Cadrada
Aparencia
Cadrada é o nome da nota musical que ten duración equivalente ao dobro da redonda. Esta nota foi utilizada até a Idade Media, sobre todo no canto gregoriano. Durante este período, a cadrada, ou breve, era a nota máis curta - de aí o seu nome. Actualmente a breve é a nota máis longa que pode ser escrita cunha única figura, mais utilízase raramente, pois a súa duración é maior que a maioría dos compases. Apenas cando se utilizan compases 4/2, 6/2, 8/4 ou de maior duración, aínda é posíbel escribir unha breve, mais mesmo estes compases teñen un uso moi restrinxido.