Evanxeo de Tomé
Aparencia
O Evanxeo de Tomé é un dos Evanxeos gnósticos, parte dos Evanxeos apócrifos, atopado na Biblioteca Nag Hammadi, Códice II.
Está composto por 114 ditos atribuídos a Xesús,[1] a metade dos cales coinciden cos atopados nos Evanxeos canónicos,[2] e non segue a forma de relato.
A introdución di:
- "Estas son as palabras ocultas que o vivente Xesús falou e Dídimo Xudas Tomé escribiu."
Dídimo (grego) e Tomé (arameo) significan ambos "xemelgo". Varios estudosos críticos sospeitan que esta referencia ao Apóstolo Tomé é falsa e que polo tanto o autor é descoñecido.[3]
Como parte da biblioteca Nag Hammadi, o Evanxeo de Tomé atópase no Museo Copto do Cairo, Exipto, nunha biblioteca só aberta para investigadores.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Os estudosos modernos numeraron os ditos e incluso partes dos ditos, pero o texto non ten ningunha numeración.
- ↑ Lost Scriptures: Books that did not make it into the New Testament by Bart Ehrman, pp. 19-20
- ↑ April D. DeConick 2006 The Original Gospel of Thomas in Translation ISBN 0-567-04382-7 page 2
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Evanxeo de Tomé |