[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Colector (motor)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1-entrada de mestura polo colector de admisión (á dereita)
4-saída dos gases polo colector de escape(á esquerda)

En mecánica do automóbil. o colector refírese aos tubos que distribúen ou recollen os gases do motor. Esta tubaxe ramifícase en varias saídas (ou entradas), unha por cilindro.

Colector de admisión

[editar | editar a fonte]

O colector de admisión leva ar, ou mestura de ar/combustíbel, á entrada dos cilindros dos motores. Cando as válvulas de admisión se abren por acción da árbore de cames, o pistón, que está nun movemento descendente, ten un efecto de succión no colector de admisión provocando a entrada de gas no interior dos cilindros.

Colector de escape

[editar | editar a fonte]

O colector de escape agrupa as varias saídas dos cilindros do motor. Após a deflagración do combustíbel no interior ábrese a válvula de escape cando a subida do pistón e a presión obriga aos gases queimados a saíren, sendo conducidos polo colector de escape até o tubo de escape do motor.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]