[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lingua cree moose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cree moose
Ililîmowin
ᐃᓕᓖᒧᐎᓐ
Falado en: Canadá
Rexións: Ontario
Total de falantes: 3.000 (2007)
Familia: Álxico
 Algonquino
  Cree-innu-aimun-naskapi[1]
   Cree
    Cree moose
Escrita: alfasilabarios nativos canadenses
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: crm
Mapa
Status

O cree moose está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua cree moose é unha variedade da lingua cree falada principalmente en Moose Factory, Ontario.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Como dialecto da lingua cree, o cree moose clasifícase na póla algonquina da familia de linguas álxicas.

Nome da lingua

[editar | editar a fonte]

O termo cree moose deriva do topónimo Môsoniy, que quere dicir 'Illa Alce' ou Môso-sîpiy, que quere dicir 'río Alce'. O primeiro é o nome histórico dos lugares estivais dos falantes deste dialecto, mais o moderno concello de Moosonee apropiouse do nome, deixando a illa co nome oficial en inglés de Moose Factory, un nome que lembra a presenza histórica dun posto comercial da Hudson's Bay, orixinalmente chamado "fábricas". O hidrónimo citado fai referencia ao río onde se atopa devandita illa.[3] Os falantes do dialecto refírese á lingua como Ililîmowin.[3]

  1. Hammarström, Harald; Forkel, Robert; Haspelmath, Martin; Bank, Sebastian (2022-05-24). "Cree-Montagnais-Naskapi". Glottolog. Max Planck Institute for Evolutionary Anthropology. Arquivado dende o orixinal o 2022-10-15. Consultado o 2022-10-29. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Brousseau, Kevin (2015). A Dictionary of Moose Cree (2nd ed.). Moose Factory: Moose Cree First Nation. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]