[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Hamada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deserto pedregoso ou hamada na illa de Boa Vista (Cabo Verde)

Unha hamada ou hammada (en árabe, حمادة ḥammādá) é un tipo de paisaxe de deserto pedregoso, caracterizado en gran parte pola súa paisaxe árida, dura, de mesetas rochosas e con moi pouca area.[1] As hamadas, ás veces, tamén se lles chama reg, aínda que este termo refírese a unha chaira pedregosa máis que a unha meseta.[2] A superficie dunha hamada está composta por rochas planas,[3] cubertas de grava, de dimensións maiores de seis centímetros.

As hamadas existen en contraste cos ergs, que son grandes zonas conformadas por dunas de area cambiantes, modificadas continuamente polos ventos dominantes.[4][5]

A maior hamada do mundo é a hamada do Draa, no noroeste do deserto do Sáhara, situada entre Marrocos, Alxeria e o Sáhara Occidental. As áreas de hamada constitúen o 70% do deserto do Sáhara.

"Hamada" é un termo empregado comunmente como toponímico en moitas zonas do Sáhara, como sucede con Hamada el Hamra, en Libia.

Formación

[editar | editar a fonte]

Probablemente, a súa orixe débese á denudación ocasionada polo vento durante millóns de anos con clima seco, que arrastrou toda a area cara ás chairas onde terminou por se acumular formando as dunas dos ergs propiamente ditos. O vento elimina os produtos finos da meteorización (un proceso coñecido como deflación): os produtos máis finos son eliminados en suspensión, mentres que a area extráese a través de saltación e superficie de arrastre, deixando tras de si unha paisaxe de grava, cantos rodados e a roca espida.[6]

[editar | editar a fonte]

Nos países árabes, cando se lle desexa a alguén "o peor dos infernos", mándaselle aí, á hamada, xa que nesas zonas chéganse a alcanzar temperaturas de até 55 °C.

  1. Marshak, Stephen. "Hamada". Earth: Portrait of a Planet (en inglés). Archived from the original on 08-01-2009. Consultado o 16-7-2020. 
  2. Marshak, Stephen. "Reg". Earth: Portrait of a Planet (en inglés). Archived from the original on 22-06-2010. Consultado o 16-7-2020. 
  3. "Hammada". britannica.com (en inglés). Consultado o 16-7-2020. 
  4. Marshak, Stephen. "erg". Earth: Portrait of a Planet (en inglés). Archived from the original on 08-01-2009. Consultado o 16-7-2020. 
  5. McKnight & Hess (2005), pp. 495-96
  6. Sparks (1972), pp. 322-323

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]