Inxector
Un inxector é un dispositivo utilizado para bombear fluídos utilizando o efecto Venturi. Utiliza un fluído a alta presión que sae por unha estreitamento a alta velocidade e baixa presión convertendo a súa enerxía potencial en enerxía cinética.
Historia
[editar | editar a fonte]O inxector foi inventado polo francés Henri Giffard en 1858 e utilizouse orixinalmente para inxectar auga nas caldeiras de vapor. Neste caso o fluído a alta presión é o vapor da caldeira que sae a alta velocidade e mestúrase con auga o que produce a súa condensación. O chorro resultante de auga ten enerxía cinética suficiente para entrar na caldeira.
Usos
[editar | editar a fonte]Á parte do xa indicado para caldeiras de vapor, utilízanse bombas de inxector para bombear augas con sólidos en suspensión que poderían danar outro tipo de bombas. Tamén se usan inxectores para facer disolucións xa que os fluídos mestúranse moi eficientemente no inxector. Como exemplo se pode citar a carbonatación de bebidas carbónicas onde a bebida sen carbónico inxéctase a alta presión e arrastra o gas carbónico que se disolve inmediatamente polo que á saída do inxector obtense bebida xa carbonatada.