El Carpio
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Córdoba | ||||
Capital | El Carpio (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.327 (2023) (92,06 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 47 km² | ||||
Altitude | 138 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Francisco Ángel Sánchez Gaitán (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 14620 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 14018 | ||||
Sitio web | ayunelcarpio.es | ||||
El Carpio é un municipio español da provincia de Córdoba, Andalucía. Con 4.555 habitantes no ano 2012, unha extensión superficial de 47 km², tiña unha densidade de 96,3 hab/km². Está situado ao leste da provincia, desde os contrafortes de Serra Morena até o Guadalquivir, nunha paisaxe de fértiles terras de oliveiras, veigas e de cultivos herbáceos. Nas ribeiras do río existen uns soutos que resultan de grande interese natural pois serven de refuxio para numerosas aves acuáticas.
Tamén está situado xunto a dúas vías de comunicación importantes: a autovía A-4 (Madrid-Cádiz) e a liña de ferrocarril Madrid-Córdoba. No mesmo municipio de El Carpio, a poucos quilómetros do centro urbano e ao outro lado da autoestrada, encóntranse unha presa e unha central solar.
As súas coordenadas xeográficas son 37º 56' N, 4º 30' O. Atópase situada a unha altitude de 138 metros e a 30 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: El Carpio |
- Ayuntamiento de El Carpio
- El Carpio. Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía
- Día de la Inmaculada