Gallur
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Aragón | |||
Provincia | Provincia de Zaragoza | |||
Comarca | Ribera Alta del Ebro | |||
Capital | Gallur | |||
Poboación | ||||
Poboación | 2.576 (2023) (61,76 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua castelá (lingua predominante) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 41,70903 km² | |||
Altitude | 254 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | Antonio Luciano Liz Gaspar (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 50650 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 50118 | |||
Páxina web | gallur.net |
Gallur é un concello da provincia de Zaragoza, situado na comarca da Ribera Alta del Ebro. A súa poboación era de 2.921 habitantes en 2007, cunha área superficial de 41,70 km², o que lle conferúa unha densidade de poboación de 70,05 hab/km².
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está situado sobre materiais cuaternarios do río Ebro, na súa marxe dereita e entre ese curso de auga e o Canal Imperial de Aragón. Representa unha encrucillada de camiños naturais e estradas. Dista 50 km da capital provincial, Zaragoza.
Historia
[editar | editar a fonte]A orixe do lugar foi o antigo castelo, xa desaparecido, do século XII. En 1138, tivo aquí lugar, a batalla de Gallur, entre navarros e tropas do condado de Barcelona.
Nome
[editar | editar a fonte]Existen dúas explicacións do nome, unha filolóxica e outra popular:
No termo municipal de Gallur atopouse un bronce que mencionaba a celebración duns xogos nun pago dos galos: pagus Gallorum. O Pagus facía referencia a unha agrupación humana intermedia entre a familia e a tribo e, ao tempo, era unha circunscrición territorial. Sen citar este dato, é o étimo aceptado por Nieto Ballester[1]
O escudo de armas do castelo desaparecido tiña un galo, e creuse que por iso o lugar tomou o seu nome. Esta é, en realidade, unha etimoloxía popular.
Na fala baturra ás veces Gallur pode pronunciarse, máis ou menos, Gallud.
Festas
[editar | editar a fonte]- Cátedra de San Pedro, 22 de febreiro.
- Santo Antonio de Padua, 13 de xuño.
- San Pedro Apóstolo, 29 de xuño.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nieto Ballester, Emilio, Breve diccionario de topónimos españoles. Madrid. Alianza Ed. 1997, páx. 173