[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Hirohito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaA Súa Maxestade Imperial Editar o valor en Wikidata
Hirohito

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 昭和天皇 Editar o valor en Wikidata
Nome póstumo昭和 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de abril de 1901 Editar o valor en Wikidata
Akasaka Estate, Xapón (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte7 de xaneiro de 1989 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Fukiage Gyoen, Xapón (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteduodenum adenocarcinoma (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMusashi Imperial Graveyard (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
124º Emperador do Xapón
25 de decembro de 1926 – 7 de xaneiro de 1989
← Imperador Taishō (pt) TraducirAkihito →
Capitán Xeneral de Filipinas
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónXintoísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónGakushūin Editar o valor en Wikidata
Altura1,65 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar, zoólogo, monarca, biólogo mariño, diplomático, aristócrata Editar o valor en Wikidata
Membro de
Royal Society (1971–) Editar o valor en Wikidata
Interesado enBioloxía mariña Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeXapón Editar o valor en Wikidata
Rango militarDai-Gensui (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Exército imperial japonês (pt) Traducir e Marinha Imperial Japonesa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloEmperador do Xapón
Crown Prince of Japan (en) Traducir
Imperial prince (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa Imperial do Japão (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeImperatriz Kōjun Editar o valor en Wikidata
FillosShigeko Higashikuni, Sachiko, Princess Hisa, Kazuko Takatsukasa, Atsuko Ikeda, Akihito, Príncipe Hitachi, Takako Shimazu Editar o valor en Wikidata
PaisImperador Taishō Editar o valor en Wikidata  e Imperatriz Teimei Editar o valor en Wikidata
IrmánsYasuhito
Nobuhito, Príncipe Takamatsu
Príncipe Mikasa Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
7 de xaneiro de 1989death and state funeral of Hirohito (en) Traducir
30 de setembro de 1975-14 de outubro de 1975Emperor Hirohito and Empress Kojun state visit to United States, 1975 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Хирохито)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0386375 WikiTree: 迪宮-1 Find a Grave: 6136916 Editar o valor en Wikidata

Hirohito (裕仁) ou Hiro-Hito, coñecido no Xapón co seu nome de reinado póstumo Shōwa Tennō (昭和天皇) ou Emperador Shōwa, nado en Toquio o 29 de abril de 1901 e finado na mesma cidade o 7 de xaneiro de 1989, foi emperador do Xapón desde o 25 de decembro de 1926 ata a súa morte.

Fillo do emperador Taishō e irmán dos príncipes Chichibu, Takamatsu e Mikasa, foi o 124º emperador segundo a tradición shinto. O seu reino coincide exactamente coa Showa (昭和), de onde tira o seu nome póstumo.

O emperador Shōwa é un dos personaxes principais da segunda guerra mundial. A cuestión da súa responsabilidade nas actividades militares do Xapón en Asia, antes e durante a segunda guerra mundial, tivo e ten grande importancia política e é obxecto de numerosos traballos de investigación.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O príncipe Hirohito naceu o 29 de abril de 1901 no pazo Aoyama en Toquio. Era o primeiro fillo do príncipe herdeiro Yoshihito (futuro emperador Taishō) e da princesa Sadako. Será o primeiro emperador nun centenar de anos do que a súa nai biolóxica era a vez a esposa oficial do seu predecesor. O seu nome persoal, Hirohito, está composto de kanji (裕仁) «riqueza, abundancia, fertilidade» e virtude» ; o segundo carácter, hito entra na composición do nome de practicamente todos os nenos homes da familia imperial xaponesa desde o século XI. Hirohito na mocidade levou o título de príncipe Michi (Michi no Miya).

A morte do emperador Meiji o 30 de xullo de 1912 converteuno no herdeiro da coroa, sendo formalmente investido como tal o 2 de novembro de 1916. Hirohito pasou a ser rexente do Xapón o 29 de novembro de 1921 a raíz dos problemas de saúde do seu pai. O 26 de xaneiro de 1924, casou con Kuni Nagako (emperatriz Kōjun). O mesmo ano, emprendeu unha viaxe de seis meses por Europa, primeiro por parte dun príncipe imperial nipón, no que visitou especialmente o Reino Unido, Francia, Italia, o Vaticano, os Países Baixos e máis Bélxica.

Conflitos internos e invasión da China

[editar | editar a fonte]

As décadas de 1920 e 1930 están marcadas pola violencia continua entre as dous principais faccións da dereita, Kōdōha e Tōseiha. Un momento decisivo foi o asasinato do primeiro ministro Tsuyoshi Inukai en 1932, que sinala o fin do control do exército de Guandong polo consello de ministros.

Con anterioridade, unha serie de incidentes por parte de oficiais do exército de Guandong desembocaran na invasión de Manchuria, territorio controlado polo Imperio chinés, en 1931. O goberno e máis o emperador mostráranse en principio irritados pola insubordinación das tropas, mais logo sancionaran a ocupación a causa das ganancias territoriais conseguidas.

O 26 de febreiro de 1936, xoves oficiais Kōdōha organizaron un intento de golpe de Estado. A insurrección respondía á perda de influencia da facción militar na Dieta logo de eleccións. O intento concluíu co asasinato de varios oficiais superiores e de membros do goberno. Abortou cando o emperador se opuxo resoltamente aos insurrectos, ameazando con porse á cabeza da garda imperial.

En 1936, o emperador autorizou, cun decreto imperial, a ampliación da unidade de investigación bacteriolóxica de Shiro Ishii, incorporándoa no seo do exército de Guandong. Esta «unidade 731» efectuou experimentos sobre varios miles de prisioneiros chineses, coreanos e rusos, mesmo mulleres e nenos.

A invasión do resto da China a partir de 1937 deu lugar a inúmeras atrocidades contra a poboación civil. Tales atrocidades foran posíbeis, en boa medida, pola decisión imperial de agosto de 1937, que aprobaba unha directiva propondo a suspensión da aplicación dos acordos internacionais sobre os dereitos de prisioneiros de guerra. Entre as máis coñecidas crueldades están o masacre de Nankin e a operación denominada «mata todo, rouba todo, queima todo» (sankō sakusen) que entrañou, desde maio de 1942, a morte de 2,7 millóns de chineses nas rexións de Heibei e de Shandong.

Os arquivos militares e o dietario do xeneral Sugiyama, comentados por varios historiadores xaponeses como Yoshiaki Yoshimi e Seiya Matsuno (Dokugasen kankei shiryō II, Kaisetsu, 1997), como tamén por Herbert Bix, indican ben que Hirohito se reservara o control das armas químicas, das que el autoriza a súa utilización sen restricións contra civís, sobre todo na China. As probas sobre estas autorizacións están fundadas en directivas imperiais específicas (rinsanmei), transmitidas aos xenerais por intermedio do xefe do Estado maior do exército (o príncipe Kan'in, despois polo xeneral Sugiyama desde 1940). Desde setembro a outubro de 1938, o emperador autorizou así mesmo o emprego de gases tóxicos en 375 ocasións cando a invasión de Wuhan. En marzo de 1939, o xeneral Yasuji Okamura foi autorizado a usar bombas de gas tóxico en Shandong.

Na primavera de 1939, o incidente de Nomonhan desemboca nun ataque da Unión Soviética, que se saldou cun estrepitoso fracaso das forzas imperiais, obrigando ao emperador a pechar un pacto de non agresión que conducirá ao Xapón a dirixirse cara ao sur primeiro e logo cara ao océano Pacífico.