Frumario
Biografía | |
---|---|
Morte | c. 463 (Gregoriano) |
Rei dos suevos | |
459 – 463 ← Maldras – Remismundo → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Rei |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Frumario (tamén: Frumar ou en latín: Frumarius) foi un xefe militar suevo que sucedeu a Maldras como líder do exército suevo de invasión a Lusitania. Competiu con Requimundo, o xefe militar que dirixía aos suevos na Gallaecia, ata a morte de ambos no 463 cando volve herdar o fillo de Maldras, Remismundo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ante a ausencia de Remismundo, que cando morreu Maldras se atopaba nunha viaxe á Galia como embaixador, deuse un período de interregno de aproximadamente catro anos entre o 459 e o 463, cando volta Remismundo. Durante este tempo os suevos que antes recoñeceran a Maldras como rei foron dirixidos por Frumario e os que recoñeceran a Frantán seguiron a Requimundo mentres ambos os seus líderes loitaban polo trono.
Diplomacia co Imperio
[editar | editar a fonte]En 460, pola acción de dous nobres romanos, Ospinio e Ascanio, o exército visigodo que acosaba aos suevos de Frumario dáse a retirada. Máis tarde ese mesmo ano Frumario arrasou a cidade de Aquae Flaviae coa complicidade dos romanos. Capturou ao bispo e cronista Hidacio, manténdoo prisioneiro durante tres meses antes de ser liberado, grazas ás súplicas de Ospinio e Ascanio.
Morte e volta de Remismundo
[editar | editar a fonte]Tanto Frumario como Requimundo suponse que morren no 463. Remismundo, ao volver da Galia conseguiu que se lle recoñecera como rei de todo o pobo suevo. Isto ocorreu despois da morte de Frumario, pero os estudosos non están seguros do significado desa declaración. Conseguiu Frumario chegar a ser rei único? Ou Remismundo sucedeu inicialmente a Frumario só por unha parte da nación sueva? Ademais, para complicar as cousas, Remismundo ás veces é identificado como Requimundo.[1]
Notas
- ↑ Thompson 1982, p. 167.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte] Reis dunha Gallaecia dividida. A monarquía galega entre o 456 e o 459. |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- López Carreira, Anselmo; Fernández Cal, T. (2003). Os reis de Galicia. Vigo: Edicións A Nosa Terra. ISBN 84-96203-27-1.
- Thompson, E. A. (1982). Romans and Barbarians: The Decline of the Western Empire (en inglés). Madison, WI: University of Wisconsin Press. ISBN 0-299-08700-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Frumario Descoñecida Nacemento: ? Falecemento: 463
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Maldras
|
Rei de Galicia Só no sur 459-463 |
Sucedido por Remismundo |