Georges Le Rider
Georges Charles Le Rider, nado o 27 de xaneiro de 1928 en Saint-Hernin, no departamento francés de Finistère, e finado o 3 de xullo de 2014 en Givors, no departamento de Ródano, foi un historiador, bibliotecario e numismático francés especializado na numismática da Antiga Grecia, que dirixiu a Biblioteca Nacional de Francia.[1][2][3][4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo do seu ingreso en 1948 na Escola Normal Superior de París, onde en 1952 acadou a súa graduación en estudos lingüísticos (agrégation de lettres), foi membro da Escola Francesa de Atenas entre 1952 e 1955, e tamén do Instituto Francés de Arqueoloxía do Oriente Próximo, na súa sede de Beirut, onde permaneceu ata 1958.[1][2][3]
Ao seu regreso de Beirut ingresou na Biblioteca Nacional de Francia como conservador do seu Gabinete de Medallas, departamento que pasou a dirixir a partir en 1961.[5][6] En 1975 abandonou o seu posto no Gabinete de Medallas ao ser designado administrador xeral da Biblioteca Nacional, posto que ocupou ata o seu nomeamento, en 1981, como director do Instituto Francés de Estudos Anatolianos, en Istambul.[1][2][3]
Paralelamente, desenvolveu o seu labor como ensinante, inicialmente na Escola Práctica de Altos Estudos de París, da que chegou a ser director de estudos, e en 1965 acadou o grao de doutor en Letras. No curso 1968-1969 ensinou Historia Grega na Universidade de Lille e entre 1984 e 1993 impartiu docencia na Sorbona (París-IV), antes de ser elixido ese mesmo ano profesor titular de Historia Económica e Monetaria do Oriente Helenístico no Collège de France, onde permaneceu ata o seu retiro en 1998.[1][2][3]
En 1989 foi elixido membro da Académie des inscriptions et belles-lettres (París). No ámbito académico, formou parte tamén da Académie royale des Sciences, des Lettres et des Beaux-Arts (Bruxelas) e da Academia Polaca de Ciencias e Letras (Cracovia). [1][2][3]
Entre outras organizacións do ámbito numismático, pertenceu á Société française de Numismatique (París), á American Numismatic Society (Nova York), á Société royale de Numismatique de Belgique (Bruxelas), á Österreichische Numismatische Gesellschaft (Viena), á Societatea Numismatica Româna (Bucarest) e á Comisión Internacional de Numismática, da que foi presidente entre 1973 e 1979.[1][2][3]
Entre 1962 e 1975 foi un dos integrantes do equipo de dirección da Revue Numismatique, editada pola Sociedade Francesa de Numismática.[7]
En 1999, con motivo da súa xubilación, recibiu unha homenaxe en forma de publicación, titulada Travaux de numismatique grecque offerts à Georges Le Rider, baixo a dirección de Michel Amandry e Silvia Hurter, que recolle 37 colaboracións de especialistas mundiais na numismática da Antiga Grecia.[8][9]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Entre outros, Georges Le Rider foi recoñecido cos seguintes premios e distincións:[1][2][3]
Distincións
[editar | editar a fonte]- (1977): Cabaleiro da orde da Lexión de Honor.[10]
- (2008): Oficial da orde da Lexión de Honor.[11]
- (1976): Doutor honoris causa pola Universidade Católica de Lovaina
- (2000): Doutor honoris causa pola Universidade de Lausana.
- Oficial da Orde do Mérito.
- Comendador da Orde das Palmas Académicas.
- Comendador da Orde da Estrela Polar (Suecia).
- Comendador da Orde do León (Senegal).
Premios
[editar | editar a fonte]- (1968): Medalla Huntington, da American Numismatic Society.[12]
- (1974): Medalla da Royal Numismatic Society.[13]
- (1987): Premio Derek Allen, da British Academy.[14]
Escolma de publicacións
[editar | editar a fonte]Da ampla produción de artigos e monografías da autoría de De Rider, pódense salientar os seguintes:[15][16]
Monografías
[editar | editar a fonte]- (1965): Suse sous les Séleucides et les Parthes, les trouvailles monétaires et l’histoire de la ville (tese de doutoramento). P. Geuthner. París.
- (1966): Monnaies crétoises du Ve au Ier siècle av. J.-C. (tese complementaria). P. Geuthner. París.
- (1975): Code pour l’analyse des monnaies. Centre national de la recherche scientifique. ISBN 978-2222018162
- (1977): Le monnayage d’argent et d’or de Philippe II frappé en Macédoine de 359 à 294. E. Bourgey. París. ISBN 9782902617012
- (1983): Catalogue de la collection Delepierre entrée au Cabinet des médailles en 1966 (con H. Nicolet).
- (1989): Le Trésor de Meydancikkale (Cilicie-Trachée 1980) (con A. Davesne). Recherche sur les Civilisations. París. ISBN 9782865381951
- (1996): Monnayages et finances de Philippe II, un état de la question. Atenas. ISBN 960-7094-92-1
- (1997): Prix du blé et numéraire dans l’Égypte lagide de 305 à 173 (con H. Cadell). Fondation égyptologique Reine Elisabeth. Bruxelas.
- (1998): Séleucie du Tigre, les monnaies séleucides et parthes. La Lettere. ISBN 978-8871664422
- (1999): Antioche de Syrie sous les Séleucides: corpus des monnaies d’or et d’argent. I. De Séleucos à Antiochos V, c. 300-161. Académie des inscriptions et belles-lettres. París. ISBN 978-2877541077
- (2001): La naissance de la monnaie: pratiques monétaires de l'Orient ancien. Presses Universitaires de France. ISBN 978-2130514671
- (2003): Alexandre Le Grand: monnaie, finances et politique. Presses Universitaires de France. ISBN 978-2130529408
- (2006): Les Séleucides et les Ptolémées: l'héritage monétaire et financier d'Alexandre le Grand (con François de Callataÿ). Editions du Rocher. ISBN 978-2268058504
Artigos
[editar | editar a fonte]- (1986): "Les Alexandres d’argent en Asie Mineure et dans l’Orient Séleucide au IIIe siècle av. J.-C. (c. 275-c. 225). Remarques sur le système monétaire des Séleucides et des Ptolémées". En Journal des savants. N°1-3. Páxinas 3-57.
- (1989): "La politique monétaire du Royaume de Pergame après 188". En Journal des savants. N° 3-4. Páxinas 163-190.
- (1991): "Les voyages des monnaies d'argent, principalement dans le royaume Séleucide". En Anatolia antiqua. Eski Anadolu. Páxinas 209-215.
- (1994): "Un curieux trésor de monnaies d’Électrum trouvé à Clazomènes". En Comptes rendus des séances de l’Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. Ano 138. Nº 4. Páxinas 945-953.
- (1996): "L’École d’Athènes en terre d’Orient". En Comptes rendus des séances de l’Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. Ano 140. Nº 4. Páxinas 1.239-1.248.
- (2002): "Réflexion sur la naissance de la monnaie au VIe siècle avant J.-C". En Bulletins de l'Académie Royale de Belgique. 13-1-6. Páxinas 15-17.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Le Ridier Georges, Charles Arquivado 18 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". Académie des Inscriptions et Belles-Lettres.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Amandry, M. (2014). "Georges Le Rider (1928-2014) Arquivado 18 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". En Compte rendu 61. Conseil International de Numismatique. Páxinas 75-81.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Caallataÿ, F. (2014). "Georges Le Rider (1928-2014)". En Bulletins de l'Académie Royale de Belgique. 25. Páxinas 117-122.
- ↑ Catinchi, P-J. (2014). "Georges Le Rider (1928-2014), historien du monde antique et de la monnaie". En Le Monde. 5 de xullo.
- ↑ Amandry, M. (2005). "Les directeurs du département des Monnaies, Médailles et Antiques depuis 1719 Arquivado 07 de xuño de 2023 en Wayback Machine.". Bibliothèque nationale de France. Comité d'histoire.
- ↑ Duyrat, F. (2016). "Georges Le Rider et le Cabinet des médailles de la Bibliothèque nationale". En Revue numismatique. Société française de numismatique. 173. Páxinas 21-44.
- ↑ Lafaurie, J. (1986). "La Société française de numismatique (1865-1965): directeurs et sécretaires de la Revue Numnismatique 1836-1986". En Revue Numismatique. 1986. Páxina 47.
- ↑ Amandry, M.; Hurter, S. (1999). Travaux de numismatique grecque offerts à Georges Le Rider. Spink and Son. Londres. ISBN 9781902040264
- ↑ "Recensión da publicación por Laurianne Martínez-Sève". En Revue des Études Grecques. 2001. 114-2. Páxinas 671-675.
- ↑ "Ordre National de la Légion D'Honneur. Décrets portant promotion et nomination[Ligazón morta]". En Journal Officiel de la République Française. 10 de abril de 1977 Páxina 2.133.
- ↑ "Décret du 30 janvier 2008 portant promotion et nomination". Journal Officiel de la République Française. 31 de xaneiro de 2008.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Derek Allen Prize Fund". British Academy.
- ↑ "Le Rider, Georges (1928-2014)". Persee.cfr
- ↑ "Le Rider, Georges". WorldCat.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: Jean Babelon |
Director do Gabinete de Medallas de París 1961-1975 |
Sucesor: Hélène Pierre-Nicolet |
- Nados no departamento de Finistère
- Nados en 1928
- Finados en 2014
- Numismáticos de Francia
- Historiadores de Francia
- Bibliotecarios
- Galardoados coa medalla Huntington
- Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society
- Galardoados co premio Derek Allen
- Membros da Sociedade Francesa de Numismática
- Persoas relacionadas coa Biblioteca Nacional de Francia
- Alumnos da École Normale Supérieure
- Profesores da Universidade de Lille
- Profesores do Collège de France
- Membros da Académie des inscriptions et belles-lettres
- Doutores honoris causa pola Universidade Católica de Lovaina