[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Kuopio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaKuopio
Vista aérea
Fotomontaxe
Vista no inverno
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 62°53′33″N 27°40′42″L / 62.8925, 27.6783
EstadoFinlandia
Axencia RexionalRegional State Administrative Agency for Eastern Finland (en) Traducir
RexiónSavonia do Norte Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación124.131 (2024) Editar o valor en Wikidata (38,29 hab./km²)
Lingua oficiallingua finesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaSubrexión de Kuopio Editar o valor en Wikidata
Superficie3.241,74 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude82 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Vehmersalmi (mul) Traducir, Karttula (mul) Traducir, Nilsiä (mul) Traducir, Maaninka (mul) Traducir, Juankoski (mul) Traducir, Kuopion maalaiskunta (mul) Traducir e Riistavesi (mul) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación1653 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoJarmo Pirhonen (en) Traducir (2018–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoKuopio City Council (en) Traducir , (Escano: 59) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal70101–70840 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webkuopio.fi Editar o valor en Wikidata
Facebook: kuopionkaupunki Twitter: Kuopionkaupunki Instagram: kuopionkaupunki LinkedIn: city-of-kuopio Youtube: UC2sDyWI-Np1jSXuge3ejDAw Vimeo: kuopiokanava TikTok: cityofkuopio Editar o valor en Wikidata

Kuopio é unha cidade da rexión de Savonia do Norte (Finlandia). Ten 97.552 habitantes (2012),[1] sendo a cidade máis poboada da provincia de Finlandia Oriental.

Kuopio é coñecida por ser o berce dos pasteis de peixe finlandeses Kalakukko, polo dialecto Savo, polo outeiro de Puijo e pola torre de Puijo, que ofrece ao visitante unha vista magnífica da rexión. O outeiro de Puijo alberga tamén unha competición anual de salto de esquí.

Topónimo

[editar | editar a fonte]

Hai diversas hipóteses sobre a orixe do nome Kuopio. A primeira remóntase ao século XVI, cando un persoeiro de grande influencia chamado Kauhanen en Tavinsalmi trocou o seu nome por Skopa e a pronunciación da xente era Coopia, derivando despois a Cuopio. A segunda explicación afirma que o nome provén do verbo finés kuopia, que quere dicir, por exemplo, cando un cabalo raña o chan cos pezuños. A terceira hipótese di que o nome viría dun nome de home propio de Carelia Prokopij, de Ruokolahti na Idade Media. Esta última explicación parece ser a máis probable, xa que está documentada polo Instituto de Investigación para as Linguas de Finlandia.

Kuopio foi fundada en 1653 polo gobernador Peter Brahe, mais a data oficial de fundación recoñecida é o 17 de novembro de 1775, cando o rei Gustavo III de Suecia ordenou que fose establecida a cidade de Kuopio. O municipio de Karttula foi anexionado ao de Kuopio en 2011, do mesmo xeito que fixeran anteriormente os de Vehmersalmi (2005), Riistavesi (1973) e Kuopion maalaiskunta (1969).

Demografía

[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación :

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A cidade está rodeada polo lago Kallavesi e parte da cidade foi construída en illas, como o proxecto Saaristokaupunki (literalmente Cidade Arquipélago), a área residencial máis grande que se está a construír na actualidade en Finlandia.[2] O seu relevo é bastante marcado, estando o centro da cidade dominado polo outeiro de Puijo e a súa torre.

Dende a súa fusión con Vehmersalmi en 2005, limita cos concellos de: Siilinjärvi e Nilsiä ao norte, Juankoski e Tuusniemi ao leste, Leppävirta ao sur, Suonenjoki e Kartula ao oeste, e Maaninka ao noroeste.

Kuopio
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura media máxima (°C) -6,2 -5,9 -0,3 5,5 14 19,2 21,4 18,5 12,3 5,9 -0,2 -4,1
6,68
Temperatura media mínima (°C) -13,2 -13,4 -8,3 -2,8 3,8 10,4 13,1 11,3 6,4 1,5 -4,5 -10.3
-0.5
Precipitacións (mm) 41,2 31,1 34,2 31,9 38,8 65,4 76,9 80,2 58,6 52,8 51,1 45,6
607,8
Fonte: World Meteorological Organisation (UN) [3]

A meirande parte da poboación de Kuopio fala finés, habendo unha minoría de falantes de sueco (0,1%). Algunhas das primeiras escolas con estudos en finés foron creadas en Kuopio, como a escola para cegos (1871) e a escola de comercio (1887). A nivel dialectal, a cidade está situada en plena zona dos dialectos da Finlandia oriental, e máis concretamente os que son denominados Savo (de Savonia), os cales ocupan unha extensión moito máis grande do que é, de feito, a rexión histórica de Savonia.

Educación e cultura

[editar | editar a fonte]

Kuopio é unha das cidades con maior tradición no campo da educación. A cidade é coñecida como o centro cultural de Finlandia Oriental, oferecendo diversos eventos importantes como o festival de danza de Kuopio e o festival de viño de Kuopio.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2012. Consultado o 05 de xuño de 2012. 
  2. "Kuopion korkein asuinkerrostalo nousi harjakorkeuteen". Suomen Kiinteistölehti. 2008-10-16. p. 14. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2009. Consultado o 05 de xuño de 2012. 
  3. "World Weather Information Service – Kuopio". United Nations. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]