Guerra de Independencia irlandesa
A Guerra de Independencia Irlandesa (tamén coñecida como a Guerra Anglo-Irlandesa) é o nome da campaña montada contra a policía real irlandesa, o exército británico e os Black and Tans en Irlanda polo exército republicano irlandés (tamén coñecido pola súa sigla en inglés, IRA, aínda que debe ser diferenciado da organización posterior que opera baixo as iniciais IRA), xeralmente datada entre xaneiro de 1919 e xullo de 1921, cando foi establecida a tregua.
Tivo as súas orixes na formación do unilateralmente creado parlamento irlandés, chamado Dáil Éireann, conformado pola maioría dos membros do parlamento electos para formar parte do parlamento británico en Westminster. Este parlamento, coñecido como o primeiro Dáil, e o seu ministro, coñecido como o Áireacht, declararon a independencia de Irlanda. O IRA, como o 'exército da República Irlandesa', tiña a obrigación, segundo algúns membros do Dáil Éireann, de iniciar guerra sobre a administración británica no Castelo de Dublín, a cal gobernaba Irlanda.
A guerra rematou cunha tregua en 1921, a cal levou á negociación do Tratado Anglo-Irlandés (1921) e a creación do Estado Libre Irlandés en 1922. Unha minoría daqueles involucrados na Guerra de Independencia non quixo aceptar o tratado, polo que comezou unha guerra civil, que durou ata mediados de 1923 e custou as vidas dalgúns líderes do movemento de independencia, en especial Michael Collins e Rory O'Connor.
Un monumento conmemorativo chamado o xardín do recordo foi erixido en Dublín en 1966, durante o cincuenta aniversario do Levantamento de Pascua.
A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |