[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Harvest

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Harvest
Álbum de Neil Young
Publicado1 de febreiro de 1972
Gravaciónxaneiro - setembro de 1971
Duración37:11
Xénero(s)country rock
Selo(s)Reprise Records
ProdutorNeil Young, Elliot Mazer, Henry Lewy, Jack Nitzsche
Cronoloxía
After the Gold Rush Harvest Journey Through the Past
Na rede
Spotify: 2l3QxNo4QubBNmVKxLeum0 Discogs: 37615 Allmusic: mw0000192539 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Harvest é o cuarto álbum do músico canadense Neil Young, publicado o 1 de febreiro de 1972 a través do selo Reprise Records. Conta coa London Symphony Orchestra en dous temas e con voces de David Crosby, Graham Nash, Linda Ronstadt, Stephen Stills e James Taylor. Estivo no número 1 da lista estadounidense Billboard 200 durante dúas semanas e del sacáronse dous sinxelos, "Old Man", que chegou ao posto 31 da Billboard Hot 100, e "Heart of Gold", que chegou ao número 1. Foi o disco máis vendido nos Estados Unidos no ano 1972.[1]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Neil Young

Cara 1
N.º Título Duración
1. "Out on the Weekend"   4:35
2. "Harvest"   3:11
3. "A Man Needs a Maid"   4:05
4. "Heart of Gold"   3:07
5. "Are You Ready for the Country?"   3:33
Cara 2
N.º Título Duración
1. "Old Man"   3:24
2. "There's a World"   2:59
3. "Alabama"   4:02
4. "The Needle and the Damage Done" (ao vivo) 2:03
5. "Words (Between the Lines of Age)"   6:40
  1. Billboard (ed.). "The Billboard 200: 1972". Archived from the original on 20 de outubro de 2006. Consultado o 22 de maio de 2017.