[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lingua cheyenne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cheyenne
tsêhesenêstsestôtse
Pronuncia:[tse̥hɪsɪne̥stsɪsto̥tsɪ]
Falado en: Estados Unidos
Rexións: Montana e Oklahoma
Total de falantes: 380 (2020)[1]
Posición: Non está entre os 100 primeiros
Familia: Álxica
 Algonquina
  Algonquina das chairas
   Cheyenne
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: Reserva India dos Cheyennes do Norte[2]
Regulado por: Sen regulación oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1: (non ten)
ISO 639-2: chy
ISO 639-3: chy
Mapa

Distribución dos falantes de cheyenne antes da colonización.

Distribución dos falantes actuais da lingua.
Status

O cheyenne está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[3]

A lingua cheyenne[4] ou cheién[5][6] (en cheyenne: tsêhesenêstsestôtse, [tse̥hɪsɪne̥stsɪsto̥tsɪ]) é unha lingua indíxena falada polo pobo cheyenne, principalmente nos estados de Montana e Oklahoma (Estados Unidos). Forma parte da familia de linguas algonquinas, e como todas elas, ten unha complexa morfoloxía aglutinativa.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

O cheyenne é unha das linguas algonquinas, un subgrupo das linguas álxicas. Especificamente, clasifícase como unha das linguas algonquinas das chairas. Porén, as linguas algonquinas das chairas, que tamén inclúen á lingua arapaho é a lingua pés negros, son unha clasificación xeográfica máis que xenética.

Como todas as linguas algonquinas, o cheyenne ven dunha hipotética lingua primixenia chamada lingua protoalgonquina (a miúdo abreviada como PA). Os cambios fonolóxicos que experimentou até converterse no cheyenne moderno son complexos, como pode verse no cambio dende a verba protoalgonquina *erenyiwa (home) á verba cheyenne correspondente, hetane:

  1. O sufixo en protoalgonquino -wa desaparece (*erenyi).
  2. A secuencia vocálica xeminadas -yi simplifícase a -i (*ereni).
  3. O /r/ trócase en /t/ (*eteni).
  4. Engádese un /h/ diante da vogal inicial (*heteni).

Situación actual

[editar | editar a fonte]
Cartel do Chief Dull Knife College.

Practicamente a totalidade dos falantes actuais de cheyenne son persoas adultas, mesmo anciáns, coa excepción dalgúns nenos na Reserva india dos Cheyennes do Norte. Vense realizando esforzos para revitalizar a lingua, e dende 1998 celébranse campamentos de verán de inmersión na lingua e cultura cheyennes. Ademais existe un programa de estudos cheyennes no Chief Dull Knife College que inclúe á lingua entre as súas materias[7]. Ademais, o Consello Tribal dos Cheyennes do Norte declarouna lingua oficial[2] da Reserva india dos Cheyennes do Norte, e en setembro de 2007 aprobou unha resolución para a súa utilización nos documentos oficiais e na sinalización da reserva.[8]

O alfabeto cheyenne consta de 14 letras, amósanse nas seguintes táboas co son que ten cada unha das letras representado no Alfabeto Fonético Internacional.

A letra <h> non é muda, senón que se pronuncia de xeito moi semellante ao <h> inglés, e representa o son [h], agás cando vai diante de consoante, onde se pronuncia como [x] (semellante ao <ch> do alemán ach), e noutras grafías tense representado como <ch>. A <k>, que representa o son [k], ás veces ten sido grafada como <g>. O <š> representa ao fonema [ʃ], presente no galego como <x> ou no inglés como <sh>, e así ten sido grafado ás veces en cheyenne.

Consoantes
Bilabial Dental Postalveolar Velar Glotal
Oclusiva p
[p]
t
[t]
k
[k]
'
[ʔ]
Fricativa v
[v]
s
[s]
š
[ʃ]
x (ou h)
[x]
h
[h]
Nasal m
[m]
n
[n]

A letra <a> ou o dígrafo <aa> representan, respectivamente, aos sons [a] e [aː], e a súa correspondente xorda <â> representa ao son [ḁ]. A letra <e> adoita representar o fonema [ɪ], aínda que algunhas veces varía a [ɛ]; porén, a súa forma dobre <ee> representa ao son [ɛː], e a súa correspondente xorda <ê> pronúnciase como [e̥], do mesmo xeito que o <ô> pronúnciase [o̥]. En canto aos ditongos, <ae> pronúnciase como [aj] e <oe> como [oj], mentres que o ditongo <ao> representa un só fonema, [ɔ].

Vogais
Anterior Semianterior Posterior
Case pechada e
[ɪ]
Semipechada ee
[eː]
o
[o]
Semiaberta e
[ɛ]
ao
[ɔ]
Aberta a
[a]

Gramática

[editar | editar a fonte]

O cheyenne representa aos participantes dunha expresión non con pronomes separados senón como afixos no verbo. O seu sistema pronominal amosa tres trazos fundamentais das linguas algonquinas: tres persoas gramaticais (1ª, 2ª e 3ª) e unha adicional 3ª obviativa, dous números (singular e plural), animación (animado e inanimado) e inclusividade e exclusividade no plural da primeira persoa. A terceira persoa obviativa é unha elaboración da terceira; é unha terceira persoa "desenfocada". Cando hai dúas ou máis terceiras persoas nunha expresión, unha delas será obviada.

Afixos pronominais

[editar | editar a fonte]

Hai tres prefixos pronominais básicos en cheyenne:

  • ná- (primeira persoa)
  • né- (segunda persoa)
  • é- (terceira persoa)

Estes tres prefixos básicos poden combinarse con varios sufixos para expresar todas as diferenzas pronominais do cheyenne. Por exemplo, o prefixo ná- pode combinarse nun verbo co sufixo -me para expresar o plural exclusivo de primeira persoa ("nós, sen incluírte a ti"), como en nátahpetame, "nós.EXCL somos grandes."

O Noso Pai

[editar | editar a fonte]
Tséhéhe'tovatsemenoto tséhestoéstoveto he'amo'omééno, momóxeono'átamaneto. Néxho'hévehonoeo'o. Eme'nêheso tséhešetanoto hétsêhéno ho'eva hápó'e tséhéso hénêhéóhe he'amo'omééno. Oešeeva néxhoxomemenoo'o. Néhvonetanó'tôtse tséhešeó'ôhto'eétâhétse hápó'e tséévâheševonetanó'tomóvótse tséó'ôhto'eéhaetsee'e. Néhvéstâhémemenoo'o komaahe nâhtsêsáa'áahtóhénóne mâhvonôhóha'ónétse, naa máto ne'aseotšêšemenoo'o tséxhávêséva'e. Néma'xevéhoneve, néhestoháatamaahéstove, naa névó'ho'êho'hévatamaahe hétsetseha naa a'ene'xóvéva.

Outras palabras

[editar | editar a fonte]

Algunhas palabras en cheyenne, xunto coas reconstrucións en protoalgonquino:

  • ame (PA *pemyi, "graxa")
  • hë'e (PA *eθkwe·wa, "muller")
  • hetane (PA *erenyiwa, "home")
  • matana (PA *meθenyi, "leite")

Recursos de cheyenne

[editar | editar a fonte]
  • Louisa Fisher, Wayne Leman, Leroy Pine Sr., Marie Sanchez (2013). Lulu Press, ed. Cheyenne Dictionary. ISBN 9781847287069. 
  • Wayne Leman (2014). Lulu Press, ed. A Reference Grammar of the Cheyenne Language. ISBN 9781105650062. 
  1. Entrada correspondente en Ethnologue, (en inglés), consultado o 2 de xuño de 2022
  2. 2,0 2,1 Ordenanza N. 10(97) do Northern Cheyenne Tribal Council que declara ao cheyenne lingua oficial da Northern Cheyenne Indian Reservation Arquivado 15 de novembro de 2012 en Wayback Machine., (en inglés), accedido o 15 de xullo de 2011
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  4. Definición de cheyenne* no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  5. García-Miguel, José M. (2000). "Linguas do mundo e tipoloxía lingüística". En F. Ramallo; G. Rei-Doval; X.P. Rodríguez Yáñez. Manual de Ciencias da Linguaxe (PDF). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. pp. 173–220. ISBN 84-8302-588-4. 
  6. Hermida Borrajo, Xosé Avelino; López Martínez, María Cruz (2006). "cheyene-cheién". Gran dicionario século 21. Editorial Galaxia. p. 139. ISBN 9788482893549. 
  7. Course Descriptions: Cheyenne Studies, (en inglés), accedido o 15 de xullo de 2011
  8. Resolution of the Northern Cheyenne Tribal Council expanding ordinance no. 10(97) Arquivado 16 de abril de 2014 en Wayback Machine., (en inglés), accedido o 15 de xullo de 2011

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]