Frantán
Biografía | |
---|---|
Morte | 459 |
Rei dos suevos Gallaecia | |
456 – 457 ← Requiario – Requimundo → | |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Frantán (tamén: Framta, Frantano, Framtan ou Framtane e en latín: Framtanus) foi un rei suevo que gobernou brevemente na parte norte do Reino Suevo de Galicia no ano 457.
Proclamación
[editar | editar a fonte]Trala morte do rei suevo Requiario, executado polos visigodos dirixidos por Teodorico II, e do rei varno Aguiúlfo, executado polo, recentemente constituído, rei Maldras en Porto; no 457, algúns dos suevos aparentemente abandonaron a Maldras e proclamaron rei a Frantán no 456.
Rei no norte
[editar | editar a fonte]Nunha etapa caótica, Frantán ocupou o poder só na parte norte do reino suevo, suponse que sería o territorio do Conventus Lucensis. Frantán e Maldras, así como os seus seguidores, actuaron independentemente uns dos outros. Mentres reinaba Frantán, Maldras levou aos seus suevos a Lusitania.
Á luz das evidencias do reinado dinástico entre os suevos, o caso de Maldras e Frantán tomouse como indicativo de que o pobo conservaba algún dereito a elixir un rei da súa elección ao final dunha liñaxe.
Morte
[editar | editar a fonte]No ano 459 Frantán entrou en conflito co seu irmán, que dominaba a fortaleza de Porto, rematando por ordenar a súa execución. Só uns meses despois foi asasinado, e hai debate se as dúas faccións suevas se reuniron baixo Maldras nese momento ou non, pero os seus seguidores xuraron lealdade ao xefe de guerra Requimundo.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Peres Vigo, Alexandre (2022-09-06). "Reis dunha Gallaecia dividida. A monarquía galega entre o 456 e o 459". Nós Diario. Consultado o 2022-09-07.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte] Reis dunha Gallaecia dividida. A monarquía galega entre o 456 e o 459. |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- López Carreira, A; Fernández Calo, T. Os reis de Galicia. A Nosa Terra. Vigo, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
- Thompson, E. A. Romans and Barbarians: The Decline of the Western Empire. Madison: University of Wisconsin Press, 1982. ISBN 0-299-08700-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Frantán Nacemento: ? Falecemento: 459
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Aguiúlfo
|
Rei de Galicia Só no norte 456-457 |
Sucedido por Maldras |