David Lovering
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de decembro de 1961 (62 anos) Burlington, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Wentworth Institute of Technology (en) Burlington High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | músico, batería, mago |
Período de actividade | 1986 - |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Instrumento | Batería |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | davidlovering.com |
David Lovering, nado en Burlington (Massachusetts) o 6 de decembro de 1961, é un músico e ilusionista estadounidense. É coñecido sobre todo polo seu traballo como batería na banda de rock alternativo Pixies, á cal se uniu no ano 1986. Despois da separación do grupo en 1993 Lovering tocou a batería en varios proxectos, coma The Martinis, Cracker, Nitzer Ebb e Tanya Donelly. Tamén ten unha carreira de ilusionista onde é coñecido coma The Scientific Phenomenalist; realizando experiementos científicos no escenario. Cando os Pixies reuníronse no 2004 Lovering volveu como o seu batería.
A súa primeira batería foi unha Gretsch e usouna durante o primeiro ano que estivos cos Pixies. Reemprazouna por unha Tama Artstar II despois de Come on Pilgrim. Esta foi substituída por unha Pearl e na actualidade toca cunha Gretsch[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aprendeu a tocar a batería durante a súa adolescencia e uniuse á banda de marcha do seu instituto. Na súa entrada do anuario do instituto Lovering escribiu os súas principais aspiracións: estar nunha banda de rock, ser enxeñeiro eléctrico e xirar con Rush, a súa banda favorita. Despois de graduarse, Lovering estudou enxeñería eléctrica no Wentworth Institute of Technology en Boston. Conseguiu un traballo nunha tenda da cadea RadioShack co seu amigo John Murphy, e, despois de graduarse en Wentworth cun título de grao en 1982, traballou fabricando láseres e continuou tocando a batería en bandas locais como Iz Wizard e Riff Raff.
Pixies
[editar | editar a fonte]En 1985 Lovering asistiu á voda de Murphy e Kim Deal. En xaneiro de 1986 Deal foi contratada para tocar o baixo na recentemente creada Pixies, unha banda de rock alternativo fundada por Charles "Black Francis" Thompson e Joey Santiago. Murphy suxeríulle a Lovering que fixese unha audición coa banda, que aínda non tiña batería. Lovering deixara de tocar a batería nese tempo e nun principio non quedara impresionado pola interpretación das cancións do trío. Porén, despois de tocar xuntos uniuse a eles.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |