[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Jaguar Racing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jaguar
Nome completo Jaguar Racing F1 Team
Bandeira
Baseada en Milton Keynes, Reino Unido
Tempadas en activo 5 (2000-2004)
Número de pilotos Eddie Irvine

Australia Mark Webber

Debut Gran Premio de Australia de 2000
Carreiras 85
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais
Derradeiro GP Gran Premio do Brasil de 2004

Jaguar Racing foi un equipo de Fórmula 1 que competiu no Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA de 2000 a 2004. Formouse a partir da compra, por Ford do equipo de Fórmula un Stewart Grand Prix propiedade de Jackie Stewart en xuño de 1999. Ford cambiou o nome do equipo a Jaguar Racing, como parte das súas operacións globais de mercadotecnia para promover a súa compañía de automóbiles premium Jaguar. Malia a marca, continuaron utilizando os motores Ford-Cosworth nos coches, e non os motores Jaguar. Durante os anos da propiedade de Ford, o equipo non puido revivir as súas actuacións de 1999.

No ano 2000 o equipo foi dirixido por Wolfgang Reitzle, que era entón xefe do Premier Automotive Group de Ford. O financiamento adicional e a publicidade conseguida ao converterse en equipo de Ford foron evidentes desde a primeira carreira do ano. O equipo contratou ao finalista do campionato de 1999 Eddie Irvine e ao expiloto de Stewart Johnny Herbert, pero os resultados da tempada non igualaron os que Stewart alcanzara en 1999. Reitzle renunciou e foi substituído por Bobby Rahal en 2001.

Pedro de la Rosa pilotando para Jaguar no Gran Premio do Canadá de 2001.
O Jaguar R3 pilotado por Eddie Irvine en 2002.

Os resultados non melloran en 2001, e o nomeamento do tres veces Campión do Mundo de F1 da FIA Niki Lauda como director na metade do ano non axudaron á moral do equipo, e o equipo perdía posicións na pista. Un intento infrutuoso de traer ao ex director técnico de McLaren Adrian Newey para Jaguar desestabilizou aínda máis o equipo, e o conflito entre Rahal e Lauda levou a dimisión de Rahal.

O ano 2002 foi aínda peor ca xestión de Lauda, con só un rexurdimento a finais da tempada en termos de resultados. A xunta directiva de Ford empezaba a ter grandes problemas cos custos e beneficios da xestión do equipo de Fórmula Un, especialmente por non contar coa marca da empresa matriz. O financiamento reduciuse para 2003. Lauda e outros 70 empregados foron despedidos, e déuselle un prazo de tempo de 2 anos para dar beneficios.

En 2003 viuse unha mellora no equipo, dirixido por John Hogan, beneficiouse dunha boa xestión e un uso máis eficiente dos recursos (en particular, ao usar o túnel de vento preto da fábrica en comparación co de California). 2004 viu unha estabilización dos resultados, pero o equipo non foi capaz de loitar polos puntos de maneira consistente. A empresa matriz de Jaguar na Fórmula 1, Ford, publicou un cortés ultimato como parte dunha redución na participación deportiva internacional. Debido a que Jaguar non publicitaba a marca principal Ford, había moi pouco retorno de valor da enorme cantidade de diñeiro investido, polo que o financiamento reducía o do propio Ford. Ford optou por vender o equipo preto do final de 2004, malia unha actuación máis coherente nos dous anos anteriores. A mediados de novembro de 2004, a compañía de bebidas enerxéticas Red Bull, confirmou que compraran o equipo Jaguar de Fórmula Un a Ford. O novo equipo, chamado Red Bull Racing, utilizou o chasis e o motor do que sería o Jaguar 2005 de Fórmula 1, un desafío para a súa primeira tempada.

O Jaguar R5 pilotado por Mark Webber en 2004, a última tempada do equipo na F1.

Ironicamente, na última tempada de Jaguar, o equipo recibiu unha gran publicidade, cando dous dos mecánicos do equipo, logo de gañar un burro inflable da película Shrek nunha bebida gasosa, fotografárono polo paddock en varias carreiras e crearon un sitio web cas fotos. Despois de que no Gran Premio do Brasil de 2004, Bernie Ecclestone, Max Mosley, gran parte dos executivos deste deporte, todos os pilotos, agás Michael Schumacher asinaran no burro, os mecánicos anunciaron a súa intención de poxalo en eBay e doar as ganancias á caridade.[Cómpre referencia] Para o Gran Premio de Mónaco de 2004, os Jaguar foron equipados cun novo deseño no morro para promover a película Ocean's Twelve. Diamantes de Steinmetz Group por valor de máis de 250.000 $ dólares americanos pegáronse ao morro de cada coche, supostamente desapareceron dun deles logo de que Christian Klien chocara na primeira volta.[Cómpre referencia]

Os pilotos foron Eddie Irvine en 2000–2002, Johnny Herbert en 2000, Luciano Burti en varias carreiras en 2001 e no Gran Premio de Austria de 2000, Pedro de la Rosa en 2001 e 2002, Antônio Pizzonia en 2003 ata Hockenheim, Mark Webber en 2003 e 2004, Justin Wilson desde Hockenheim ata o fin de 2003, e Christian Klien en 2004.

Resultados completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Puntos Pos.
2000 Jaguar R1 Cosworth CR-2
V10
B AUS BRA SMR GBR ESP EUR MON CAN FRA AUT ALE HUN BEL ITA USA XPN MAL 4
Eddie Irvine Ret Ret 7 13 11 Ret 4 13 13 PO 10 8 10 Ret 7 8 6
Luciano Burti 11
Johnny Herbert Ret Ret 10 12 13 11 9 Ret Ret 7 Ret Ret 8 Ret 11 7 Ret
2001 Jaguar R2 Cosworth CR-3
V10
M


AUS MAL BRA SMR ESP AUT MON CAN EUR FRA GBR ALE HUN BEL ITA USA XPN 9
Eddie Irvine 11 Ret Ret Ret Ret 7 3 Ret 7 Ret 9 Ret Ret Ret Ret 5 Ret
Luciano Burti 8 10 Ret 11
España Pedro de la Rosa Ret Ret Ret 6 8 14 12 Ret 11 Ret 5 12 Ret
2002 Jaguar R3
Jaguar R3B
Cosworth CR-3/CR-4
V10
M


AUS MAL BRA SMR ESP AUT MON CAN EUR GBR FRA ALE HUN BEL ITA USA XPN 8
Eddie Irvine 4 Ret 7 Ret Ret Ret 9 Ret Ret Ret Ret Ret Ret 6 3 10 9
España Pedro de la Rosa 8 10 8 Ret Ret Ret 10 Ret 11 11 9 Ret 13 Ret Ret Ret Ret
2003 Jaguar R4 Cosworth CR-5
V10
M


AUS MAL BRA SMR ESP AUT MON CAN EUR FRA GBR ALE HUN ITA USA XPN 18
Australia Mark Webber Ret Ret 9 Ret 7 7 Ret 7 6 6 14 11 6 7 Ret 11
Antônio Pizzonia 13 Ret Ret 14 Ret 9 Ret 10 10 10 Ret
Justin Wilson Ret Ret Ret 8 13
2004 Jaguar R5 Cosworth CR-6
V10
M


AUS MAL BHR SMR ESP MON EUR CAN USA FRA GBR ALE HUN BEL ITA CHN XPN BRA 10
Australia Mark Webber Ret Ret 8 13 12 Ret 7 Ret Ret 9 8 6 10 Ret 9 10 Ret Ret
Austria Christian Klien 11 10 14 14 Ret Ret 12 9 Ret 11 14 10 13 6 13 Ret 12 14

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]