[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Leucismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os gatos brancos usualmente son leucísticos.

O leucismo (do grego antigo λευκóσ leukós, branco, e -ismo) é unha particularidade xenética debida a un xene recesivo, que dá unha cor branca á pelaxe dos mamíferos, á plumaxe das aves (os ollos manteñen a súa cor normal, a diferenza dos albinos), e incluso á pel dalgúns réptiles, anfibios e peixes.

O adxectivo para referirse aos animais que presentan este fenómeno é leucístico.

O leucismo é diferente do albinismo: os animais leucísticos non son máis sensíbeis á luz do sol que o resto. Pola contra, poden ser incluso lixeiramente máis resistentes, xa que ao teren a cor branca un albedo elevado protexe máis da calor.

O contrario do leucismo é o melanismo.

Galerías

[editar | editar a fonte]
Mamíferos leucísticos
Aves leucísticas
Réptiles a anfibios leucísticos
Peixes leucísticos

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]