Fermata
Aparencia
A fermata[1], tamén coñecida como caldeirón[2], é un signo empregado na notación musical para sinalar que se debe prolongar unha nota ou un silencio alén do seu valor normal na partitura. Aínda que a cantidade exacta de tempo aumentado é a criterio do intérprete ou do director, normalmente implica dobrar a duración.
Representación gráfica
[editar | editar a fonte]A fermata represéntase cun signo en forma de punto coroado por un semicírculo que se acostuma colocar, na parte superior do pentagrama, sobre a figura musical a que se aplica. Non obstante, tamén pode aparecer dito signo invertido por baixo da figura.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fermata.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caldeirón.