Linguas otomangueanas
As linguas otomangueanas[1] constitúen unha extensa familia lingüística que abrangue varios grupos de linguas amerindias faladas entre o centro de México e Nicaragua, aínda que só sobreviven as linguas otomangueanas que se falan no territorio mexicano. O maior número de falantes desta familia atópase no estado de Oaxaca, os falantes de zapoteco e de mixteco suman xuntos cerca de 1,5 millóns de persoas (case a terceira parte da poboación oaxaqueña). O número total de falantes de todas as variedades xuntas supera os dous millóns.
No Altiplano, as linguas oto-pameanas pertencentes a esta familia contan cunha importante presenza en estados como Hidalgo, Querétaro, México, San Luis Potosí, Tlaxcala, Puebla e Guanajuato, onde existen importantes comunidades falantes de otomí e mazahua, así como pequenos núcleos que conservan outros idiomas desta rama, incluídos o chichimeca, tlahuica, matlatzinca e pame.
Varias linguas otomangueanas encóntranse en perigo de extinción, entre elas, as últimas catro mencionadas no parágrafo anterior. Como exemplo, o ixcateco e o matlatzinca contan cunhas poucas centenas de falantes. Grupos completos, como o mangueano, xa desapareceron.
Historia
[editar | editar a fonte]A familia lingüística otomangueana está presente no sur de México desde polo menos o ano 2000 a. C., aínda que probablemente esta presenza se estenda varios milenios máis atrás no pasado.[2] Empregando o controvertido método glotocronolóxico, propúxose que a data aproximada de ruptura do protootomangueano ocorreu arredor do ano 4400 a. C.[3] Suxeriuse que a urheimat otomangueana é o val de Tehuacán (sueste de Puebla), polo que puido estar relacionada con algunhas da culturas neolíticas máis antigas de Mesoamérica.
Aínda que a respecto da localización da urheimat otomangueana hai algunha controversia, parece existir consenso sobre que a cultura de Tehuacán, que se desenvolveu entre o 5000 e 2300 a. C., é expresión arqueolóxica de pobos de fala otomangueana.[3] A análise do vocabulario asociado á agricultura tamén é indicadora de que os pobos que falaron o protootomangueano tiveron unha participación relevante na domesticación do millo e outros cultivos, xunto cos falantes de protomixezoque e protomaia.[4]
A longa historia da familia otomangueana deu como resultado unha notable diverxencia lingüística entre os grupos que a compoñen. Terrence Kaufman compara o nivel de diferenciación que existe entre as ramas do tronco otomangueano co que se observa entre os principais grupos das linguas indoeuropeas.[5] Ademais, propón que as linguas otomangueanas poden ser a orixe de varios trazos lingüísticos que se presentan nos idiomas da área lingüística mesoamericana.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Historia dos estudos sobre as linguas otomangueanas
[editar | editar a fonte]A familia otomangueana está composta de sete ramas: amuzga, chinanteca, mixteca, otopame, popoloca, tlapaneca e zapoteca. A elaboración da descrición desta familia foi un gran logro da lingüística comparativa e histórica. A agrupación destas sete ramas en grupos que engloben varias ramas, incluíndo o intento representado no cadro de abaixo, non conta con moito acordo. De feito, varios autores presentaron reconstrucións intermedias baseadas en 2 ou 3 ramas, pero non está claro por exemplo que existira un proto-otomangueano oriental fronte a un proto-otomangueano occidental. A reconstrución do sistema fonolóxico do proto-otomangueano a partir das sete familias e sen tratar de reconstruír todos os grupos intermedios foi realizada por Rensh (1966).[6]
No século XIX, Manuel Orozco y Berra (1864) propuxera o parentesco das linguas zapotecas e as linguas mixtecas, incluíndo nesta proposta o cuicateco, o chocho e o amuzgo. Este mesmo autor encontrou un parentesco entre o otomí e o mazahua. Pouco despois, Pimentel (1865, 1874) engadiu ás anteriores o mazateca, o popoloca, o chatino e o chinanteco ao zapoteco-mixteco e relacionou o pame co otomí-mazahua. Daniel Brinton (1891) suxeriu que o chichimeca-jonaz e o pame estaban relacionados co otomí-mazahua. Así, a principios de século XX, recoñecéranse dous grupos relacionados, o grupo otopame e o grupo zapoteco-mixteco-amuzgo-popoloca.
A principios do século XX, Lehman (1920) engadiu o grupo chiapaneco-mangue e reorganizou os parentescos internos do otomangueano oriental. Jacques Soustelle (1935) estudou sistematicamente o grupo otopame así como o agrupamento interno. En 1926, Schmidt relacionou tentativamente o chiapaneco-mangue e o oto-pame e acuñou o termo otomí-mangue para a familia. Mais foi Sapir (1929) o primeiro autor que relacionou definitivamente o oto-pame-chiapaneco e o mixteco-zapoteco-amuzgo-popoloca, nunha forma equiparable ao moderno agrupamento, excepto polo feito de que o traballo de Suárez (1977) sobre o tlapaneco (me'phaa) e o subtiaba probou que estas linguas estaban relacionadas co resto do otomangueano máis que coas linguas hokanas como Sapir propuxera.[7] Swadesh incluíu o huave como lingua otomangueana, que actualmente se considera illada.
A partir de 1950 empezou o traballo reconstrutivo. O proto-otopame foi reconstruído por Doris Bartholomew, o proto-zapoteco por Morris Swadesh e o proto-chiapaneco-mangue por Fernández de Miranda e Roberto Weitlaner. A primeira proposta para o proto-otomangueano reconstruído é de Longacre (1957), e foi posteriormente revisado por el mesmo e Rensch.
Clasificación interna
[editar | editar a fonte]Clasificación das linguas otomangueanas | |||||
Familia | Grupos | Lingua | Territorio | ||
Linguas otomangueanas | Otomangueano occidental | Oto-pame-chinantecano | Oto-pameano | Otomí | Centro de México |
Mazahua | Estado de México | ||||
Matlatzinca | |||||
Tlahuica | |||||
Pame | |||||
Jonaz | Guanajuato, San Luis Potosí | ||||
Chinantecano | Chinanteco | Oaxaca e Veracruz | |||
Tlapaneco - mangueano | Tlapanecano | Tlapaneco | Guerrero | ||
Sutiaba (†) | Honduras | ||||
Mangueano | Chiapaneco (†) | Chiapas | |||
Mangue (†) | Nicaragua | ||||
Chorotega (†) | Costa Rica | ||||
Otomangueano oriental | Popoloca-Zapotecano | Popolocano | Mazateca | Oaxaca e Veracruz | |
Ixcateco | Oaxaca | ||||
Chocho | Oaxaca | ||||
Popoloca | Puebla | ||||
Zapotecano | Zapoteco | Oaxaca | |||
Chatino | Oaxaca | ||||
Papabuco | Oaxaca | ||||
Solteco | Oaxaca | ||||
Amuzgo - mixtecano | Amuzgo | Amuzgo | Oaxaca e Guerrero | ||
Mixtecano | Mixteco | La Mixteca | |||
Cuicateco | Cañada de Cuicatlán | ||||
Triqui | Oaxaca |
Características comúns
[editar | editar a fonte]Todas as linguas otomangueanas son tonais, e en moitas delas a nasalización ten un papel fonémico. Morfoloxicamente, o nome é relativamente simple, sendo o verbo a parte máis complexa da oración.
Fonoloxía
[editar | editar a fonte]O sistema fonolóxico do proto-otomangueano tal como foi reconstruído por Rensch é relativamente simple. Constaría de 9 consoantes, 4 vogais e 4 tons. O seguinte cadro resume os fonemas do proto-otomangueano:[8]
alveolar | palatal | velar | lab-vel | glotal | |
---|---|---|---|---|---|
oclusiva | *t | *k | *kʷ | *ʔ | |
fricativa | *s | *h | |||
sonorante | *n | *y | *w | ||
vogal pechada | *i | *u | |||
vogal aberta | *e | *a |
É de destacar a ausencia de consoantes labiais. En moitas ramas o fonema derivado /*p/ deriva do labiovelar /*kʷ/. Tamén convén notar a ausencia de oposición entre fonemas xordos e sonoros, que foi desenvolvida secundariamente noutras linguas otomangueanas (ás veces a partir de secuencias de nasal + oclusiva, ás veces doutras fontes). A seguinte táboa resume algúns dos cambios fonéticos principais que caracterizan as diferentes pólas do otomangueano:
proto- otomangueano |
proto- mixtecano |
Amuzgo | proto- popolocano |
proto- zapotecano |
Proto- -mangueano |
Proto- otopameano |
Proto- chinanteco |
---|---|---|---|---|---|---|---|
**t | *t | *t, *h[9] | *t | ||||
**k | *k | *k | *k | *k | *k, *č | *k | *k |
**kʷ | *kʷ | *p, *kʷ | *p | *p | *kʷ | ||
**s | *θ | *tʲ | *s | *s | |||
**n | *n | *n | *n | ||||
**y | *y | *y | *iH- | ||||
**w | *w | *w | *w | *uH- | *w | ||
**nt | *ⁿd | nt | *nt | *č | *ⁿd | *t | *z |
**nk | *ⁿg | nk | *nk | *ⁿg | *k | *g | |
**nkʷ | *ⁿgʷ | nkʷ | *ⁿb | *p | *gʷ | ||
**ns | *ⁿgʷ | c | *c | *č | *ⁿd | *c | *z |
**nn | nn | *m | *m | *m | |||
**ny | *l | *l | *L | *i | *i | *ni | |
**nw | *m | m | *m | *kʷ | *m | *m | *m |
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]As linguas otomangueanas non teñen inflexión no nome, aínda que admiten prefixos posesivos e clíticos para indicar o plural. Nalgunhas linguas a forma dos pronomes distingue entre persoa, animal ou cousa; isto pode considerarse unha distinción de xénero gramatical semanticamente determinado.
Existen poucos sufixos derivativos, sendo a composición o procedemento morfolóxico máis común para formar novas palabras.
En canto ao aliñamento morfosintáctico non existe coherencia ao largo da familia. Algunhas linguas mostran un tipo ergativo-absolutivo (o chinanteco e o tlapaneco), outras un tipo activo-inactivo (o chocho, o matlatzinca e probablemente o chiapaneco) e outras non mostran evidencia clara (mixteco, zapoteco) Non existe casos de claros de aliñamento nominativo-acusativo.[10]
Sintaxe
[editar | editar a fonte]Sintacticamente, a maioría das linguas otomangueanas teñen a orde básica de frases VSO. Nun bo número delas, o modificador segue ao modificado e o complemento sintáctico vai detrás do núcleo que o require.
Léxico comparado
[editar | editar a fonte]Diversos autores construíron listas de cognados dalgúns centenares de termos. Mais moitas desas listas, aínda que conteñen algunhas correspondencias regulares, están cheas de irregularidades, aumentos prefixados e sufixados que fan que as correspondencias sexan bastante inexactas. Polo que no estado actual, as linguas otomangueanas deben ser consideradas como unha macrofamilia tentativa. Os numerais seguintes mostran a diverxencia do léxico:[11][12]
GLOSA | OM oriental | OM occidental | PROTO-OM | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
PROTO- MIXTECO |
PROTO- AMUZGO |
PROTO- POPOLOCANO |
PROTO- ZAPOTECANO |
PROTO- MANGUE |
PROTO- OTOPAME |
PROTO- CHINANTECO |
PROTO- TLAPANECANO | ||
1 | ĩĩ | *kwi | *hnku | *ti-kéʔ | *-ʔná | *kãu | *-mba1 | ||
2 | *u-wi | *we | *yu-hu | *tukw | *hau- | *yo-hũ | *tũ | *-hma3 | *-hyu |
3 | *u-ni | *ndye | *ni-he | *tsna- | *ha- | *ʔyũ | *ʔn |
*-tsu4 | *ʔni- |
4 | *kumi | ñeke | *ñũhũ | *takw- | *a-hwa | *k |
*kyũ | *-ko3 | |
5 | *ʔũ | *ʔon | *ñũ-ʔũ | *kayuʔ | *hau-mu-he | *kĭtʔa | *ʔŋya | *wi2tsu3 | |
6 | *iñu | *yon | *ʃhãu (?) | *skwa | *ha-mba- | *ʔná-ʔtó | *hŋyu | *ma2hu2 | |
7 | *u-kyaʔ (?) | *ntykeʔ | *yãtu | *kati | *ndi- | *yo-tó | *gya(u) | *kya(tV) | |
8 | *u-ña | *ñe | *ʃnĩ | *snu | *sa-hu | *hñã-tó | *hŋya | *(h)ña- | *hña (?) |
9 | ĩ `ĩ ` | *ñhe | *ña(hã) | *kaʔ | *-li | *k |
*ŋyu | ||
10 | *kyi | *ki | *te | *tii | *hee-nda | *gya | *gu3wa3 |
Entre os cognados amplamente estendidos está *rini 'sangue, carne crúa' (otomí ngi 'carne', matlatzinca ríní 'carne', chatino tnẽ21 'sangue', zapoteco rini 'sangue', mixteco ñiñi 'sangue').
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Entrada otomangueano en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2017. Consultado o 15 de outubro de 2017.
- ↑ Kaufman & Justeson, 2009.
- ↑ 3,0 3,1 Campbell (1997, p.159)
- ↑ Bellwood, 2005: 235-239.
- ↑ Kaufman & Justeson 2009:227
- ↑ Rensch, 1966, capítulo 2
- ↑ Suaréz, Jorge, 1977, El Tlapaneco como lengua Otomangue, (ms) DF. UNAM, Mexico.
- ↑ Rensch, 1966
- ↑ Zapoteco *t, Chatino *h
- ↑ T. Kaufman, "Oto-Mangean Languages", en Concise Encyclopedia of Languages of the World, ISBN 978-0-08-087774-7
- ↑ "Oto-Manguean numerals (Eugene Chan)". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2012. Consultado o 15 de maio de 2012.
- ↑ Otomanguean numerals (Metaverse)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Belwood, Peter (2005). Blackwell, ed. The first farmers: the origin of agricultural societies.
- Campbell, Lyle (1997). Oxford University Press, ed. American Indian languages: the historical linguistics of Native America.
- Rensch, Calvin R. (1966). Indiana Universtiy Research Center for Language Sciences, ed. Comparative Otomanguean phonology (Language Science Monograph Series).
- Suárez, Jorge (1977). UNAM, México, D. F., ed. El Tlapaneco como lengua Otomangue.