Fermoy
Mainistir Fhear Maí (ga) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Irlanda | |||
Provincias | Munster | |||
Condados | Condado de Cork | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 7,83 km² | |||
Altitude | 50 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Fermoy (en inglés) ou Mainistir Fhear Maigh (en irlandés, ambas formas oficiais) é unha vila irlandesa situada ao sur da Illa, no condado de Cork (provincia de Munster).
Historia
[editar | editar a fonte]O nome da vila vén da lingua irlandesa e fai referencia á abadía cisterciense fundada no século XII. Coa disolución dos mosteiros durante o período Tudor, a abadía e tódalas súas terras pasaron sucesivamente a mans de Sir Richard Grenville, Robert Boyle e William Forward.
Durante a ocupación británica, o campamento militar de Fermoy foi o campamento máis grande da Illa, construíndose un hospital militar con 130 camas. A vila de Fermoy medrou a raíz da presenza do exército británico ata 1922, cando se estableceu o primeiro Estado Libre Irlandés. Durante a Guerra da Independencia, Fermoy foi o escenario do primeiro ataque do IRA a tropas británicas o que fixo que a vila sufrira os ataques máis violentos por parte das forzas británicas, queimando parte do centro da vila.
Hoxe en día, o monte no que se atopaba o campamento denomínase Barrack Hill.