[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Kim Shattuck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKim Shattuck

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xullo de 1963 Editar o valor en Wikidata
Burbank, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte2 de outubro de 2019 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteesclerose lateral amiotrófica Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1985 Editar o valor en Wikidata - 2019 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRock alternativo e pop punk Editar o valor en Wikidata
InstrumentoBaixo, guitarra e voz Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteKim Shattuck, Musician Who Fronted the Muffs, Is Dead at 56 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1505518 Musicbrainz: 841aff66-8fed-425d-80d5-bc6b74b91966 Songkick: 2816031 Discogs: 407282 Allmusic: mn0000100170 Editar o valor en Wikidata

Kimberly Dianne Shattuck, nada o 17 de xullo de 1963 e finada o 2 de outubro de 2019, foi a cantante e guitarrista da banda The Muffs e foi membro dos Pixies, tocando o baixo con eles en 2013. Dende 1985 ata 1990 foi membro de The Pandoras. En 2001 foi cantante, guitarrista e compositora de The Beards, un proxecto paralelo composto por Shattuck, Lisa Marr e Sherri Solinger.

Kim cantou no tema de NOFX "Lori Meyers" do álbum Punk in Drublic. Tamén cantou nunha canción de Bowling for Soup, "I'll Always Remember You (That Way)", aparecido no sinxelo "My Wena". Colaborou poñendo voces na canción de Kepi Ghoulie "This Friend of Mine", do álbum American Gothic.