[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Guerra austro-prusiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Trala guerra dos Ducados, estableceuse unha administración conxunta austroprusiana nos ducados ex-dinamarqueses de Schleswig e Holstein. Pero Prusia e Austria a pesar de ser aliadas, mantiñan un rivalidade pola hexemonía sobre o resto dos estados alemáns. Bismarck, acusou a Austria de non administralos ducados conforme o establecido. Foi un pretexto para a guerra en 1866.

O xeneral prusiano Moltke derrotou os austríacos en Sadowa (Bohemia) a súa vitoria tivo importantes consecuencias: o emperador Francisco Xosé de Austria tivo que admitir o establecemento da Confederación Alemá do Norte baixo a dirección de Guillerme I, rei prusiano. Así, Austria quedaría á marxe do proceso de unificación alemá, proceso que culminaría coa guerra franco-prusiana e a proclamación do Segundo Reich.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.