Feldespato
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Feldespato | |
---|---|
Mineral de feldespato | |
Fórmula química | Diferente segundo a variedade |
Clase | Silicatos |
Subclase | Tectosilicatos |
Sistema cristalino | Diferente segundo a variedade |
Cor | Diferente segundo a variedade |
Brillo | Vítreo |
Dureza | 6-6,5 |
Fractura | Concoidea |
Exfoliación | Perfecta |
Raia | Branca |
Densidade | Diferente segundo a variedade |
Os feldespatos son un grupo de minerais constituídos por silicatos de aluminio, potasio, calcio e sodio. Son uns minerais que forman unha serie isomorfa na que estes tres últimos elementos químicos substitúen en ocasións ó aluminio creando diferentes variedes con diversas propiedades físicas e químicas.
Aspecto
[editar | editar a fonte]Os feldespatos acostuman aparecer de forma masiva. Moi raras veces o fai en forma de cristais.
Variedades do feldespato
[editar | editar a fonte]Segundo sexa a súa composición química os feldespatos poden dividirse en:
- Ortoclasios, que son feldespatos de potasio.
- Plaxioclasios, os formados polo calcio e o sodio.
Lugares onde se atopa
[editar | editar a fonte]Os feldespatos son uns minerais moi abundantes na codia terrestre. Moi frecuentemente atópase en asociación co cuarzo e a mica formando parte das rochas plutónicas coma o granito, sendo o responsable da meteorización ou caolinización deste.
Propiedades
[editar | editar a fonte]Os feldespatos son moi alterables polas condicións meteorolóxicas e acostuman sufrir cambios na súa estrutura e converterse moi facilmente en caolín, proceso de meteorización que se coñece co nome de caolinización. A caolinización prodúcese en ambientes húmidos e cargados de CO2 (dióxido de carbono). O CO2 convértese en CO3 para unirse co potasio, calcio ou sodio, formando carbonatos.
Outros silicatos
[editar | editar a fonte]Outros silicatos importantes son: