Borja, Zaragoza
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Aragón | |||
Provincia | Provincia de Zaragoza | |||
Capital de | ||||
Capital | Borja | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 5.076 (2023) (47,44 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 107 km² | |||
Altitude | 448 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 50550 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 50055 | |||
Páxina web | borja.es | |||
Borja é unha cidade e un concello español da comarca do Campo de Borja, localizado no oeste da provincia de Zaragoza, na comunidade autónoma de Aragón. Está localizada a uns 62 km da cidade de Zaragoza. O concello esténdese por unha área de 154 km², e tiña en 2008 unha poboación de 4.868 habitantes.
Do seu patrimonio histórico destacan os edificios do Pazo do Concello, a Igrexa de Santa María, a de San Miguel e mais o convento da Concepción.
Historia
[editar | editar a fonte]As orixes da cidade remóntanse ao século V a.C. cando era habitada polos celtiberos. O nome prerromano da localidade era Bursau, cuxos restos fican no actual castelo. Logo da conquista romana, no século I a.C. constituíuse como unha importante zona de poboamento, acadando o seu máximo esplendor coa chegada dos musulmáns.
No século XII foi reconquistada polo rei aragonés e no século XV transformouse nunha fortaleza militar contra as invasións castelás, o cal lle valeu o título cidade, outorgado por Afonso o Magnánimo en 1438. Durante o reinado dos Reis Católicos foi expulsada a importante comunidade xudía que vivía nesta cidade. Os séculos XV e XVI foron tempos de grande auxe económico para a localidade. En troques, os séculos XVII e XVIII foron períodos de recesión, enfermidades e secas. Durante o século XIX a cidade comezou a se recuperar economicamente mercé a liña férrea Borja-Cortes de Navarra.
Durante o século XX a actividade agraria, sobre a que se baseaba a economía de Borja, foi perdendo peso específico, mais Borja non deu adquirido relevancia industrial, o que derivou nun declive da cidade, de xeito que parte da súa poboación tivo que emigrar cara a centros industriais.
Nos últimos anos do século XX, Borja consolidou a súa economía tradicional a través da tecnificación da agricultura e da DO Campo de Borja para os seus viños. Estabeleceuse un polígono industrial, denominado "Barbablanca", que confire novas oportunidades. O sector servizos desenvolveuse e modernizouse tamén.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Borja, Zaragoza |