[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Jon Stewart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJon Stewart

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en-us) Jonathan Stuart Leibowitz Editar o valor en Wikidata
28 de novembro de 1962 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Nova York (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónThe College of William and Mary (–1984)
Lawrence High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhumorista, xornalista, actor de televisión, produtor de cinema, produtor de televisión, comentarista político, escritor, director de cinema, guionista, actor de cinema, presentador de televisión, actor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioJon Stewart Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0829537 Allocine: 29595 Allmovie: p235015 TCM: 184714 TV.com: people/jon-stewart
Twitter: jonstewart BNE: XX1500517 Last fm: Jon+Stewart Musicbrainz: 3c3ebf04-68b7-4140-bef3-7ed0aeda07f0 Songkick: 478983 Discogs: 1428975 Allmusic: mn0002928000 WikiTree: Leibowitz-31 Editar o valor en Wikidata

Jon Stewart, nado Jonathan Stuart Leibowitz o 28 de novembro de 1962[1] en Nova York, é un satirista político, presentador de televisión, actor e humorista estadounidense, amplamente coñecido no seu país como o presentador de The Daily Show, un informativo satírico que emite Comedy Central.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Stewart comezou como humorista na década de 1980, chegou á televisión como presentador en 1991 de Short Attention Span Theater de Comedy Central. En 1992tivo o seu propio programa na MTV chamado You Wrote It, You Watch It, e posteriormente tivo outro programa na cadea The Jon Stewart Show (1993-1995) e en 1999 converteuse no presentador de The Daily Show substituíndo a Craig Kilborn, sendo tamén un dos produtores executivos e guionistas do programa centrándoo máis cara a política, levou un Emmy en 2001 e dous Peabody. Tamén actuou en varias películas como Big Daddy (1998) ou Death to Smoochy (2002).

Stewart gañou recoñecemento coa súa crítica satírica e acerba de personalidades dos medios de comunicación, en particular da CNN, Fox News Channel e MSNBC.[2] Os críticos afirman que Stewart pretende tratar de vez á política como unha broma e dar leccións de civismo.[3][4] Stewart concorda, dicindo que nin o seu programa nin a súa canle pretende outra cousa que a sátira e a comedia, aínda así o seu programa foi candidato e gañou premios pola súa cualidade xornalística e informativa. Stewart presentou os premios Óscar en dúas ocasións (2006 e 2008) e é coautor do libro America (The Book): A Citizen's Guide to Democracy Inaction, que foi un dos libros máis vendidos nos Estados Unidos en 2004[5] e Earth (The Book): A Visitor's Guide to the Human Race editado en 2010.

  1. Jeremy Gillick; Nonna Gorilovskaya (November/December 2008). "Meet Jonathan Stuart Leibowitz (aka) Jon Stewart: The wildly zeitgeisty Daily Show host". Moment. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2011. Consultado o 2009-08-10. 
  2. "Awards for Jon Stewart". Internet Movie Database. Consultado o April 23, 2008. 
  3. Tucker, Ken (November 1, 2004). "You Can't Be Serious!". New York. Consultado o July 26, 2006. 
  4. "CNN CROSSFIRE". CNN. Consultado o April 23, 2008. 
  5. "The top 100 selling books of 2004". USA Today. December 20, 2004. Consultado o November 6, 2006.