Lucena, Andalucía
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Andalucía | |||
Provincia | Córdoba | |||
Capital de | ||||
Capital | Lucena (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 42.813 (2023) (121,97 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 351 km² | |||
Altitude | 485 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | Juan Perez Guerrero (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 14900 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 14038 | |||
Sitio web | aytolucena.es | |||
Lucena é unha cidade e un concello español da provincia de Córdoba, en Andalucía. O concello ten unha superficie de 352,05 km².[1] Atópase a unha altitude de 487 metros e a 67 quilómetros da capital de provincia, Córdoba. Polo seu pasado xudeu tamén é coñecida como "Perla de Sefarad". Ademais, é das poucas cidades de España que ostenta o título de “mariana” debido á gran devoción que se lle profesa á súa patroa, María Santísima de Araceli. Esta foi nomeada patroa en 1851 e "alcaldesa perpetua" en 1955.
O seu nome provén do hebreo Eli ossana אלי הושענא (en hebreo: עברית), "Deus nos salve", nome co cal foi chamada orixinalmente polos xudeus, mentres que os musulmáns a denominaban اليشانة Al-Yussana. Trátase da principal poboación en termos demográficos e económicos da provincia tras a capital e está situada nun importante nó de comunicacións de estradas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Organismo Autónomo Centro Nacional de Información Geográfica (CNIG) (ed.). "Nomenclátor Geográfico de Municipios y Entidades de Población.". Consultado o 7 de xullo de 2023.