumpkins, no ano 2002, Auf der Maur, xunto coa batería Samantha Maloney (Mötley Crüe, Hole, Peaches), Peaches, Paz Lenchantin (A Perfect Circle, Zwan) e Radio Sloan (Peaches, The Need, The Courtney Love Band) crearon unha nova banda chamada The Chelsea, polo hotel Chelsea de Nova York onde Auf der Maur vivira moito tempo. O grupo realizou un único concerto nos Ánxeles, tocando versións e cancións propias, algunhas das cales eran versións temperás de temas que aparecerían no álbum de estrea en solitario de Auf der Maur. Posteriormente Courney Love fíxose cos servizos de Maloney e Sloan para a súa banda de apoio para a promoción do seu álbum America's Sweetheart (2004) e chamouna The Chelsea.[24]

Pouco despois Auf der Maur liderou unha banda de versións de Black Sabbath chamada Hand of Doom para practicar como vocalista. O grupo incluía á baixista Molly Stern, ao batería Pedro Yanowitz, ao pinchadiscos Joey Garfield e ao guitarrista Guy Stevens. En marzo a banda comezou a realizar concertos en recoñecidos locais dos Ánxeles, incluídos o Whisky a Go Go, o The Troubador e o The Viper Room, e publicou un álbumao vivo, Live in Los Angeles (2002), con gravacións de varias actuacións.[25] O álbum tivo boas recensións, co escritr de AllMusic Bradley Torreano describíndoo como un disco "divertido, marabilloso e estrañamente sensual" que "atopa a alma detrás de todos os anos de postureo", engadindo que "é a propia Auf der Maur a que é a clave do álbum".[26] Definíndose a si mesmos como "art-karaoke", Hand of Doom realizou máis concertos en América do Norte durante o verán de 2002 antes de separarse en 2003.[27]

Traballo en solitario

[editar | editar a fonte]

En 2001 Auf der Maur regresou a Montreal tras a disolución de The Smashing Pumpkins e non estaba segura de seguir no mundo da música. Nunha entrevista con Jam!, dixo que a súa "relación coa música volvérase moi orientada a un exército. Era unha soldado, unha dura traballadora que nunca conseguía a suficiente satisfacción da música. Non sabía se daría feito o meu propio disco". Afinais de 2001, tras descubrir vellas gravacións demo na súa casa, Auf der Maur decidiu iniciar unha carreira en solitario ao decatarse de que "tiña o material dun álbum completo que estivera alí durante anos".[28]

Ao vivo en Manchester en 2010

Gravado entre os anos 2001 e 2003 en varios estudios dos Estados Unidos e o Canadá, en febreiro do ano 2004 Auf der Maur editou o seu primeiro álbum en solitario, Auf der Maur, a través do selo Capitol Records. Producido con Chris Goss, Auf der Maur pagou ela mesma as sesións de gravación xa que non asinara con ningún selo cando estas comezaron, quedando sen cartos durante a post-produción sen poder realizar a mestura do álbum.[28] Aceptou un contrato discográfico de Capitol pouco despois e lanzou Auf der Maur conseguindo críticas xeralmente favorables. O disco conseguiu bastante tempo de emisión na radio cos seus sinxelos "Followed the Waves", "Real a Lie" e "Taste You", conseguindo un éxito moderdo no Reino Unido.[29] En 2010 o álbum levaba vendidas 200 000 copias en todo o mundo.[30]

Nunha entrevista no ano 2007 Auf der Maur anunciou que rematara o seu segundo traballo en solitario que iría acompañado dunha novela gráfica e unha película conceptual, e aparecería no outono do 2009.[31] Unha páxina oficial cotiña adiantos do proxecto, un trailer do filme lanzado en agosto de 2007, e nun blog Auf der Maur documentba as distintas fases do traballo. Tras disputas con Capitol e verse "atrapada por lgúns trámites burocráticos" que adiaron o lanzamento do proxecto, Auf der Maur deixou discográfica para asegurar o control creativo e lanzar a súa música baixo os seus propios termos.[32]

Un EP titulado ... This Would Be Paradise apareceu en novembro de 2008 en formato de 7" e como descarga dixital en iTunes. O EP de tres temas publicouse a través de Urbanited Music, un selo independente baseado nos Países Baixos e lnzouse co nome abreviado de MAdM,[33] que usou para os seus seguintes lanzamentos. Tras o lanzamento do EP realizou unha curta xira de seis datas polo Canadá e o norte de Europa, sendo os seus primeiros concertos dende a xira de 151 datas para promocionar Auf der Maur en 2004 e 2005.[34]

A finais de 2009 lanzouse o primeiro sinxelo do novo traballo, "Out of Our Minds", de xeito gratuíto a través da súa páxina oficial, e o EP OOOM. Os dous lanzamentos foron editados a través de PHI–MAdM Music Inc., o seu propio selo musical, unha división do PHI Centre Group baseado en Montreal. Auf der Maur tamén asinou un contrato de distribución internacional con Roadrunner Records, que publicou os lanzamentos fóra de América do Norte.[35]

En marzo do 2010 editouse o seu segundo álbum de estudio, Out of Our Minds, como parte do proxecto OOOM. A pesar de entrar nas listas de Francia, Grecia, España e o Reino Unido,[36][37] o álbum tivo recensións mesturadas. Porén, en xaneiro de 2011 o disco gañou o premio ao mellor álbum indie/alternativo/hard rock nos Independent Music Awards.[38] En outono 2011 Auf der Maur colleu unha baixa por maternidade.[39]

Outras colaboracións

[editar | editar a fonte]

Auf der Maur xirou brevemente co líder de The Cars, Ric Ocasek, en 1997, despois de tocar o baixo e de facer coros no seu álbum en solitario Troublizing. Colaborou co grupo francés Indochine na canción "Le grand secret", cantando un dueto en francés con Nicola Sirkis, con grande éxito en Francia. Auf der Maur uniuse á banda ao vivo para interpretar a canción en varias ocasións e aparece no video musical do tema. O 22 de febreiro de 2002 realizou un curto concerto acústico de cancións súas durante unha actuación de Indochine en París. Auf der Maur tamén contribuíu tocando o baixo e facendo coros co seu amigo da infancia Rufus Wainwright, no seu álbum de 1998 Poses, e aparece no seu video musical de 1998 de "April Fools". En 2008 colaborou co músico canadense Daniel Victor no seu proxecto Neverending White Lights. Xuntos gravaron a canción "The World is Darker", da cal se editou un video musical en marzo dese ano. Auf der Maur tamén colaborou en álbums de artistas como Ryan Adams, Ben Lee, Idaho, The Stills e Fountains of Wayne.[40]

Fotografía

[editar | editar a fonte]

Auf der Maur licenciouse en fotografía, especializándose en autorretrato, na Concordia University cando foi invitada a unirse a Hole en 1994.[41] Publicáronse fotos súas en Nylon, Bust, Mastermind, National Geographic e American Photo, entre outras revistas.[42][43][44] Tamén se puideron ver na exposición The Kids are Alright en Sotheby's, en Nov York, xunto con fotografías de Yelena Yemchuk.[45]

En 2001 realizou unha exposición en solitario co nome de Channels, amosando principalmente imaxes da vida na estrada, con imaxes de pantallas de televisión en hoteis como tema recorrente (de aí o seu nome). A exposición inaugurouse o 9 de setembro de 2001 na Secret Gallery de Brooklyn, pero pechouse polos ataques do 11 de setembro. A exposición puido verse novamente no O Patro Vys, en Montreal, en maio de 2006.[41]

Basilica Hudson

[editar | editar a fonte]
Basilica Hudson en 2012

No ano 2010, Auf der Maur mercou, xunto co director de cinema independente Tony Stone e os seus pais, os artistas Bill Stone e Nancy Stone, un edificio histórico en Hudson, Nova York. O edificio construíuse orixinalmente na década de 1880 como unha fundición que fabricaba rodas para vagóns de ferrocarril, e posteriormente converteuse nunha fábrica de pegamento que acabou pechando na década de 1980.[46] Auf der Maur e Stone convertérono nun centro cultural onde se realizan diversas actividades artísticas e concertos.[47]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Auf der Maur esta casada co director de cine Tony Stone e xuntos teñen unha filla que naceu en outubro de 2011.[48] A través da súa nai e medio-irmá do arquitecto Yves de Fontenay.[49]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 "Former Hole bassist goes out of her mind". thestar.com (en inglés). 2010-06-12. Consultado o 2023-04-10. 
  2. Cochrane, Lauren (2004-08-07). "This much I know". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2023-04-10. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Aaron, Peter. "Melissa Auf der Maur". Chronogram Magazine (en inglés). Consultado o 2023-04-10. 
  4. Everett-Green, Robert; Wheeler, Brad; Verner, Amy; Dixon, Guy (2009-06-26). "'You should have been there!'". The Globe and Mail (en inglés). Consultado o 2023-04-10. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Q, agosto de 2004, p. 59
  6. 6,0 6,1 6,2 Auf der Maur, Melissa; Erlandson, Eric; Schemel, Patty (2011). Hit So Hard: The Life & Near Death Story of Patty Schemel (DVD). Peccadillo Pictures.
  7. CineVue (2012-11-16). "Interview: Melissa Auf der Maur, 'Hit So Hard'". CineVue (en inglés). Consultado o 2023-04-11. 
  8. "Melissa Auf der Maur, The Rock Goddess in Our Midst, Appearing at Club Helsinki". Rural Intelligence. 2014-07-01. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2014. Consultado o 2023-04-11. 
  9. 9,0 9,1 Q, agosto de 2004, p. 60
  10. "Who"/"Firecrasher" (Sleeve notes). Red Aunts/Constant Comment. Sympathy for the Record Industry. 1997. SFTRI 495.
  11. "Melissa Auf Der Maur Leaves Hole". MTV (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2023. Consultado o 2023-04-13. 
  12. "The Return Of Hole – Courtney Love's In-The-Studio Video Diary". NME. 2012-10-12. Archived from the original on 12 de outubro de 2012. Consultado o 2023-04-13. 
  13. "Courtney Love's Hole 'reunion' slammed by Melissa Auf der Maur". NME. 2010-01-21. Archived from the original on 21 de xaneiro de 2010. Consultado o 2023-04-13. 
  14. "Hole reunites in New York following film screening". Los Angeles Times (en inglés). 2012-04-16. Consultado o 2023-04-13. 
  15. "Courtney Love Reforms Classic Hole Line-Up". The Quietus (en inglés). Consultado o 2023-04-13. 
  16. "Courtney Love Downplays Hole Reunion Talk, Vows To Join Foe Dave Grohl Onstage At Nirvana’s Rock Hall Induction". Stereogum (en inglés). 2014-04-07. Consultado o 2023-04-13. 
  17. "Bassist Melissa Auf Der Maur Offers Conditions for a Hole Reunion – BlastEcho" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2016. Consultado o 2023-04-13. 
  18. "D'Arcy Exits Smashing Pumpkins". web.archive.org. 2007-10-11. Archived from the original on 11 de outubro de 2007. Consultado o 2023-04-11. 
  19. "For Your Excessive Heat Warning Listening Pleasure: Smashing Pumpkins at Bronco Bowl". Dallas Observer. 2014-07-14. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 2023-04-11. 
  20. "Smashing Pumpkins Look Back in Wonder: Smashing Pumpkins : Rolling Stone". web.archive.org. 2009-09-09. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2012. Consultado o 2023-04-13. 
  21. "Smashing Pumpkins Reunion Is Under Way, According To Sources". MTV (en inglés). Archived from the original on 21 de decembro de 2010. Consultado o 2023-04-13. 
  22. "Corgan, Chamberlin Revive Smashing Pumpkins". Billboard (en inglés). 2006-02-03. Consultado o 2023-04-13. 
  23. "Movers and shakers in Canadian arts". The Globe and Mail (en inglés). 2007-04-23. Consultado o 2023-04-13. 
  24. Music, I. G. N. (2004-10-07). "Courtney Love & The Chelsea Tour". IGN (en inglés). Consultado o 2023-04-13. 
  25. "Hand of Doom Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-04-13. 
  26. "Hand of Doom - Live in Los Angeles". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-04-13. 
  27. "Ex-Hole/Pumpkins bassist covers Sabbath". Canoe. Archived from the original on 09 de xuño de 2014. Consultado o 13 de abril de 2023. 
  28. 28,0 28,1 Cantin, Paul (June 20, 2002). "Auf der Maur calls on friends for solo album". Jam!
  29. "Auf der Maur". Official Charts Company. Consultado o 2023-04-14. 
  30. Bosso, Joe (2010-02-05). "Melissa Auf der Maur calls Hole an "intense" experience". MusicRadar (en inglés). Consultado o 2023-04-14. 
  31. Bliss, Karen (2007-08-23). "Film, Comic To Augment Auf Der Maur Album". Billboard (en inglés). Consultado o 2023-04-14. 
  32. "An Interview with Melissa Auf der Maur - NXNE 2009 - June 19th, 2009". Lithium Magazine. 2014-07-14. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 2023-04-14. 
  33. "This Would be Paradise - Single by Melissa Auf der Maur" (en inglés). 2008-11-13. Consultado o 2023-04-14. 
  34. "Auf der Maur branches out". web.archive.org. 2015-09-24. Archived from the original on 24 de setembro de 2015. Consultado o 2023-04-14. 
  35. "Melissa Auf Der Maur - Out Of Our Minds" (en inglés). Consultado o 2023-04-14. 
  36. "Melissa auf der Maur - Out Of Our Minds". Consultado o 2023-04-14. 
  37. "Chart Log UK: A - Azzido Da Bass". www.zobbel.de. Consultado o 2023-04-14. 
  38. "Melissa Auf der Maur". Independent Music Awards (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2023. Consultado o 2023-04-14. 
  39. "Occupy the Inside". xmadmx.com. Consultado o 2023-04-14. 
  40. "Melissa Auf der Maur - Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-04-15. 
  41. 41,0 41,1 "Montreal Mirror : Artsweek". web.archive.org. 2012-06-30. Archived from the original on 30 de xuño de 2012. Consultado o 2023-04-15. 
  42. American Photo. Xullo-agosto de 2007
  43. "Melissa Auf Der Maur - Photography and Biography". famousphotographers.net (en inglés). Consultado o 2023-04-15. 
  44. "Music on ... Photography: Photos From Melissa Auf der Maur - National Geographic". Photography (en inglés). 2012-05-01. Consultado o 2023-04-15. 
  45. "Musician Carly Simon and daughter Sally Taylor attend the Cocktail...". Getty Images (en inglés). Consultado o 2023-04-15. 
  46. "Take Them to Church". The New Yorker (en inglés). 2013-09-18. Consultado o 2023-04-16. 
  47. "Basilica Hudson: About". Basilica Hudson. Consultado o 2023-04-16. 
  48. "Occupy the Inside". MAdM. 2012-06-15. Archived from the original on 15 de xuño de 2012. Consultado o 2023-04-16. 
  49. "Just one ad lib can spoil translator's careful work". Montreal Gazette. 9 de febreiro de 1991.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]