[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Jerry Lewis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJerry Lewis

(1957) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Joseph Levitch Editar o valor en Wikidata
16 de marzo de 1926 Editar o valor en Wikidata
Newark, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte20 de agosto de 2017 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Las Vegas, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza cardiovascular Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Os Ánxeles
Irvington High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhumorista, produtor, produtor de televisión, realizador, humanitario, produtor de cinema, actor, actor de televisión, cantante, actor de cinema, actor de teatro, director de cinema, músico, guionista, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1931 Editar o valor en Wikidata - 2017 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoComedy music (en) Traducir e música pop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoDecca Records Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalDean Martin: Martin and Lewis Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeSanDee Pitnick (1983–2017) Editar o valor en Wikidata
FillosGary Lewis Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webjerrylewiscomedy.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001471 Allocine: 3023 Rottentomatoes: celebrity/jerry_lewis Allmovie: an8160 81916 TV.com: people/jerry-lewis IBDB: 79448
BNE: XX1074646 Musicbrainz: 0b696251-6f12-42e1-9302-926581ea5e08 Songkick: 328268 Discogs: 1248950 WikiTree: Levitch-5 Find a Grave: 182580894 Genius: Jerry-lewis Editar o valor en Wikidata

Joseph Levitch, coñecido como Jerry Lewis, nado en Newark (Nova Jersey) o 16 de marzo de 1926 e finado en Las Vegas o 20 de agosto de 2017, foi un cómico, actor, cantante, produtor, guionista e director estadounidense. É coñecido polo seu humor slapstick no cinema, a televisión, a radio e o teatro. Orixinalmente formou parella artística con Dean Martin.

Durante máis de corenta anos Lewis foi o presentador do maratón televisivo da asociación de distrofia muscular.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Lewis naceu en Nova Jersey nunha familia de orixe xudía rusa.[1] O seu pai, Daniel Levitch, era presentador de vodevil[2] e a súa nai, Rachel ("Rae") Levitch (Brodsky), tocaba o piano nunha emisora de radio.[3] Lewis comezou a actuar aos cinco anos e aos quince xa creara o seu "Record Act", no que interpretaba con mímica esaxeradamente as letras das cancións dun fonógrafo. Utilizou inicialmente o nome artístico de Joey Lewis, mais cambiouno para evitar confusións co cómico Joe E. Lewis e o boxeador Joe Louis.[4]

Conseguiu a fama co cantante Dean Martin no equipo cómico Martin and Lewis durante a década de 1940. A finais da década xa eran coñecidos en toda a nación, primeiro polas interpretacións en clubs nocturnos e despois co seu propio programa de radio. Debutaron na televisión o 20 de xuño de 1948 no programa de Ed Sullivan e comezaron no cinema en 1949 con My Friend Irma.

Porén, as personaxes de Martin nos filmes ían sendo cada vez menos importantes e finalmente a parella acabou rompendo o 24 de xullo de 1956, seguindo ambos os dous as súas carreiras en solitario con éxito. Tras algunhas aparicións xuntos reconciliáronse en 1987 trala morte do fillo de Martin e en 1989 actuaron xuntos no teatro por última vez.[5]

Trala ruptura, Lewis permaneceu na Paramount e converteuse nunha estrela da comedia a partir do seu primeiro filme en solitario, The Delicate Delinquent (1957).

En 1960 o atraso da estrea de Cinderfella levou á Paramount a pedirlle un filme propio e Lewis debutou como director con The Bellboy. A este seguiron outros filmes coescritos con Bill Richmond.

A partir de 1966 deu clases de dirección na Universidade do Sur de California nos Ánxeles; entre os seus alumnos estiveron Steven Spielberg e George Lucas.[6] Interveu tamén en musicais, debutando en Broadway en 1994 con Damn Yankees, coreografado por Rob Marshall.[7]

En 1983 protagonizou The King of Comedy, de Martin Scorsese.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Filmes de Martin e Lewis

[editar | editar a fonte]
Ano Filme Personaxe Notas
1949 My Friend Irma Seymour
1950 My Friend Irma Goes West Seymour
1950 At War with the Army PFC Alvin Korwin
1951 That's My Boy 'Junior' Jackson
1952 Sailor Beware Melvin Jones
1952 Jumping Jacks Hap Smith
1952 Road to Bali 'Woman' in Lala's Dream Cameo
1952 The Stooge Theodore Rogers Coguionista sen acreditar
1953 Scared Stiff Myron Mertz
1953 The Caddy Harvey Miller, Jr.
1953 Money from Home Virgil Yokum Filmado en 3-D
1954 Living It Up Homer Flagg
1954 3 Ring Circus Jerome F. Hotchkiss Reestreado en 1978 como Jerrico The Wonder Clown
1955 You're Never Too Young Wilbur Hoolick
1955 Artists and Models Eugene Fullstack
1956 Pardners Wade Kingsley Sr/Wade Kingsley Jr.
1956 Hollywood or Bust Malcolm Smith

Filmes de Lewis

[editar | editar a fonte]
Ano Filme Personaxe Notas
1957 The Delicate Delinquent Sidney L. Pythias
1957 O recruta Bixby Private Meredith Bixby
1958 Rock-A-Bye Baby Clayton Poole
1958 The Geisha Boy Gilbert Wooley
1959 Non abandóne-lo barco John Paul Steckler I, IV, and VII
1959 Li'l Abner Itchy McRabbit Cameo
1960 Visita a un pequeno planeta Kreton
1960 The Bellboy Stanley / El mesmo Tamén director
1960 Cinderfella Cinderfella
1961 The Ladies Man Herbert H. Heebert / Mama Heebert Tamén director
1961 The Errand Boy Morty S. Tashman Tamén director
1962 It's Only Money Lester Marsh
1963 The Nutty Professor Professor Julius Kelp / Buddy Love / Baby Kelp Tamén director
1963 O mundo está tolo, tolo, tolo Man Who Runs Over Hat Cameo
1963 Who's Minding the Store? Norman Phiffier
1964 The Patsy Stanley Belt / Singers of the Trio Tamén director
1964 The Disorderly Orderly Jerome Littlefield
1965 The Family Jewels Willard Woodward / James Peyton / Everett Peyton / Julius Peyton / Capt. Eddie Peyton / Skylock Peyton / 'Bugs' Peyton Tamén director
1965 Boeing Boeing Robert Reed
1966 Tres nun sofá Christopher Pride / Warren / Ringo Raintree / Rutherford / Heather Tamén director
1966 Way...Way Out Pete Mattermore
1967 The Big Mouth Gerald Clamson / Syd Valentine Tamén director
1968 Don't Raise the Bridge, Lower the River George Lester
1969 Hook, Line & Sinker Peter Ingersoll / Fred Dobbs
1970 One More Time Offscreen voice of the bandleader Tamén director
1970 Por onde se vai ó frente Brendon Byers III Tamén director
1972 The Day the Clown Cried Helmut Doork Tamén director; Filmado en 1971/1972; inédito
1981 Hardly Working Bo Hooper Tamén director. Estreado en Europa en 1980
1983 The King of Comedy Jerry Langford Filmado en 1981; estreado en Europa en 1982
1983 Cracking Up Warren Nefron / Dr. Perks Tamén director; estreado en cines en 1985 como Smorgasbord
1984 Slapstick (Of Another Kind) Wilbur Swain / Caleb Swain Estreado en Europa en 1982
1984 Retenez Moi...Ou Je Fais Un Malheur Jerry Logan Filme francés
1984 Par où t'es rentré ? On t'a pas vu sortir Clovis Blaireau Filme francés
1987 Fight For Life Dr. Bernard Abrams Telefilme da ABC
1989 Cookie Arnold Ross
1992 Mr. Saturday Night Guest Cameo
1994 Arizona Dream Leo Sweetie Filmado en 1991 e estreado en Europa en 1993
1995 Funny Bones George Fawkes
2008 The Nutty Professor Professor Julius Kelp / Buddy Love (voz) Secuela animada do orixinal de 1963
2010 Curious George 2: Follow That Monkey! Stationmaster Voz
2011 Method to the Madness of Jerry Lewis El mesmo Documental, tamén produtor
2013 Max Rose Max Rose
2013 Até que a Sorte nos Separe 2 Bellboy Filme brasileiro; actor invitado
2016 The Trust
  1. "Jerry Lewis". Encyclopædia Britannica. Consultado o 26 de xuño de 2010. 
  2. "The Official Jerry Lewis Comedy Museum and Store". Jerrylewiscomedy.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2009. Consultado o 23 de outubro de 2011. 
  3. In Person, p. 12
  4. In Person, p. 85
  5. Lewis, Jerry; Kaplan, James (23 de outubro de 2005). "'We Had That X Factor' (Dean Martin and Jerry Lewis)". Parade. Consultado o 7 de novembro de 2008. 
  6. Jerry Lewis: TV Guide Biography
  7. Canby, Vincent (13 de marzo de 1995). "Theater Review: Damn Yankees; Finally, Jerry Lewis Is on Broadway". The New York Times. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Everybody Loves Somebody Sometime (Especially Himself): The Story of Dean Martin and Jerry Lewis de Arthur Marx, Nova York: Hawthorn Books, 1974, ISBN 978-0-8015-2430-1.
  • The Jerry Lewis Films de James L. Neibaur e Ted Okuda. Jefferson, Carolina do Norte: McFarland & Company, 1994, ISBN 0-89950-961-4
  • King of Comedy: The Life and Art of Jerry Lewis de Shawn Anthony Levy. Nova York: St. Martin's Press, 1997, ISBN 978-0-312-13248-4
  • That Kid: The Story of Jerry Lewis de Richard Gehman. Nova York: Avon Books, 1964.
  • Young, Jordan R. (1999). The Laugh Crafters: Comedy Writing in Radio & TV's Golden Age. Beverly Hills: Past Times Publishing. ISBN 0-940410-37-0.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]