[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Kasimir Malevich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKasimir Malevich

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pl) Kazimierz Malewicz Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Казиміръ Малевичъ Editar o valor en Wikidata
11 de febreiro de 1879 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Kíiv (Imperio Ruso) Editar o valor en Wikidata
Morte15 de maio de 1935 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
San Petersburgo (Unión Soviética) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de próstata Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoVangardas, visual art activity (en) Traducir, estudo da historia da arte, Suprematismo, artes visuais e Arte abstracta Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Viciebsk
Kursk
Moscova
Varsovia
Berlín
San Petersburgo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, teórico da arte, debuxante, deseñador, artista visual, historiador da arte, diseñador de vestuario, mestre, escenógrafo, escultor, gravador, pedagogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorVitebsk People's Art School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Supremus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoEscenografía, pintura, Arte abstracta, Natureza morta e arte figurativa Editar o valor en Wikidata
MovementoSuprematismo, Vanguarda russa (pt) Traducir e construtivismo Editar o valor en Wikidata
Catálogo críticoKasimir Malewicz. Catalogue raisonné (en) Traducir (2002) Editar o valor en Wikidata
AlumnosEmma Hurovych (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
12 de xuño de 1987documenta 8
11 de xullo de 1959Documenta II (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeKazimiera Sgleitz
Sofia Rafalovich Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
claim for restitution of an artwork (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
UbuWeb
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1083857 Musicbrainz: df893a61-1bb4-4c9b-9824-7e4fdcad2279 Find a Grave: 13688391 Editar o valor en Wikidata

Kasimir Severinovich Malevich (Казимир Северинович Малевич en ruso, Malevych en transcrición ucraína), nado en Kíiv o 23 de febreiro de 1879 e finado en Leningrado o 15 de maio de 1935, foi un pintor e teórico da arte, pioneiro da arte abstracta e un dos pintores rusos de maior sona.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nenez e xuventude

[editar | editar a fonte]

Kasimir Malevich naceu preto de Kíiv, Ucraína. O seu pai, Sewerin Antonowitsch Malewitsch (1845–1902) e maila súa nai, Ljudwiga Alexandrowna (1858–1942) eran xudeus de orixe polaca. Na súa familia, ademais do ruso e do ucraíno tamén se falaba o polaco. O seu pai traballaba como encargado dunha fabrica da industria azucreira. Kazimir foi o primeiro de 14 fillos, aínda que só nove deles chegaron á idade adulta. A súa familia mudábase a miúdo, polo que pasou a súa infancia en moitas vilas ucraínas rodeadas por plantacións de remolachas azucreiras, lonxe dos centros culturais do país. Ata os 12 anos non tivo ningún tipo de coñecemento sobre a arte, malia estar rodeado dela durante a súa nenez. Aos 13 anos de idade comezou a interesarse polo debuxo de temas vencellados coa natureza.

Formación, docencia e produción pictórica

[editar | editar a fonte]
Primavera, xardín en flor 1912

Estudou debuxo en Kíiv dende 1895 ata 1896. En 1896 a familia mudouse a Kursk, onde o pai obtivera un cargo na xerencia dunha empresa ferroviaria, aceptando o seu fillo un emprego como técnico deliniante. A través de reproducións, Malevich coñece o traballo de Iván Shishkin e Ilia Repin, dous pintores naturalistas pertencentes a un grupo coñecido como Os Itinerantes.

Comezou a pensar que a súa misión como artista é representar a natureza o máis obxectivamente posible. Entre os empregados do ferrocarril, coñeceu algúns afeccionados e amantes da arte cos que forma unha asociación e un obradoiro cooperativo. Alí oíu falar das Escolas de San Petersburgo e Moscova. Sentiu a necesidade de formarse academicamente e marchou a Moscova en 1904. O seu traballo, nesta época, faise cada vez máis impresionista. Foi un período relativamente longo e estable, no que a súa atención se centrou nos estudos das paisaxes, con composicións sólidas, malia a fragmentación.

En Moscova estudou na Escola de Pintura, Arquitectura e Escultura dende 1904 ata 1910. Durante ese tempo viviu no obradoiro de Fedor Rerberg en Moscova. No ano 1911 participou na segunda exposición do Soyus Molod'ozhi (Unión da xuventude) en San Petersburgo, xunto con Vladimir Tatlin. En 1912, o grupo fixo a súa terceira exposición, incluíndo traballos de Aleksandra Ekster e Tatlin entre outros. En 1914 Malevich exhibiu os seus traballos no Salon des Independants en París xunto con Alexander Archipenko, Sonia Terk, Aleksandra Ekster e Vadim Meller, entre outros. Ao ano seguinte publicou o seu manifesto .

En 1915 Kazimir Malévich, xunto con Lariónov e Vladímir Mayakovski, publica o Manifesto Dende o Cubismo ao Suprematismo que propón

«a liberación da determinación sensorial, é dicir da experiencia obxectiva; a pintura suprematista de Malévich declárase contra toda deformación do espazo ilimitado que, libre de toda dimensionalidade e mensurabilidade, debe representar a substancia absoluta que é igual ao espírito puro».[1]

Malévich consideraba que había que liberar a arte de todo o peso inútil do obxecto, evidenciándose na súa obra co emprego de formas puras como círculos, rectángulos ou triángulos, cores básicas. Así se afastou da pintura figurativa e sentou as bases do neoplasticismo holandés (De Stijl) e do construtivismo ruso.

Entre 1916 e 1917 participou nas exposicións do grupo Jack dos Diamantes en Moscova xunto con Nathan Altman, David Burliuk e A. Ekster, entre outros.

Despois dos seus experimentos con varios estilos modernistas como o cubismo e o futurismo na ópera cubo-futurista Pobeda nad Solntsem ("A Vitoria sobre o sol"), Malevich comezou a traballar co abstracto e os estampados non xeométricos, fundando un movemento que chamou suprematismo. Algúns exemplos do seu suprematismo son Cadrado Negro (1915) e Branco sobre Branco (1918).

En 1925 uniuse ao corpo docente da escola Wchutemás,[2] porén o seu grupo UNOVIS, da Escola de Arte Práctica de Vítebsk (hoxe en día parte de Belarús), que incluía El Lissitzky, tiña exposto anteriormente en Wchutemás, en 1921, no tempo en que Malevich era docente en Vítebsk.[3] Aínda que o constructivismo aparentemente se desenvolveu como unha forma de arte na gráfica e na escultura, tiña a arquitectura e a construción como tema subxacente. Esta última influencia impregnou a escola rusa. A educación artística en Wchutemás adoitaba ser multidisciplinar, derivada das súas orixes como unha fusión entre unha facultade de Belas Artes e unha escola de artesanía, de xeito paralelo á Bauhaus.

Malevich tamén era coñecido pola súa fascinación pola fotografía aérea e a aviación, facendo arte abstracta inspirada nas paisaxes a vista de paxaro.

Cadrado Negro, 1915, óleo sobre tela, Museo Ruso Estatal, San Petersburgo
Mañá na vila após tormenta de neve

Foi membro do Colexio de Arte de Narkompros, a comisión de protección dos monumentos e museos. Impartiu clases, ademais de na Wchutemás e en Vítebsk, na Academia de Artes de Leningrado (1922-1927), no Instituto de Arte Nacional de Kíiv (1927-1929), e na Casa das Artes de Leningrado (1930). Tamén escribiu o libro The Non-Objective World: The Manifesto of Suprematism ("O mundo non obxectivo") Múnic 1926, no cal amosaba as súas teorías supremacistas.

En 1927, viaxou dende Varsovia ata Alemaña facendo unha viaxe retrospectiva que lle deu sona mundial, e que fixo que cando volvera á Unión Soviética deixase gran parte das súas obras atrás. Cando o réxime stalinista se volveu contra a arte moderna "burguesa", Malevich foi perseguido. Moitos dos seus traballos foron confiscados e esnaquizados, e el acabou morrendo na miseria e soidade en Leningrado (hoxe San Petersburgo).

  1. Thomas, K. Diccionario del arte actual. Barcelona, 1978, Editorial Labor, páxina 191.
  2. Néret, Gilles. Kazimir Malevich 1878–1935 e suprematismo, Taschen, 2003, páxina 93, ISBN 3-8228-1961-1.
  3. Clark, TJ Farewell to an Idea: Episodes from a History of Modernism, Yale University Press , 1999, páxina 268, ISBN 0-300-08910-4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]


Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]